Baixo o argumento de que cada provincia elixe aos seus representantes, en función de criterios supostamente poboacionais, finalmente acádanse paradoxas no Parlamento como que unha forza política que obtén 652.000 votos tiña 8 deputados e outra con 1.284.000 contase somente con 5. Seica son inútiles máis de medio millón de votantes desta última formación?.
E por se fose pouco aqueles representantes provinciais elexidos sométense durante catro anos á “disciplina de partido”, sen distinguirse á hora de votar se son de Lugo, de Cáceres ou de Murcia, diferenciándose unicamente se están sentados á dereita ou á esquerda do hemiciclo. Faime esto entrar nunha severa dúbida de cales votos son máis inútiles…
Compriría unha modificación do sistema electoral que contemple as listas abertas -primando así a valía persoal diante do poder partidario- e maila adecuación representativa dos votos obtidos.
Será preciso para elo unha importante presión social, xa que o establishment bipolarizador no que estamos entrando favorece precisamente aos que terían que abordar dita reforma.
34 comentarios:
"Unha persoa, un voto. Sempre útil." uffffff que gran frase besos
O paradoxo é que aínda non nos extinguiramos. Que voto nin voto!!
Beijo
Nesta democracia deturpada é difícil entender que sobrevivamos á lei d'Hont con ese reparto ás claras inxusto e desproporcionado.
Listas abertas, deputados representantes de distritos con oficina de atención ao público cun certa periodicidade, limitación de mandatos para evitar as corruptelas. Todo isto faría un pouco máis levadeira a vida e a política. E empezaría a parecerse ao goberno do pobo (o demos).
Unha aperta.
moi bo artigo, a conclusión moi boa. Saúdos dende agolada
Ai, oh, cústame identificar ó pino. Precisamente isa é a clave nestas eleccións, pois moita xente (nos pese ou non) vota o nome que lle sona. Só fai falta ver as papeletas marcadas do Senado, nas que se ve que hai xente que votou ata a tres partidos diferentes e claramente contrapostos. Isto que significa? Que votan o nome que lles sona. Todavía somos moitos os que non temos idea de política, nin de que significa votar a un partido ou outro (ás veces a liña é moi difusa), nin da historia política do Estado (ía poñer do noso país, pero tendo en conta que estou a escribir en galego podería dar lugar a erros).
Para que o voto sexa útil primeiro, como ven dis, habería que mudar o sistema electoral (alomenos para o congreso) e informar e formar á cidadanía sobre historia, ideoloxía, significación política (penso que a algún político tamén lle viría ben coñecer o partido no que milita), etcétera. De feito, penso que hai cativos que están máis informados e teñen máis conciencia política que moitos maiores de idade.
Un bico...
Es una verguenza que sigamos con este metod de reparto de escaños. Pudo valer hace 25 años para complacer a todos, pero ahora es necesario modificarlo. Tienes toda la razon.
Eu tamen son da opinion de que hai que mudar o sistema electoral. Se sumaran todos os votos que non acadan representacion no Parlamento español sería un partido con ben escanos.
Chousa: tes razon cando dis que vai facer falta moita presion social para que PP e PSOE queiran mudar desta peza que tan ben lles vai para o seu xeito de bailar.
Saudos
Por suposto que é inxustísimo este sistema electoral...Había unha páxina durante as eleccións que se chamaba El Utilómetro (http://www.utilometro.com/) na que se explica o sistema D'hont e de paso se podía ver a importancia de cada voto en cada provincia.
Por suposto que todos os votos son útiles. Bicos.
¿Imperfecto políticamente?.. ¿a política pode ser perfecta?.. ¿é útil a política?.
Eu avogo pola Tecnocracia con corazón, pero Tecnocracia, con listas abertas, claro que sí, primando a valía persoal, coma tí ben dis.
Os que fan política ou son uns inxenuos, ou son uns corruptos, ou non saben nin o que son..., só saben si son deste partido ou daquel. Os que se saen da norma mal lles vai (mira Gallardón).
Polo demais, a maioría é demasiado "maleable", non hai memoria, nin criterio...
A utilidade do voto: para servir os que apuran todos os resquicios do imperfecto sistema para chegar o poder...
Un voto.. digooo.. un bico para tí.. Chousa
"Será preciso para elo unha importante presión social"
Boa idea, como o levamos a cabo??
Contade conmigo, ¿Manifestación na rede? aparte de outras
Por moito que se argumente en pro o en contra de.......O sistema é totalmente democratico ¿Non?. Foi aprobado polo parlamento, ¿Non?. A razon, a forza da lei ven do seo do parlamento ¿Non?.....¿Enton que queredes...?. Son os nosos representantes os que votan, as leis, fan e desfan segun lles peta, e por soposto sen consultarnos para nada....sempre pensando en nos que estamos moi ocupados traballando.
A virtud deste sistema é que resulta demoniaco en su totalidad, pero absolutamente irrebatible polo legal. PEro ainda é en o sopostamente pais mais democratico do mundo...USA. ¿Non?
De calquuera xeito o dereito ao pataleo, non nos lo pode quitar ninguen.
Esta ben sendo a asignatura pendiente da nosa democracia. Metes ben o dedo de chaga ainda que sexas delicado na forma. Eu tamen me apunto a esa loita, pero teremos que ser moitos para que se note cando non nos fagan caso.
a democracia e un dos jeitos melhores de governo, mais sempre preciça de melhoras. as listas abertas som un ponto moito importante. concordo con vostede
Abaixo a ley D'Hont!!!!!
O voto sempre e util, pero ata que non se modifique o sistema electoral, si non queremos voltar atras, temos que axudar a o partido que poda estar frente a dereita, que sha sabemos moito de non ter libertades...
Los extremismos no son buenos. La mayoria debe gobernar por el bien de todos. Los que defendeis estas tesis quereis que las minorias manden en la mayoria y no puede ser
Cuando hablas de naturaleza me gusta mas tu blog.
O anónimo este está un pouco confundido.
As minorias, se pensan de igual modo, xa son maioria.
Que lle conten a Iu o que costa ter un escano... como uns 400.000 votos mais que para que ciu teña un.
A democracia que defende ese anónimo valente, e a de "por el bien del pueblo, pero sin el pueblo".... para eso que non convoquen eleccíons, e aforramos cartos e tempo.
Unha aperta.
mmm..todos los votos son útiles!! las casas se hacen de muchos ladrillos, el mar de muchas gotas... mi voto ha sido muy útil :)
Moi axeitada a resposta dada por Druid a ese anónimo valente e demócrata de silveira.
So engadir que "los que defendemos estas tesis" escribimos sobre o que nos parece ben, do mesmo xeito que o fixeches ti, anónimo. A posesión da verdade absoluta rebecha pola inmensidade do Universo, de modo que non te fagas posuidor dela.
eu xa non creo no voto útil, chousa. de feito, votei sen rubor ao PACMA, o partido animalista, e sentínme feliz.
Pois iso.. naturaleza.. ou?
¿E qué pasa cando a maioría se coloca no extremo?: "os extremismos non son bos"
Ás veces a maioría se equivoca tráxicamente, pero eso é polas manobras propagandísticas de aqueles que nunca deberían chegar ó poder... Temos moitos exemplos na historia.
Algo debe cambiar, de acuerdo que todos los votos son útiles, lo que es inútil es no votar. Pero no todos los "recuentos" son justos.
¿Qué hacer?, voto por una modificación en el sistema electoral, que acabe con el voto "útil" y el del "miedo".
Bicos
moita cousa inútil ai por aí, se queres visitalo meu blog a dirección é www.asbeirasdoarnego.blogspot.com
Tens razão: uma pessoa, um voto...e sempre válido.
Aqui, em Portugal passa-se igual, desgraçadamente. Mas com a actuação do actual Governo PS penso que nas próximas eleições muitos votos se desviarão para a esquerda: PCP e Bloco de Esquerda.
Bom fim de semana.
MORTE QUE FUXES DA MORTE
Morte que fuxes da morte
morte da pedra que cala
morte da pena que engana
morte da mentira e bágoas
morte que morre.
Morte da campá
que sona e chama
non a escoites.
Fuxe, pecha os ollos
sona que vives a morte
desde o mais ala
desde as sombras estrañas
que atrapan hoxe o maña.
Desde a miña venta
neste fuxir a vida que se escapa
a morte burlase de min
e dinme: xa verás
as de vir de xeonllos
mais tarde, mais cedo
non te escapas.
Morte desde que naces
Morte desde que morres
Morte de cemiterio de paredes brancas
Morte negra que por nos chama,
non a escoites, fuxe, escapa
esconde o teu desexo de vivir
aínda que a morte ao teu carón
acompaña.
Para ti compañeiro, cando a mellor das palabras de consuelo é o silencio da compaña e a mao tendida....Apertas neste trance o que mais tarde ou mais temprano todos chegamos.
Meu querido amigo, non sei moi ben se pasou o que temo e me fai pensar o que escribiu Aopedofarelo, pero se é así, sabes que o meu corazón está convosco.
Pedindo desculpa pela ausência, deixo um abraço e votos de uma Santa e feliz Páscoa.
Amigo, venho desejar-te feliz Páscoa com quem estimas.
Fica bem.
por o último comentario de aopedofarelo, temo que a morte che levou a alguén que queres. Unha aperta de irmandade nos sentires. Agarimos, Chousiña.
Levo dicindo esto mesmo moito tempo, pero parece que aos partidos que sacan as maiorías non lles interesa modificar a lei D'Hont porque a eles si lles beneficia.
É como o asunto do voto emigrante, unha vez que chegan ao poder que é cando realmente se poden modificar e mellorar as leis, pois non o fan porque non lles interesa.
Apertas.
A tua ausencia provocanos inquedanza.
Unha aperta.
O que pasa é que aquí é unha persoa un voto ou medio voto ou 0,7votos...
Publicar un comentario