Ti viches como eu, alimentado de ti e por ti, chegaba a este mundo rollizo e forte. Eu, impotente, so puiden contemplar como o ías abandonando débil e paseniñamente.
Nas tuas mans respirei as primeiras bocanadas dun aire vital. Nas miñas exhalaches os últimos suspiros do teu corpo canso. No teu colo dormín sonos profundos e mamei tantos mimos como fun capaz de succionar. Xenerosa ti, que satisfacías con ternura os meus egoismos.
O terrible deterioro que te foi consumindo como unha veliña non será quen de borrar todo canto me deches neses abrazos inmenos, naqueles bicos guturais, nas miradas dos teus olliños pequenos de mirada ancha, nos salaios das carencias de antano e na fachenda brillante da tua mirada por verme medrar...
Ti, acolledora sempre, segues co teu seno aberto para min. Protéxeme como sempre fixeches, mamá.
O terrible deterioro que te foi consumindo como unha veliña non será quen de borrar todo canto me deches neses abrazos inmenos, naqueles bicos guturais, nas miradas dos teus olliños pequenos de mirada ancha, nos salaios das carencias de antano e na fachenda brillante da tua mirada por verme medrar...
Ti, acolledora sempre, segues co teu seno aberto para min. Protéxeme como sempre fixeches, mamá.
20 comentarios:
Houbo quen dixo que "a lectura fai completo ao ser humán, o falar faino expeditivo e o escribir faino exacto". Sin querer restarlle profundidade á frase, vou concluir que me sinto incapaz de acadar a exactitude cando escribo; pero hoxe, que pretendo renderlle un mínimo tributo a miña nai, a empresa tórnase absolutamente imposible.
Sexa como fose, necesitaba tentalo.
Unha aperta para todos cantos visitades a Chousa, inevitablemente triste estes días, pero na que se albiscan brotes dunha incipente primavera...
Gracias por compartir connosco o teu interior.
Cando faltou meu pai... non sei que queria escoitar... e xuro que agora pasados cinco anos, todavia non sei que me houbese gustado escoitar naquel intre... así que non direi nada, tan so sinte unha grán aperta.... que en ocasions vale moito mais cas palabras.
E creeme... non o tentaches, o conseguiches.
yo no sé qué decir... ni si quiera sé si entendí bien... por eso... muchas apertas, chousa, y nadamás.
Es unha persoa extraordinariamente especial polo que sei de tí, cunha sensibilidade e intelixencia máis que demostrada coas túas fotos e as túas palabras, neste blog e en todos os comentarios que che lin. A culpa non sei de quen será, pero a túa nai debeu ter algo que ver.. de seguro que sí.
Un bico moi forte. Sempre consegues unha emoción miña, e ainda que triste esta vez, a chousa segue a ser un sitio de obrigada visita, especial para min, aquí me terás moitas veces máis.. sempre que poda.
teño bagoas esbarando agora mismo, supoño que chorarei pola miña, ou chorarei por todas elas, inda mesmo pola que eu son, pero leo a entrada outra vez e veñenme saloucos. Que será o que menos precises.
Unha aperta forte. E pronto verás sorrisos na memoria e as doces miradas que lembras farante sorrir a ti coa ternura ca que ela te miraba. Sempre temos os orfos un recanto nun xardin da memoria, unha verba nos beizos que significa o que ningunha outra.
Todos nos consumimos, pero temos a vantaxe de deixar un legado que nos sobrevivirá, que velará a nosa memoria e que nos amará alén da distancia ou da presenza física.
Lamento a perda.
Pero, como tí dis, xa se albisca a primavera.
Deixa que o dó se leve as nubes.
O sol parecerá diferente.
A dor polos seres queridos que nos morren vainos conformando e construíndo nesta vida. Nós somos unha parte deles que segue vivindo e habitando os espazos compartidos.
A lembranza deles é unha homenaxe, o recoñecemento expreso é un himno de gratitude, como o que ti lle dedicas a túa nai.
Amigo Chousa, agora cunha aperta virtual, volvo a reiterarche o meu afecto e apoio neste tempo de loito ferido.
Non hai verbas. Só che podo dicir que parte dela vive en ti, pois es como es grazas ós seus mimos, ós seus abrazos, ós seus bicos... A súa esencia vive en ti.
chousa, fiquei sen verbas. non sei que dicir ante a tristura cando é fonda. non sei. deíxoche un bico, o meirande que podo. moita forza raiña.
meu rei, mellor dito...
Sei o sufrimento que tiveche coa enfermidade da túa nai e a impotencia que sentiche vendo que non se lle podía poñer freno, e que só quedaba agardar a que pasara o que pasou.
Pero tamén sei que a coidache co maior esmero, con todo o amor, con infinita paciencia, e infinita tenrura, que fixeche por ela todo o que estivo na túa man e fuche un digno fillo da nai xenerosa á que honras.
Pois eu non te vexo para nada "incapaz". Grazas por compartir os teus sentimentos con nós.Un biquiño. Precioso relato, como sempre.
Fiquei sen verbas y teño bagoas en os ollos.
Lindo homenaxe,a tua nai un bico.
las madres son únicas, sólo que a veces no las valoramos lo suficiente... no quiero desperdiciar ni un minuto más de ella, sé que el día que se vaya la voy a echar tanto de menos..
agora para ela remata o tempo de criar e comeza o tempo de crear o seu mundo e ti eres responsable. eu falo de cando en vez co meu pai e esíxolle respostas, claro, agora sei que as respostas son certas. ánimo.
Chousa,
préstoche a miña lareira como recuncho no que xa se albisca a primavera. O resto xa o sabes todo ti, e quen o debería saber.
Unha aperta desta túa case veciña,
Vanessa
Estou poñendome ao día e atopo esto,sintoo moito compañeiro de orfandade,eu perdin xa os dous.
estou chorando porque os meus recordos parecense bastante ós teus,e porque gustariame terlle dito a miña as palabras que ti lle adicas a túa........
bicos de paz.
Tes a terra como nai, tes o ceo como pai, tes a chuvia como bágoas, tes as pedras, para sentirche vivo, tes as palabras para gritar a dor, e tes, como ves a traves de todas entas entradas, xente, as mais das veces, descoñecidas como min, que lemos o que transmites, sentimos o que ti sentes, y vemos o que non podemos ver cos ollos, pero si cos sonos....Sempre, a maxia da vida a fantasia dos nenos, s irrealidade da morte non poderá xamis cos sonos dos homes de ben, que so aspiramos a serem HOMES (mulleres e homes, so eso sempre.)
Chousa.
Como todos sabemos, nai non hai mais que unha, e aló onde se atope vai a seguir sendo tua nai.
Será capaz de aportarche todo o que necesites no momento preciso para seguir adiante.
Ti sabes que tua nai está dentro de tí, igual que ti estiveches dentro dela. E nunca che faltar.
Unha aperta moi forte para ambolos dous.
joder,
voltei (dende a nena do paraugas)
eu lémbrome todos os días da miña... (agora teño unhas cuantas cousas pendentes que falar con ela, e non sei por onde encaralas)
atópoa nos espellos, mirándome cando me miro.
emerxe moi a miudo abríndose paso entre as cousas cotiás,
por ex.
nunha frase que concorda co que ela dicia...
nun arrecendo...
non sei se a tí che pasa, ou se a dor fixo unha burbulla onde meter os recordos ata que non fagan dano,
en calquera caso,
os dous somos orfiños de nai que nos mimou e nos desbordou co seu amor.
mándoche outra aperta, igual de emocionada que a que che deixei vai para dous anos, nesta mesma ringleira de comentarios.
Publicar un comentario