domingo, 18 de xaneiro de 2009

Tino

En xeneral os humanos nacemos con moito coidadiño, circulamos polo raíl da nosa vida con suma precaución e descarrilamos paseniñamente cando a vía remata.
Durante o traxecto compre que teñamos tino con case todo, xa que por máis depredadores que sexamos, tamén resultamos sumamente vulnerables a un amplísimo espectro de riscos.
Ter tino co frío, coa calor, coa velocidade, co exceso de lentitude, co lume, coa auga...
Semella que todo nos agrede, incluido o propio entorno. Virus, bacterias e un sinfín de males ameazan cada segundo con invadirnos nunha abordaxe sen previa advertencia.
Habería que sinalizarlles a todos eses elementos que sexan eles quen teñan tino, que pasamos nós. Ou qué carallo!

Foto: Sinalización ou advertencia?

30 comentarios:

Deambulando con Artabria dixo...

Oxalá fose tan doado que os elementos foran os que tiveran coidado con nos, aínda que iso de que todo nos agrede.....parece que vas de vítima Chousa e así non se consegue nada nesta vida :P

Deambulando con Artabria dixo...

Bridemos por outros cen posts e todos os que veñan despois dos douscentos.....

Chousa da Alcandra dixo...

Boh, e que veño de atravesar a espesura dunha gripe que me ten baixiiiiiiiiño...

Chousa da Alcandra dixo...

Veña!, eu brindo con un vaso de Frenadol.

Anónimo dixo...

Moitos parabéns polo blog!! Que siga a ledicia, a ironía, a retranca e bo humor coas cousas serias. Xenial!!!

paideleo dixo...

Esta vida hai que levala con humor e con aspirinas.
O da foto era demasiada casualidade para ser certa pero quedouche mui ben.
A seguir cos centos de posteos...

Anónimo dixo...

Parabéns, 100.

LM dixo...

parabéns por esses cem e agardamos no menos outros cem, nom?
e qual seria a forma de aviso a todos esses virus, bacterias e demais? sabem ler? falam como nós? existe vida inteligente?
beijos de melhoras.

HADEX dixo...

Síntoo pero penso que a única ameaza deste mundo somos nós (é que son unha catastrofista de nacemento, teño moi claro que o cartazo é unha advertencia)

NORABOA POR ESTE MAGNÍFICO BLOG QUE TES, e que cumpras rápido outros cen.....

Biquiños esterilizados (de bacterias e esas cousiñas)

Carlos Sousa dixo...

O letreiro heche ben certo, hai que ter coidado cos peóns que se che botan enriba e non esperan a ver se os miras.

Noraboa polos "100" e polos trucaxes fotográficos. Quedouche divino

Markesa Merteuil dixo...

Ai, oh. I eu que che ía a dicir que para cando poñiamos data para a publicación do lucencismo agudo...

Eu penso que é unha advertencia cara a natureza de que imos a ir alí a... que peniña, que pouco respectamos.

Mar e Lúa dixo...

Aiiii, non podes imaxinar o ben que me vén o último parágrafo nun día coma o de hoxe, que tiven exame e discusión familiar :)

Estou de volta, que teña coidado o blogomillo, que paso!!!

busto.agolada dixo...

É asunto ben vello. Mira o que escribiu Jorge Manrique nas súas Coplas:
Este mundo es el camino
para el otro que es morada
sin pesar;
mas cumple tener buen tino
para andar esta jornada
sin errar;
partimos quando nasçemos
andamos mientras bivimos
y llegamos
al tiempo que feneçemos,
así que cuando morimos
descansamos.

Noraboa polos 100 artigos. E sen enganos porque eu crin o da marca dos vaqueiros da moza da feira. E saúde xa que vexo que as gripes te maltraen. Apertas a eito.

Son Unha Xoaniña dixo...

Parabéns polos 100 post e sobre todo polas risas e a retranca que nos das en cada post.
Eu xa sinalicei, púxenlle unha sinal con unha frechiña á gripe, para que torza cara outro lado pero non fixo caso ou estraviuse, o caso e que veu para onda min e deixoume para o arrastre.
Espero que sanes pronto, dalle ao frenadol ou ao ibuprofeno que tamén vai ben.
Biquiños.

Anónimo dixo...

Eu nom sei se haberia que felicitarte a ti pelos 100 posteos ou a nos por terchos aturados. Seja como fose brimdo contigo por outros cem.

E ja sabes ao catarro hai que darlle co jarro (ou acabaches o viño?)

E de que lado de Antas é a foto esta da advertaising?

Carlosm

Barreira dixo...

As ameazas, non só non esperan a que pasemos nós, senon que si nos pillan por de diante soennos arrasar. Pero bueno, o importante é que despois de caído te levantes.
Amigo, felicidades polos 100 momentos de bo gusto, de risas, de fotos moi moi descriptivas, e de entrañables e profundas verbas.
Eu quéroche facer unha proposición. Porque non fas unha enquisa entre todos os teus lectores para saber que "post" foi o que mais gustou ou o que mais recorda. Eu xa teño o meu candidato.
100 saudos.

Chousa da Alcandra dixo...

Pois veña, se hai ánimos propoñede candidatos e cando haxa 4 ou 5 eu poño a enquisa.

Anónimo dixo...

Fai uns días, un jicho tivo que pisar o freno de súpeto porque un mozo botouse como unha cabra ao paso eses das cebras, e cando xa ía rematando mirou ao conductor e díxolle con certa sorna !soy un peatón, soy un peatón...!
Meu, a seguir contando.

Raposo dixo...

Asi que xa eres centenario, noraboa, oh! E a seguir tirando.

LM dixo...

é dificil escolher... mas dos que mais gostei foram: amantes, trivialidades e fraxilidade.
beijos

Barreira dixo...

Para min sen lugar a dubidas as verbas adicadas a tua nai. Pero as analises economicas son xenais, e de todas quedome coa bolsa de ¿vilasante? (e que non me acordo, nin dos títulos dos post, pero ti seguro que sí, que eres moi espilido).
Por certo, fai un post ou algo incentivando a realización da enquisa.
Saudos

CriS dixo...

Vaya pues que somos un peligro para el resto de los hombres, para la naturaleza y para nosotros mismos, pero eso ya deberíamos saberlo, no hacen falta carteles. Ya llevamos el: cuidadito que por aquí paso yo escrito en la cara!
Aunque sí está bien que nos lo recordemos a nosotros mismos y tengamos cuidadito.
Tu si que tienes que cuidarte que estabas pocho, no?

Bicofletes sanitos de cumple. Brindo por otros 100 post!

Anónimo dixo...

Eu, ao ter lido isto, pregúntome se semella que todo nos agrede ou se semellamos agreder nos a todo o que temos ao redor...
Fermosa maneira de espresar.
Un saúdo

pitima dixo...

Cen cen cen... qué manías tedes de contalo todo... carallo...
A min parécenme poucos. Quero moitos máis... jajajaja
Eso sí, pouco a pouco, non nos vaia sentar mal tanta retranca xunta.. jajajaja
Eu sempre recordarei aquel, Amantes, como dos mellores, e non tiña retranca, mira tí.. pero sí unha sentida sensibilidade coa que nos agasallas de cando en vez.

E non o dudes, nós somos moito máis dañinos para o ecosistema onde vivimos e nos movemos que ó contrario.... Claro que non se sabe cando cambiarán as tornas...

irene dixo...

En primer lugar, felicidades por tus cien entradiñas.
Hay que tener mucho cuidadín con todo para circular por la vida, nosotros y los demás, ¿a quién irá dirigida esa advertencia?, a veces somos más dañinos que algunos virus y bacterias, ¡ya te digo!
Estoy viendo el muñeco de nieve de Chousa & Chousiña, es muy lindo.
Biquiños, moitos biquiños.

~pi dixo...

belo boneco de neve!!

apetecia-me derretê-lo com...café quente! :)

( ão e inho ?





~

vintxuca dixo...

Parabens logo polas 100 entradas, acabo de descubrir o teu blog polo comentario que me deixaches nas bolachas, por certo grazas pola visita...sempre é un placer coñecer novos compañeiros de viaxe.

la cocina de frabisa dixo...

Penso coma ti, hai tantos perigros a os que nos enfrentamos no día a día que mello sería quedarnos na casa.

Claro que comer e hoxe en día un dos perigros máis importantes, o menos comprobar as etiquetas dos alimentos que tan cheas de químicas non saudábles pero que ahí están, nas estanterías ao alcance de todos.

bicos

A lareira de Santiso dixo...

Pero Chousiña! o que había que poñerlle aos atrancos todos da vida son barreiras tipicamente galegas: catro ou cinco fíos de alambre, como corresponde a calquera chousa galega. Ou que? jejejeje Unha aperta

Paz Zeltia dixo...

si ho, as veces custame crer que con tantos perigos arredor leve mais de 18.000 dias resistiendo. ¡¡soy una campeona!!

y después de esta euforia momentánea, de golpe me cayó tema de reflexión cual lápida, digo cual losa :(