mércores, 29 de outubro de 2008

Proposta

Dentro da vertente social que teñen os blogs, e tan so dende o ánimo cívico que habita no meu interior, veño hoxe en propoñer ás Administracións públicas unha idea para minimizar o impacto da crise nos seus presupostos.
E como vexo aos políticos tan sumamente orientados a aportar ideas cara o aforro das familias na parte do custo da vivenda e matizando ese aforro principalmente non na reducción no prezo básico dos impostos sobre o chan, as taxas sobre a construcción, etc, senón na simple reducción do tamaño da vivenda; tomo nota da sua amigable iniciativa e devolvo a miña co mesmo cariño e vehemencia.
Propoño que utilicen como sedes ministeriais ou das diferentes consellerías, así como das delegacións provincias e outras dependencias públicas, construccións do tipo da fotografía (tomada dunha alvariza en Antas de Ulla)
Ademáis de lograr unha considerable reducción dos custos orzamentarios, tanto de construcción como de mantenemento, acadaríase así unha moi axeitada integración medioambiental con un mínimo impacto no mesmo e liberaríanse os recursos precisos para adicar á atención social, educativa, sanitaria, infraestructuras...

Foto: Proposta de sede do Ministerio da Vivenda

30 comentarios:

Chousa da Alcandra dixo...

...e na mesma liña quero engadir que estiven visitando algunhas tendas de bicicletas e tamén teño ideas sobre os vehículos oficiais de deputados, ministros e outros cargos. O resto dos traballadores temos que desplazarnos nos nosos propios vehículos ao traballo, pero eles -meus periquiños- non deben ter nin para coche. E malo será que entre todos non lles deamos mercada unhas bicicletas de montaña!!!

LM dixo...

pois medio em piada mas afinal as coisas vam ir por aí se isto nom melhora. temos uns colegas que mercaram um palhote(alpendre) por quatro pesos no courel e fizeram uma casinha bem chusqueira. o paisano que lho vendeu nem imaginava o que ali ia acontecer.
beijos

Cuspedepita dixo...

Apoio incondicionalmente a túa proposta, imaxina o que gastaríamos de menos en arranxos de despachos, sen ir máis lonxe ;-))
Eso sí, o día que toda esa tropa dos ministerios, consellerías e demáis despachos, sexa tan eficaz coma as inquilinas do trobo da foto, mandámoslle a Calatrava que lles constrúa un pazo anque sexa na mismísima Cidade da Cultura...

insomniorizar dixo...

aprobada ! si si, moi boa.
Bo, bunito e barato!

CriS dixo...

Chousa, vengo a avisarte de que he cerrado mi blog, no el de fotos sino el otro. Son un cúmulo de cosas, pero yo me encuentro bien, el que no se encontraba bien era el espíritu del blog. Bueno, si es posible cuando coincidamos charlamos y te cuento mejor, si no te escribiré de todos modos.
Gracias por todas y cada una de las palabras en él y por tomarte tiempo para estar en mi rincón.
Seguiré pasando por aquí, eso sí!

Por cierto, ¿dónde se firma para apoyar tus propuestas?

Bicos mofletudos!!

busto.agolada dixo...

Moción e proposta aprobada polo que min me atinxe. E novamente loar a túa fina ironía.
Unha aperta.

Pilar Cita dixo...

Cámbiale el Audi 8 que traslada al presidente del parlamento catalán, por la bici a ver qué te dice.

Con lo mono que se lo iba a poner con su televisor, su reposapies y su mesita a medida para estar más cómodo mientras se traslada de Reus (donde vive) a Barcelona (donde trabaja)cada día por 10.000 eurillos de ná y como se ha puesto la gente.

Si es que nos quejamos de vicio, con los políticos que tenemos ...

Por cierto, propongo hacer apartamentitos en la Zarzuela, la Moncloa, la "casita" del príncipe ... y para unos cuantos llega.

Besos y propuestas :)

pitima dixo...

Qué retranqueiro!!
jajaja.
Bicos baixo tellado.

Markesa Merteuil dixo...

Ai, non des ideas que, con tal de facer populismo, o mesmo tamén nos meten nese gasto. Eso si, sen renunciar ós anteriores, que os edificios xa están feitos e non serán seguro habitables.

Antón de Muros dixo...

Chousa:

Tes toda a razón: dende as vivendas e bufetes ata os coches, os funcionarios teñen que replantexar os seus gastos que son os NOSOS GASTOS.
Sí señor!

Unha aperta.

Antón.

HADEX dixo...

Pois o meu mozo e mais eu estamos facendo planes de facer nós mesmos unha casiña pequeniña na nosa finca, je, je je, pocuco máis grande que esa.

Biquiños!!

vermella dixo...

o outro día nunha comida familiar unha tía miña dicía que o coche do presidente da xunta era unha vergoña,eu díxenlle que era tan caro porque ía blindado e ela respostoume que si fora nun R 8 pasaría desapercibido e que o que había que blindarlles a todos eran os coll.....(sabiduría dos 80 anos).
bicos.

Anónimo dixo...

Se non hai impacto medioambiental paréceme unha boa proposta, aínda que toda esa tropa ten pinta de produccir máis residuos que beneficios. Pero, veña, que todo sexa por ir levando esta crise. Quererán? así, sen ofecerlles ningún plus?

Unknown dixo...

k boa idea, chousa, jajajajajajajaja

irene dixo...

¡Genial!, además de ser un sitio muy bonito, seguro que les sobraría espacio a juzgar por los resultados de sus gestiones, una de dos, o faltan muchos al trabajo, o lo hacen muy mal, porque con todos los que son, algo tendría que ocurrírseles.
¡Ah! y eso también, en bici, es bueno el ejercicio, aclara las ideas, y son más baratas que los coches oficiales con sus conductores y todo lo demás.
Biquiños, Chousa.

Suso Lista dixo...

Mais ben quedaranse co mel

paideleo dixo...

Pois seguro que pensan facer pisos de protección oficial seguindo o modelo que nos brindas.
Eu penso que é millor non dar ideas.

Anónimo dixo...

Tem razón o Suso, seguro q acabarian por papar o mel e a saber o q farian com a zera.

Sau2
Carlosm

BK dixo...

totalmente de acordo coa tua proposta.

Anónimo dixo...

Diga que si. E os consellos de ministros nos parques e prazas públicas!

Elvira Carvalho dixo...

Depois da cirurgia, estou regressando aos poucos.
Um abraço e bom fim de semana.

Paz Zeltia dixo...

mecajonrós, menos mal que é somentes para o ministerio de facenda, porque eu son funcionaria, e como os políticos collen os mellores despachos primeiro, despois os jerifaltes, e así a pirámide para abaixo, onde coño pos a miña mesa?

Chousa da Alcandra dixo...

Tranqui, Zeltia. Para os funcionarios imos dar un ano moscoso con carácter xeneral. Eso sí, teredes que traballar dende a casa, incluida a atención ao cidadán; así que vaime dando cita que teño uns asuntos que resolver (o café ghústame cargadiño e con abundancia de azúcar. Se acaso as ghotiñas xa as levarei eu. Que non se diga que o cidadán non pon nada da sua parte...)

Raposo dixo...

Apoio totalmente a tua moción e o do ano moscoso tamén me ven caralludo.
Grazas.

Druid dixo...

o carallo e que na construcción da foto soen habitar abellas... e a clase politica asemellaseme mais a outra especie negra, achaparrada, a que lle soe faltar unha patiña para camiñar.

Apertas.

irene dixo...

¡Qué gracioso Chousa!, pues mira tú por dónde, gracias a los moscosos voy a ir unos días a Galicia, pero pocos, no un año, y estoy como loca.
Mucho cachondeito con los funcionarios, hay de todo, algunos trabajamos bastante.
Bicos, moitos bicos.

Anxeles Ramos Vázquez dixo...

Indiscutible o teu talento e vocación para a política, aprobada a proposta!
Saúdos recén chegados da Ulloa!

Markesa Merteuil dixo...

Ai, oh, lido o lido... Hai que quedar con Irene cando veña.

Paz Zeltia dixo...

inda me fixeches rir ho. E penso que iso de traballar dende a casa, non é tan mala idea, algunhas das cousas poderíanse facer tranquilamente e desconxestionaríase o tráfico...
claro que sempre con un control da productividade... (mmm ¿productividade? ou sexa a ver quen abre mais expedientes? -ou os pecha-) boeh, a coña e a coña, pero que ghustiño traballar dende a casa, eu, traballaría unhas horiñas, poucas, a mañá , e despois cumpliría ata as duas da mañá e así despois podería durmir ata as 10 ou as 11. Dame unha horiña para o aseo e espabilarme, e despois xa podes vir coas ghotas esas para o café que che terei preparado. ¿onde están as follas esas para as 500.000 firmas?

insomniorizar dixo...

Pois, en canto a pregunta que fas nomeu blogue, sobre a bicicleta, direite que esa bici é de Abel, o home de 91 anos que vivia fascinado nesta terra que me acolle, neste val, neste Beirán as beiras do Barbantiño.

Abel, foise onte a noitiña, quizáis agora ande penduado do carballo, ou da parra que daba sombra as súas merendas.

A bici, anda xa enferruxada, porq xa non anda, simplemente está ahí colocadiña, diante da casa, mirando para onde miraban os ollos de abel tódalas tardes.

Viches a foto, cando ainda non habia verbas, agora xa hai letriñas!