venres, 6 de febreiro de 2009

Inseminación

As vacas de hoxe están afeitas a que se lles acheguen por detrás; pero eu vou case sempre de cara e por iso míranme cunha mistura entre resignación e desafío cando lles fago as fotos.
A chamada inseminación artificial veu modificar de xeito profundo as pautas dos gandeiros. E das vacas. Agora non hai que "levar a vaca ó boi". Ven á casa o veterinario. Un cambio de carallo (nunca mellor dito!); pero -dende o punto de vista da fecundación- ten idéntico resultado. E seguramente con maior índice de éxitos, embrionariamente falando.
En todo caso sempre me preguntei que opinarían (se opinasen) as vacas desa supresión do trato co macho da sua especie neses intres de ardor. Dudo moito que (de escoller) se quedasen co frio brazo humano, encondonado nunha bolsa de plástico.
Pero elas non elixen. E por non elexir, ata o número que lles colga da orella a xeito de pendente resulta aleatorio. Ou no caso do da Rubia será o sinal dunha tarde de amor co veterinario, sexualmente falando...?

Foto: A Rubia cos seus pendentes amorosos

33 comentarios:

Barreira dixo...

En relación co tema incluído no meu blog, so espero que a nós non nos chegue a pasar igual. A ver si agora que nos poden "ler o cerebro" tamen nos van a fecundar cunha man en vez de co carallo. Claro que eu penso en que pensará o boi de todo isto, porque á vaca ainda lle fan cochegas cun guante (algo é algo, a falta de pan....) pero o boi vese relegado a un macabro segundo plano. ¿E si a especie humana masculina tamén se chega a ver relegada a un segundo plano?, ¿teriamos que aprender a fecundar coa man igual que os veterinarios?, ¿ou teriamos que empregar a man para outras cousas?.
Mellor non profundizar mais no tema.
Saudos

Barreira dixo...

Por certo, a Rubia ainda non ten moito problema porque goza do cariño desinteresado de todos os veciños de Antas de Ulla, e case me atrevería a decir que de boa parte do mundiño do ciberespacio.
Saudos novamente.

Bea dixo...

Se che digo a verdade, non che sabía eu iso de que se podían fecundizar dese xeito as vacas... bicos

Unknown dixo...

Linda Rubia... Por certo, Sr. Chousa... maticemos... Os "pendentes" chámanse crotales.

Beijooooooo

Senda dixo...

eu sabía un chiste a conto disto, que chegaba o veterinario e lle sinalaban onde estaba a vaca e onde tiña un gancho para colgar os pantalóns... non era o home que fecundaba as vacas?... supostamente anécdota real, aínda que máis ben parece unha desas lendas urbanas.
Bicos

Markesa Merteuil dixo...

Ben triste, a verdade; aínda que tendo en conta a pericia dalgún macho, non sabería que dicirche. Eso si, quedar preñada sen que che pregunten... Non sei, non sei, porque unha cousa é que xurda dun amorío, pero outra ben distinta é que sexa porque a alguén lle pete que des leite.

vintxuca dixo...

Penso que esa vaquiña Rubia merece un soldo por facer de modelo en tantas fotos túas, con paga extra, vacacións para poder elexir ela con quen quedar preñada, por suposto baixa por maternidade e pensión cando lle chegue a hora da xubilación.

Paz Zeltia dixo...

"entre resignación e desafío" pareceme moi ben escollido!
outro acerto o do _"cambio de carallo (nunca mellor dito!)", inda me fixeches rir...
e, por outro lado, paréceme moi acertada a reflexión de Barreira: agora que o mundo empeza (empeza) a deixar de ser o eido dos varóns, eu de vós, andaría con certo recelo... pero para algúns sempre ía haber entretenimiento, que o de ter que empregar a man para outras cousas, como ela dí, ás veces pode ser necesidade, pero e perfectamente compatible, inda que se teña un home ben axeitadiño.

Deambulando con Artabria dixo...

Pos mira, eu creo que as vacas saen perdendo. Preñadas e por enriba sin desfrutar, manda carallo!

Carlos Sousa dixo...

Vale pobre vaca, pero máis debe sufrir o boi. Pasou de repasarse a varias vacas nunha tarde, a estar relegado a un segundo plano como din por ahí.

Era como o chiste aquel do velliño que ante as risas da sú muller sobre a súa potencia sexual, comparada coa do boi, contestaballe que cambiando de vaca calquera.

Cuspedepita dixo...

Encantáronme as reflexións de Barreira ;-)
Sobre todo despois de ler estas avantaxes da inseminación artificial(dos bovinos):
-"Permite prescindir de toros, que muchas veces son de difícil manejo y compiten por forraje con las demás categorías del establecimiento.
-Rápida mejora genética.
-Control de enfermedades venéreas.
-Resulta más económico el costo de dosis de semen y la mano de obra necesaria para la inseminación artificial, que el mantenimiento de los toros en el establecimiento.
-Permite también eliminar machos peligrosos del campo"

Só me pregunto:
¿Como non se nos ocurriría antes ? ;-) ;-) ;-)jajaja

Bicos naturais :-)

pitima dixo...

Pois eu escoitei/lin/vin.. boeno, non me lembro, pero quedeime coa copla de que só os chimpancés (chimpancesas??? jajaja) podían sentir orgasmos, e por iso se masturbaban. No caso dos outros animais parece que é instinto sexual, máis masculino que feminino.
A rubia estará feliz co veterinario, ¿ou tan feo é? jajaja. E pode que algún veterinario tamén prefira a rubia que a otras da "súa especie" jajajajajajaja.
Qué bruta me poño ás veces...

Un bico. E outro para a Rubia, qué guapa que sae sempre... jajaja.

Jajajajajaja: palabra de verificación...RABILI juas juas juas

Anónimo dixo...

O vitrinario que poliniza a Rubia non ten nada que agradecerlle a nai natureza(point de vision dun macho humano). Jurovolo polos cravos de calquera carpinteiro.
E ja vexo a capacidade que tem o Chousa para alporizarvos as mulleres cos seus temas. Eres un as meu. E eso que aimda non lle viron o crotal a Rubia...

Carlosm

Anónimo dixo...

Aos touros masturbanos pra obter o semente, asi que se se corre ainda goza. Pero a vaca non o teno nada claro

un ben bonito espazo este.Voltarei

Marcos L.S.

Raposo dixo...

Se as vacas puidesen elexir irían onde o boi, e se puidese elexir o boi xa nin che digo...
Vamos de mal a peor.

~pi dixo...

a rubia está com cara de poeta!! :)




~

CriS dixo...

Ay pobre rubia sin su toro bravo...
Tanta pestaña, tanta caida de ojos, tanto comer pastos para tener ese pelazo y tanto dorarse al sol para tener ese buen color... Tanto paseito despacio provocando con ese culazo para que luego venga el Hombre y la joda, no??? Pues me suena la historia... muuuuu!!!!

Bicofletes bravos!

HADEX dixo...

Pobre vaca Chousiña....tes ti toda a razón con eso do cambio de carallo (juas, juas, juas). Encima a metade dos veterinarios teñen tan pouca sensibilidade.....


BICOSSSS

chimeneaverde dixo...

En todo, mejor ir de cara.

Elvira Carvalho dixo...

Um texto irónico que me fez sorrir, mas que não deixa de ser o retrato da realidade.
Um abraço e bom fim de semana

caracol dixo...

sabías que en la inseminación artificial se estimula el clitoris de la vaca para que corran los fluidos y aumenten el éxito de la inseminación? yo quiero pensar que las vacas sienten más rico (seguramente) que con el toro enooorme (a veces de unos milochoimil kilos (o 800, por no exagerar) que se les sube encima 10segundos.
se oye muy enfermo, me doy cuenta, ahora que lo escribo, pero al tener el brazo lleno de mierda, fue en lo menos que pensé. en fin. son bonitas las rubias galegas =)
besos mexicanos!!

Druid dixo...

E logo queremos que o queixo, a leite e a nata sepan como antes jejejejeje..... se a vaca xa ven en probeta... todo ten que saber a tetrabrik por lóxica aplastante.

Apertas.

Antón de Muros dixo...

Chousa: nada é aleatorio (falo dos pendentes -crotales-) ;-)

Saúdos.

Antón.

Anónimo dixo...

Hoxe si que tocaches un tema delicado...
O problema ben dado pola falta de sensibilidade e descoñecemento dos propios veterinarios, se estudiaran a fondo o conducto da vaxina da vaca e localizaran o punto G sería outra cousa. Todo é moi frío, xiringazo que te criou e palmada nos cadrís, jeje

Lúa dixo...

EN FIN, NON CREO QUE LLES FAGA MOITA GRACIA, SO TEMOS QUE IMANINAR COMO NOS PARECERIA A NOS.....BICOS.

Suso Lista dixo...

Así non ten que soportar omachismo do boi, jeje. Apertas

busto.agolada dixo...

Senda comenta un chiste moi semellante ao que din que ocorreu en Agolada. Era un veterinario leonés, alto el e ben espigado. Unha muller dunha parroquia veciña trouxo a vaca ao centro de inseminación e o veterinario atou a vaca nun poldro metálico que alí había ao efecto. A muller vía moitos preparativos por parte do científico pero fixo un cálculo visual e as contas non lle daban ben. Foi cando lle espetou:
-Vai precisar un tallo!
Xa podes imaxinar a cara do veterinario.
Din que foi certo e incluso dan nomes e apelidos que por respecto imos reservar.
Bonito artigo che saíu. Apertas.

Anónimo dixo...

E logo cómo lles vai parecer: fatal.
Eu penso que cada animal debe tentar de procrear coa súa mesma especie. A min non me gustaría que me fodera un touro, maila que din que son moi potentes.

Anónimo dixo...

Algun dia, teran que preguntalle as vacas, o que pensan de todo esto.....
Vai ser unha boa enterevista.

LM dixo...

pois esse crotal é como um diario de a bordo... nesse número tá escrito todo: nascimento, produzom, partos, visita do veterinario...
beijos

Chousa da Alcandra dixo...

BARREIRA:
Déixate de landainas, que con estas cousas non se xoga. Non vaia ser o diaño que tamén nós teñamos que acabar empregando as mans (nada máis), onde antes se involucraban tecidos femeninos infinitamente mellor acondicionados para a finalidade procreadora ou non (nada menos). Polo tanto, profundicemos no tema, si; pero non dialecticamente…

ENMEIGADA:
Hai cousas que case é mellor ignoralas. Eu fago eso moitísimas veces. Sobre todo cando o meu xefe badúa e badúa cousas a través do fio do teléfono.

MARIOLA:
A Rubia é linda, si. Curiosamente o Anxeliño (propietario da vaca) ten outra de nome Linda que non é tan rubia.
E si, sei do nome do pendente;pero pregúntome se ti agrandaches a foto para poder ver que número tan bonito (e reiterativo) ten a Rubia linda.

SENDA:
Mítico o asunto, efectivamente. Cando a inseminación se foi implantando había quen pensaba cousas dese tipo. E non é para menos!. Imaxinar a aquel home –de reputada condición- copulando coa vaca na corte ten un puntazo. Ademáis de ramalazo zoofílico, da a entender que a imaxinación das nosas xentes de aquel entón…tiña percorrido, raio!

MARKESA MERTEUIL:
Debido ás poucoas habilidades dalgúns machos, as femias en estado salvaxe elixen a aquel que consideran mellor dotado (incluso en habilidades, quero supoñer) para perpetuarse. Así que todos teñen o seu mérito: uns por saber e outros por aprender.

VINTXUCA:
Parece a mesma, pero non. Fíxate ben e xa verás como hai matices diferenciadores entre unhas e outras. En todo caso estou pensando seriamente en abrirlles plan de pensións ás vacas do Anxeliño para cando lles chegue o duro momento da xubilación. Claro que tal e como andas os activos financieiros…non sei eu se será mellor que lles merque unhas pacas de herba seca!

ZELTIA:
Gústame cando remexes na miña sintáctica. Claro que se mentras ma remexes te ries…xa non sei que pensar jajajaja.
E, ainda que dixera o que lle dixen a Barreira, pase o que pase…que sempre haxa quen nos bote unha manciña!!! ;-)

ARTABRIA:
Manda, muller, manda. Así de dura é a vida. Eu penso que antes, ainda que pasaban moitas máis horas xunguidas baixo o peso do xugo e turrando polo arado, mentras destripaban terróns; tiñan o “consolo” de que –chegado o momento- había un bicho bufando nas suas costas. Pura ternura.

CARLOS SOUSA:
Non quero nin pensar no pobre boi. Condenado a un onanismo mecánico de castrador, sin poder percibir o cheiro da Rubia de turno, sin o muxido estentóreo da sua amante momentánea, sin xamais percibir o estertor alleo da sua compañeira no envite do lostregazo de pracer…
Joder, parece que estou falando de Guantánamo!

CUSPEDEPITA:
Dígoche eu como non se nos ocurriu antes. Non temos claro querer mellorar a xenética, as enfermedades venéreas…hai outras barreiras para rodealas e..a quén raio lle importan os custes neste senso? . No tocante aos perigos do campo...eu penso que se contrarrestan doadamente cos praceres que aporta.
;-)

PITIMA:
Pregúntome se esa (aparente) pasividade das femias –de certas especies- ven dada por unha falta de “liberación femenina”. Vai ti saber se tamén compre estender ao mundo animal ese asunto.
O de preferir o veterinario á Rubia fíxome lembrar unha historia dun tipo que falaba cun pastor de ovellas no monte e preguntáballe se –como botaba semanas enteiras sin volver á casa- non sentía “necesidades” ás veces. O pastor díxolle que cando eso acontecía collía unha ovella e…zácata!. O tipo, sorprendido, preguntoulle se facelo cunha ovella molaba. “Ai oh, se queres…proba ti mesmo”, dixo o pastor.
O tipo foise ó medio do rebaño e achégase a unha, baixa os pantalósn e ponse á faena. O pastor escachizábase coa risa. O tipo –cos ollos medio en blanco- pregúntalle de que se ri, ó que o pastor resposta: “joder, tio; nótase que eres de cidade; e que no medio de cen ovellas foches a foderme o can!!!”

CARLOSM:
Non andes dicindo estas cousas no meu bló, que despois vanme citar como testemuña no xuizo…Que isto non ten cancelas e vai ti saber o que fai o “vitrinario” polinizador da rubia nas suas horas libres!

RAPOSO:
Tés razón. En tódalas especies elixen sempre as femias. Por moi ufanos que nos poñamos ás veces, son elas quen elixen. Así que nós a seguir desplegando as plumas do rabiño para semellar moito máis grandes, bonitos e plumeados do que somos…

~PI:
A Rubia é unha poeta do mundo animal. E fai rimas asonantes cada vez que rumía verbas amorosas.
Eu síntome un “muso” da Rubia por inspirarlle esa cara cando me miraba.

CRIS:
Si oh. Ela tan ben dotadiña para o cortexo e agora resulta que un simple xeringazo vai trocar a calidez e cercanía do toro bravú.
Oremos irmáns para que tan desgraza nunca revolotee sobre os nosos corpos. Amén.

HADEX:
Os veterinarios de hoxe son pouco delicados, si. Andan nuns coches todos porcallentos, coas botas toas cheas de merda e non se paran nadiña nos preliminares. Chegar e encher (a carteira); e así…non hai pracer nin nada que se lle pareza!

CHIMENEAVERDE:
Boeno, sin desmerecer o de “ir de cara”; vouche dicir que –ás veces- unha entrada pola retagarda…tamén ten o seu puntiño eh ;-)
O importante sempre é a “comunicación”; á que si?...

ELVIRA CARVALHO:
Lograr que te rías (ti e tod@s) sempre é un pracer. Graciñas por vir e produndizar nos comentarios que vou sementando nesta Chousa.

CARACOL:
No sabes cuanto me alegra saber eso!.
Lo cierto es que siempre es bueno conocer el lado positivo de las cosas, y el hecho de poder pensar que esa estimulación previa para que corran (ya sean los fluidos o lo que se tercie!) me parece no solo una necesidad científica: también física para la vaquiña!!!!

DRUID:
Claro claro; ó final todo enlatado. Calquera día xa virá o veterinario vendernos o queixo directamente dun garrafón cheo de helio.

ANTÓN DE MUROS:
Boeno…non sei que che diga, Antón. Ás veces o aleatorio súmase co premeditado e da como resultado un becerriño saltarín e rebechador.
Claro que no caso que nos ocupa…algo de alevosía sí que hai ;-)

PAQUITO DE PENAS:
Delicadísimo. Eu sempre ando poñendo a man enriba das feridas, á que si? Jajaja. Claro que aquí quen pon a man é o licienciado en veterinaria. E hai algún tan pouco sensible que nin o palmetazo nos cadrís lle da…

LÚA:
A min pareceríame moi mal malísimo!. Arredemo!; solo de pensalo xa se me poñen de punta ata os pelos do bigote!.

SUSO LISTA:
O verbo “soportar” que ti empregas neste caso igual é unha lousa que lle quitan de enriba á vaca; pero…que me dis da perda do romanticismo vacún?

BUSTO AGOLADA:
Certo. Como xa lle comentaba a Senda, por este lado do Farelo tamén circulaba esa lenda. E aquí tamén lle poñían nome, e o veterinario era algo curto de oido, co cal todo o vecindario se decatou do ofrecemento do tallo para que poidera “nivelar zonas” co animal.

EROTÓMANA:
Claro claro, que a potencia sin control non serve para nadiña; senón todos levaríamos incorporado ás nádegas un motor diésel de cen cabalos…jajajaja
Sempre compre incorporar e conxugar esa potencia con outros aditamentos que a saiban reconducir para acadar o “transporte” que se pretende; á que si?

AOPEDOFARELO:
Se fose xornalista había gustar poder “trincar” esa entrevista, para poder subastala despois entre Telecinco e maila Sexta, que se levan coma o can e o gato.

LM:
O crotal é como o bló da vaca, pero escrito polo dono; non si?
Pero eu non sei se te fixaches neste que luce a Rubia; xa que che é moi elocuente…

---------
Ledo me sinto da vosa compañía. Non deixedes de vir pola Chousa, que me da ledicia vervos por aquí

vermella dixo...

vai un chiste que me contaron o outro día en Teixeiro:
Ia unha nena cunha vaca por un rueiro e atópa co cura que lle dí:
onde vas María?
-vou levar a vaca ao boi señor cura.
-e no o pode face-lo teu pai.
-non señor cura ten que se-lo boi.

bico.

Chousa da Alcandra dixo...

Jajaja, estes curas sempre facendo labor "pastoral"!