Hainos que carrexan os recibos da hipoteca vital con tanto donaire, que mesmo semellan satisfeitos da sua carga financieira.
Dese xeito presumen diante dos seus endeudados familiares e amigos de ser os mellores negociadores a este lado da aldea e, por mor dese innato coñecemento macroeconómico, gábanse de soportar unha TAE de euríbor menos varios puntos.
O director da sua sucursal consúltalles diariamente a paridade Euro/Dólar/Yen antes de que marchen impartir cursiños de renta variábel no corriño que se fai arredor da pista de petanca cada tarde; onde alardean de ter vendido os seus calcetíns usados no mercado de futuros de economías emerxentes...
E cando sae o sol amosan os seus corniños retráctiles mentras arrastran a listura polas babas da sua hipotecada cónchega calcárea e gris.
Dese xeito presumen diante dos seus endeudados familiares e amigos de ser os mellores negociadores a este lado da aldea e, por mor dese innato coñecemento macroeconómico, gábanse de soportar unha TAE de euríbor menos varios puntos.
O director da sua sucursal consúltalles diariamente a paridade Euro/Dólar/Yen antes de que marchen impartir cursiños de renta variábel no corriño que se fai arredor da pista de petanca cada tarde; onde alardean de ter vendido os seus calcetíns usados no mercado de futuros de economías emerxentes...
E cando sae o sol amosan os seus corniños retráctiles mentras arrastran a listura polas babas da sua hipotecada cónchega calcárea e gris.
Foto: Caracoliño
32 comentarios:
Fermosos os caracois!
Autosuficientes, coa súa casiña. Hermafroditas.
:)
Un beijo doce e grande
Bueno, suscribo o que di Mariola, non hai verbas mais adecuadas....
e despois, din que a baba de caracol cura as cicatrices!
pode que si! esa baba lixeira que deixan tras de si, serve para entreter as cicatrices de outros!
Estupenda historia!
bonito o caracol e mais as landras!
Seica topache cun espabilado deses que o saben todo estes dias ou. jajaja tamen da gusto verte cabreado de cando en vez
Saudos
Ti eres un poeta tamen cando te enfadas. Madia levan as mulleres a alporizarse tanto contigo
Saudos chousa
"Non hai mal que por ben non veña"... dice meu avó.
Cando unha figura emerxe como referente popular do enrevesado mundiño financiero, convertese nun "evangelist preacher", onde todos seguen as suas parabolas como se foran "the word of the lord".
E curioso que nun amplo porcentaxe de casos este predicador dos moitos versiculos dimanantes deste mundo financiero cada vez mais globalizado, marketizado, managementizado, estratificado e tipificado (se a alguén se lle ocurre algún calificativo mais coa terminación "...icado" que non sexa "caer en picado", pode engadilo)soe ser un FUNCIONARIO. ¿Porque será?
Retomando, Chousa, o teu artigo sobre o inimaxinable mundo sin funcionarios eu afirmo rotundamente que NON É POSIBLE VIVIR SEN ELES.
¿Quen nos ía guiar polos inexpugnables camiños do señor don diñeiro?.
Que teña claro o Director da sucursal de referencia, o templo sagrado do noso gran consultor, que él non vai a ser ese guia. Neste caso somentes é o monaguillo.
Saudos Chousa
P.D.: Con todo o cariño do mundo para todos os funcionarios e directores de sucursais.
Eu iso de estar contento de ter unha hipoteca non o vexo... por moito que che de para chulearte. En fin... hai xente para todo. Unha aperta
Pois saíuche unha entrada financieira-sociolóxica que dá para estudar e analizar detidamente.
Hai tipos curiosos como os que describes en calquera tribuna de parque ou de taberna. Será porque a fachenda vai connosco e somos máis pillos ca ninguén.
Unha aperta.
Fixéchesme rir ben coa comparación.
Parece que hoxe se non tes unha hipoteca enriba non estas ben da cabeza -hai que ser propietario- ou non estás ben (metido) no sistema.
Neste mundo onde estamos todos hipotecados ata hai que presumir de hipoteca.
Quen fora caracol !...
O que pasa é que ao caracol non lle pesa tanto a súa casa como a nós a hipoteca, ou si??
Na miña terra iso chámase un "bota por ela". Todo o saben e todo o entenden mellor ca ninguén. Teñen a mellor hipoteca, sempre compran ao mellor prezo, o seu coche consume menos gasóleo ca o dos outros, anque sexan da mesma marca e modelo, son íntimos de toda a xente "importante" e consideran parvos aos demais.
O que máis me gustou foi o dos "corniños retráctiles" :-)) Seguro que deles non lles gusta tanto alardear ;-)
Chuchos para os directores de sucursal ;-)¡Santa paciencia!...
xA O DIN cUSPE DE pITA....."Santa paciencia". Temos que falar un dia destes que ti contas....pero que dis dos que din que no saben ou non comprenden.....Os que se fan os tontos, pero como din por ai -hoxe en dia o mais tonto e inxeniero.....", eses son ainda mellores ¿Verdade?
Unha aperta a todos.
Graciñas, socio! :-))
Eras o único que sabía "o segredo" ;-)
Unha aperta
Quen fora caracol.... (salvo polas babas, que non me resultan agradables)... ca casiña paga, hermafrodita... a unica pega e non acabar voando polos aires no pico dun paxaro calquera... e que non comen carne (son carnivoro, o sinto)...
Apertas.
É a miña primeira visita e saio ben sorprendida. As cunchas ás costas pesan de máis. Mellor ser paxariño.
Suerte el caracol que lleva su casa a cuestas, no tiene problemas de hipotecas ni de si suben o bajan los intereses.
Bicos.
ola chousa, preciosa foto. Cando era pequena e veraneaba aquí, collía caracois pequenos, gardábaos nunha caixa, con leituga fresca, e todos os días paseaban en casa e salian ao sol. Ao final do verán, xa mais grandes e fortes, soltáballes de novo. Oxalá as nosas pesadas cargas fósense cos cambios de estacion.
besos
Andamos todos hipotecados e cabreados. E xa nos diras ti onde hai hipotecas a euribor-algo que eu quero deso
Precisamente ter unha hipoteca é levar a vivienda ás costas. Igual que fai o caracol da foto.
Hipotecados ata os animais.
Saudos
Observo con certa perplexidade que unha boa parte do compoñente femenino que visita este blogue alude con gracia, eu diría tamén que con certa envexa, ao carácter hermafrodita do becho. Parece que lles "mola" máis esa característica que o feito de non ter que pagar cotas hipotecarias.
Quererán prescindir dos nosos "servizos", autoabastecéndose elas mesmas?
Da que pensar.
Asinado. Un funcionario na hora do café
Con BECHOS coma o do comentario anterior dan ganas de "autoabastecerse",si
Ana Liza
Vénseme ós miolos aquela canción de Rosendo:
Maneras de vivir..
maneras de vivir..
jajajaja
Bicos... SEN babas.. e sen cornos.
El sonido de las palabras me ha enamorado aunque no entiendo mucho
Que sorten teñen este bichiños sempre levan o lombo o seu chalé e non lle cobran polos terreos máis nun sitio ca noutro. Un Saúdo Luis
Neste tempos ter unha hipoteca mellor e máis barata que a do veciño non so cabrea senón que tamén da envexa..Eu a estos que o seu é sempre o milloriño chámolles "pincha-globlos",(toca ovarios para entendernos mellor).
bicos
Rapazas e rapaces, sinceramente penso que Chousa quixo empregar a metáfora co caracol pola pesada carga que supón ter unha casa en propiedade (o mellor dito, en proceso de adquisición). Dende logo, a miña casiña, non será miña ata 2039...
Por suposto que estamos demasiado obsesionados con mercar no canto de vivir de aluguer aínda que xustifico a hipoteca se dás coa casa dos teus soños e pensas que, poderás permitirte as mensualidades.
No meu caso foi era así cando merquei en 2004 mais este mes tócame revisión e sei que vanme aumentar o pago máis do que sería aconsellable para á miña economía.
Como lin un día nunha viñeta humorística: Estaba o típico político ben mantido e vestido dando un discurso: "Porque la Economía va bien..." E un miñaxoia que o escoitaba espetoulle: "En efecto, la Econotuya va bien".
Noraboa ós non hipotecados e ánimo ós caracois, que tamén somos de deus...
Je je, moi boa a metáfora. Saludos
E o caracoliño hoxe volveu sacar os cornos ó sol...
Bicos (e saúdos tamén, que non se diga)
ja,ja,ja, muu bueno.
No entendi nada, sólo vi cosas de dineros y deudas y hoy no quiero saber de eso. pero me gusto la foto!! =)
Aperta!
Publicar un comentario