domingo, 15 de febreiro de 2009

Interpretar

As imaxes adoitan suscitar axiña unha mensaxe na nosa mente. Pero unha mesma imaxe provoca interpretacións moi dispares entre os que a observan.

Cada quén aportará a súa impronta a un idéntico estímulo visual, e todos han ser válidos e dignos de consideración.
Eu non podo evitar preguntarme se a labor de goberno desgastará do xeito que semella, mentras a de vice-gobernar ofrece tanta frescura. (Ou será que os de Touriño escolleron unha farola máis exposta ós elementos?)
Namentras, a gaivota planea polo medio -aparentemente- con moito vigor nas ás e na gorxa. Qué cousas se poden fotografiar hoxendía!

Foto: Na Illa de Arousa, a 140 Km de Antas de Ulla

30 comentarios:

caracol dixo...

Qué cosas!

Antón de Muros dixo...

É que os "anxos", Chousa, están máis protexidos dos elementos ;-)

Unha aperta.

Antón.

Paz Zeltia dixo...

jajaja, moi bo o da gaivota, (non podían faltar eles)

Lúa dixo...

é sabia a natureza¿?¿?¿?¿bicos.

Markesa Merteuil dixo...

Pero, pero, pero...

~pi dixo...

a única coisa que vejo é o voo inexplicavelmente poetico da

gai

vo

ta :)




~

Anónimo dixo...

Definitivamente es un AS. Ti vas de turismo e acabas por escangallar toda unha campanha política a golpe de clic nunha maquina de retratar. Esta foto vale cartos.
Estou seguro que os do PSOE xa andaran a cambiar os carteis na Illa mentras os do BNG e mailos gaivoteros estaran escachando coa risa

Saudos fraternos
Carlosm

Carlos Sousa dixo...

Mira que nos dan xogo estes cartéis das eleccións e os elemntos. Millor así, tomalas con humor, pois senon...

Moita vista coa gaivota.

Apertas

irene dixo...

No me fío yo mucho de ti, a esa foto ¿le has hecho algún arreglillo?, si no es así, tienes razón, hay que ver las cosas que se pueden fotografiar hoy en día.
Bonita gaviota.
Moitos biquiños, Chousa.

Anónimo dixo...

Ves o que pasa por andarlles poñendo nomes no cu ás mozas, Chousa?. Agora pásache coma no conto do Manoliño co lobo...
Pero eu penso que desta vez é posíbel esta foto. Mireina con lupa he. Seguramente fruto dun casual, pero pasa coma cos xogadores que marcan o gol por estar no sitio axeitado. E ti se ve que tabas.

Apertas

Avelainha

busto.agolada dixo...

Éche certo, cadaquén pode facer mil interpretacións e tamén é certo que hai milleiros de fotos. Eses días pasados, despois do temporal, frente á miña aula todos podiamos ver a Feijoo9 co letreiro boca abaixo. A alguén ocorréuselle dicir que ía de cabeza. Pero non será momento de xulgar unns comicios só polas ocorrencias que temos diante dun letreiro. Pero algún terá que ser premonitorio. Igual sucede que a gaivota remonta o voo e que o Anxo se eleve e quede intacto. Ver ao Touriño tan esnaquizado..., nin siquera as enquisas se atreven a tanto. Quédannos dúas semanas para saírmos de dúbidas.
A foto saíuche oportunísima, coma sempre.
Apertas.

Barreira dixo...

Pois si que é certo que hai que estar no sitio indicado cando hai que estar.
Outra interpretación pode ser a de que a calidade do papel empregada polo PSOE é peor, por aquelo da crise, ou a do BNG foi posta moito tempo despois que a do seu socio de governo.
E a gaviota anda por alí a buscar un bocado que levar á boca.
Que che pareceu esta interpretación?. Según MURFI, esta sería a mais probable.
Saudos

Anónimo dixo...

Tes que vender esta foto para promocionar o debate (hai debate ou non hai debate?) aínda que máis semella o "despois" que o "antes". Bicos

Lapis-vermello dixo...

Pois si que é unha cousa digna de fotografiar. Saúdos.

vermella dixo...

Co cambio climático e o que comen as gaivotas andan toliñas e as súas deposicións son tan ácidas que estragan o que tocan.....
bico.

Deambulando con Artabria dixo...

E Feijoo onde quedou?? Xa estará no chan, non??

HADEX dixo...

Eu só sei que a min esa gaivota dame arrepios!!!

ticamais dixo...

Chousa, a gaivota vén de fronte ou vai coller a revirada. Dígoo polo de:
"Gaivotas á terra,
mariñeiros á merda".
E isto último son palabras maiores.

pitima dixo...

E a min que as gaivotas non te me chistan moito dende que as vín nunha reportaxe da tele atacando os pobres indixentes nun vertedoiro...
Non deixan de ser aves de rapina...
Eso sí, voan maxestuosamente, coma se fosen aristocráticas. Son as raíñas do mar....jejeje
Háilles que ter, non sei se medo, pero sí respeto... eso me parece a mín, que deberiamos andarnos con ollo.
Moi boa interpretación. Quedouche moi ben, sí.
E xa che mandei un bico hoxe.
Ciao!!

Anónimo dixo...

Oportuna la foto.

Saludos de una gallega desde Mallorca

Anónimo dixo...

Oportuna la foto.

Saludos de una gallega desde Mallorca

Rocío

Nébeda Piñeiro Barros dixo...

Foto boa boísima. A sombra da gaivota sempre planeando. Vaia por Dios.

Anónimo dixo...

Ha de ser o sitio que escolleu cada un... jaja
Unha aperta!

pitima dixo...

O beixo de onte mandeicho nos ventos levadeiros, no meu comentario ó teu post anterior.

Hoxe xa che mando outro..

Velaí che vai...

A lareira de Santiso dixo...

Non se che escapa rato! calquera che dá a ti unha cámara de fotos e un pouco de trela longa...

A Conxurada dixo...

menuda fotografía máis simbólica...jejeje

CriS dixo...

yo te interpreto, tu me interpretas, nosotros nos interpretamos, ellos nos interpretan, y después de una y otra interpretación unos quedamos raídos y desgastados como si hubiera pasado por nosotros un temporal, y otros frescos y limpios como si nos hubieran dado una mano de pintura.

bfletes expuestos a la interpretación ;)

Anónimo dixo...

A arte está en saber buscar o ángulo. O día desa foto vese que todo converxía.

(Chousa, xa sei que non era o que se pedía,pero a exaltación do producto galego xa esta na consulta. A paciente é rebelde, aínda que cumpridora. Ao seu xeito...)

CriS dixo...

Ola!!!
te he mandado un mail pero luego he cambiado de idea y tu colaboración (la primera) salió del horno hace unos minutos.
Bcfletes agradecidos!

http://elsegundodecriscuezva.blogspot.com/2009/02/aromas-de-leyenda.html

Buen finde!

Chousa da Alcandra dixo...

CARACOL:
Te cuento: en Galiza estamos en campaña electoral y los dos carteles que pueden verse en sendas farolas corresponden a dos de las fuerzas políticas que actualmente forman el gobierno. Asimismo, otro de los partido políticos en liza tiene como logo una gaviota…
Bueno, ya no me aplaudas más jajaja.

ANTÓN DE MUROS:
Débeches ser iso, Antón. En todo caso todos deberían baixarse un chisquiño “das alturas” e voar un pouco máis a ras de chan; que me da a min o corpo que o aire non zoa igual pendurados na cima que aquí, a carón dos toxos.

ZELTIA:
Si oh, e o tempiño que eu estiven montando guardia para que a gaivota graznadora pasara por alí non ten mérito ou qué?.

LÚA:
Si, Lúa; a natureza si, pero os nosos políticos ainda van en primeiras raias. E non lles vexo eu moitas ganas de superar os diferentes graos para superar os cursos seguintes…

MARKESA:
Tal e como o ves, Señoría!. Uns escarallados polo vento e outros planeando a saber que estratexias voadoras. Á que son un as? (Dime que si anda, que xa non teño avoas).

~PI:
Eu entendo a túa interpretación do voo da gaivota, ~pi; pero neste caso asegúroche que aos que aquí representa –polo xeral- sonche moito máis prosaicos…

CARLOSM:
Son un perijo andante, e ti ben o sabes.
E se consideras que vale cartos, xa podes apresurarte a vendela axiña. Quedas nomeado o meu representante ad hoc; así que xuuuurde!!!

CARLOS SOUSA:
Si que dan xogo, si. E claro que temos que tentar levalos cara o plano do cachondeo, que senón dan ganas de cabrearse moito e non paga a pena.

IRENE:
Fíate Irene. Esta vez nin trampa nin cartón. Xa ves o que me di Avelainha no seguinte comment. So cometín un pecadiño unha vez e agora vasme excomulgar cada post. Apertas tamén para ti dende esta Chousa que, de cando en vez, asómase ao mar.

AVELAINHA:
Sempre da gusto ter xente que traballa no CSI do blogomillo para dar testemuña da verdade. (Así e todo miráchesma con lupa eh, capulla?. Dende logo…A partires de agora eu tamén vou volverme un desconfiado absoluto ;-)

BUSTO AGOLADA:
Si si, o do axente 009 tamén deu moito rollito. E que me dis de Touriño pegando os carteis nos cubos do lixo, xusto debaixo do aviso de “Prohibido fixar carteis”.

BARREIRA:
A Lei de Murfi sempre leva razón; así que voucha dar toda. Hoxe non teño ganas de reñer contigo, que levo un día moi tranquiliño.

VAKASTOLAS:
Certo!. Ainda que ó final foi a gaivota a que non quixo ir ó debate. A saber o que viu dende as alturas que non lle viña ben. No de vender a foto, xa nomeei representante para ese menester; pero non o vexo nada activo no asunto…

A ZANFONISTA:
Á que si?. Alí estaba eu, cámara en ristre, para captar o intre fugaz no que unha gaivota se metía no medio dos dous.

VERMELLA:
Eu non che sei se é do cambio climático, pero dame o corpo que as cagadas de gaivota sempre foron ácedas de carallo ou?. E que me dis dos berros que dan?.

ARTABRIA:
Artabria, corazón, xa che teño dito que hai que poñer as jafas, raio!
Nos meus post ás veces poño formijas e compre ter a vista moi aguda para observalas, parece mentira; co tempo que hai que nos coñecemos…

HADEX:
Semella un ave de mal agoiro, si. A min tampouco me chistan un carallo. Ademáis debe ser unha das poucas aves que non ten unha carne moi apetitosa, sendo un claro exemplo de excepción que confirma aquela regla de que “lo que vuela a la cazuela”.

ANTO:
Vir viña de esguello. Este tipo de “aves” nunca che veñen de frente. Unicamente se te pillan pola retagarda…

PITIMA:
Pois xa podemos montar unha asociación de inimigos das gaivotas.
Pero sí que cómpre estar atentos con elas, que entre as cagadas ácedas, os graznidos desafinados; por moi maxestuoso que teñen o voo; non deixan de ser –como ti ben dis- pura rapiña!!!.
(O bico andivo perdido; pero finalmente atopeino!!!)

ROXIÑA:
Alédame que che gustase, Roxiña.
Benvida pola Chousa e non deixes de voltar, que sempre é un pracer “verte” por estes lares.

SOO*:
Já , non che sei eu se aceptarían eses postos a partires do día 1. Todos han querer estar por enriba; e dende logo ningún quererá quedar tan esnaquizado coma o Touriño na foto. Apertas tamén para ti.

A LAREIRA DE SANTISO:
E que teño alma felina!. No fondo eu debería adicarme a isto de xeito exclusivo. Resulta moito máis atraínte que estar picando pedra todo o día na canteira; pero…como da arte non se vive…

A CONXURADA:
Un ano destes vanme dar o Púlitzer do blogomillo. Estou en elo e xa verás como o consigo.

CRIS:
Joder, que ben conxugan as madrillegas, carallo!. Oes, sempre foi un problema para min eso dos verbos e tiven unha maestra que me facía copiar centos de veces os meus erros.
Bicofletes tamén para ti.
(E xa vin a foto enviada no teu blog. Xa ves que suscitou os seus comentarios. Para que logo digas que somente ten moitas visitas…)

DOUTORA SEYMOUR:
Hai veces nas que as cousas converxen. E se non fose así, miña prezada Doutora, vostede e máis eu…sinxelamente, non estaríamos neste mundo ;-)
(Déao vostede por cumplido. Para a próxima vez xa lle esixirei máis “entrega”. Para ésta dou por válida a súa adicación).
----------------------
Coma sempre, agradezo cada comentario e visita a esta Chousa. Sempre é un pracer saber de vos e un aloumiño cada unha das vosas palabras.