domingo, 16 de decembro de 2007

Receita

O Nadal supón, entre outras moitas cousas, un certo quebradeiro de cabeza para quenes teñen a responsabilidade de artellar as citas gastronómicas familiares. Ainda que se adoita reiterar menús en cada casa, non deixa de ser un motivo de inquedanza.
Que si fago isto ou aquelo, que si aquelo non lle senta ben á avoa, que si esto non o comen de boa gana os rapaces...
Pois ben; hoxe -e sin que sirva de precedente- vouvos botar unha man. Esta tarde, cando camiñaba por Vilaboa (lugar da parroquia de Antas), o marruxo autopropúxose como suxestión. Eso sí, teredes que dispor doutra cazola máis grande...e salvar os prexuizos culturais de quenes comemos case todo tipo de mamíferos.
E que ninguén vos acuse despois de dar lebre por gato!

(Foto: Filtrada con bordes engadidos)

31 comentarios:

Anónimo dixo...

Curiosa receita...en fin...na que pasaba por aquí e vin que eres de Antas...eu naín en Antas, concretamente en Cutian, pero vivo en Lugo xa fai moitos anos, en fin...pos na, interesante blog, ata outra, un saúdo!

Unknown dixo...

Grazas pola visita, devólvocha. O prato que propós on me parece demasiado apetitoso, pero nunca se sabe en que pode acabar o asunto.

Fermoso blogue e fermosas imaxes.

osondaxordeira dixo...

vin o teu posto

e entro aquí



fermoso o teu espazo de antas de ulla

Pau dixo...

Pois case que paso ao segundo plato

insomniorizar dixo...

jiji, non ves?
xa che digo!
temos fotos moi, pero que moi similares.
No meu blo, fai un ano, polo mes de outubro e novembro eu publiquei unha entrada cunha foto similar.

Debe de ser que a sombra das árbores fainos ver a terra do mesmo xeito.
Un bico!

insomniorizar dixo...

jiji,
non, non, acabo de miralo!
a foto do gato que publiquei o ao pasado foi no mes de decembro o 23 para ser exacta.
Coincidencias.
Graciñas polas túas verbas, sempre é de gosto lervos a todos xa que na tele e noutros medios a esperanza xa se perdeu como ben di o bo amigo Pau no seu blo.

BK dixo...

Prefiro pasar fame, pero grazas de todas formas.

A Conxurada dixo...

jajaja, é que os gatos teñen unha facilidade para descansar en sitios imposibeis, e seino ben, que teño nove mininos.

vermella dixo...

Pois eu prefiro o bacallau con coliflor!.
bon apetite´.

paideleo dixo...

Quen sabe se chegaremos a comelos que houbo épocas que unha rata entraba no papo porque non había máis.
Eu prefiro o marisco e os dóces nadaleiros. Son sinxelos de preparar e saborosos.

pitima dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
pitima dixo...

Pois coñecín quen o comeu.. o gato.. e dín que sabe mismiño como o coello. Pobres mininos, eu que teño dous e son como da familia.... se eles souperan... jajaja. Que non nos cómpre nunca botarlles a man...
Á miña aboa pasoulle algo similar: un gato metéuselle él soiño no forno de leña... aiiiisssss

Lapis-vermello dixo...

Niso tes razón. Moitos saúdos

Druid dixo...

Según o "menestro" da "conamia" temos que comer coello estas festas.................. ejem! (mal pensados a parte)...
Pitima, comproche eses dous gatos, e digo que e idea do "menestro" jejeje....
Un par de perdigons, e digo que son de monte, e a sogra traga jejejeje....
Ahis.....

busto.agolada dixo...

Nunca un gato se puxera tan a tiro. Ti tiracheslle unha foto e el directamente na pota.
No tocante a comelo dis ben que é cuestión de mentalidade (prexuízos culturais) ou de fame. Eu sei de quen zampaba gatos e chegou a acalde san e ben mantido.
Como chamarlle ao prato? Com-pota de gato? Minino en caldeirada? Deixo que ti o denomines xa que é túa a idea.
Saúdos e bo proveito.

Anónimo dixo...

eu tamen teño escoitado de xente q seica o comeu pero non sei se sera mais mitico que outra cousa.
Fago coma os demais e tamen paso o segundo prato

Chousa da Alcandra dixo...

Meiguinha: Un pracer que me visites. E ti ben sabes que nin en Cutián nin en Antas se estila moito o estofado de gato...
Mariola e osondaxordeira: Atopeivos por un casual ás duas á vez. Congratúlome de elo.Cicais o gato, aderezado cos pétalos da flor do teu avatar...
Pau: Precisamente o gato era o segundo prato jajaja
Bágoas insomnes: A ver se vai ser o mesmo merruxiño...
Veca: A fame é moi malévola. Nunca che se sabe...
A Conxurada: Pois se a miña (falsa) proposta tivese éxito, ti surtirías un restaurante!!. Este nótase que está moi acougado.
Vermella: Boh, non llo digas a ninguén, pero eu tamén me apunto ó bacallau.
Paideleo: Levas razón. Xa o dicía eu antes; a fame e a necesidade poden facer milagres (i estómagos máis duros).
Pitima: Pois o gato que se meteu no forno, debía ser parente deste. Eu tamén escoitei esa similitude de sabores entre gato e coello.
Zanfonista: Apúntaste ó banquete?
Druid: O coelliño hai que comelo todo o ano; disque non ten colesterol...
Busto.Agolada: Cazola de felino ás finas herbas do Farelo; qué che parece?
Elfa: Deberías deixar rastro, para levarche a carta.

Visto o escaso éxito que teño como chef, deixaremos a gastronomía.
Saúdos

A Conxurada dixo...

Na miña Conxura dos Desexos hai un agasallo para ti.

Suso Lista dixo...

Pantera cocida. Unha boa receita de nadal, je je.

Chousa da Alcandra dixo...

A Conxurada: Un ben bonito agasallo de nadal que me fixeches. Non o publiques moito; pero xa o lin varias veces...Obrigado!

Suso: Non caera eu na comparanza coa pantera neghra. Seguro que nese caso daría para máis comensais.

caracol dixo...

Me da la impresión de que me gustaría mucho tu blog si entendiera lo que escribes... Al menos las fotos que tienes me gustan y lo que creo entender... estñas metida en la agricutlura, y yo también... en fin =)

Saùdos!

Mar e Lúa dixo...

Creo que prefiro seguir comendo os meus prexuizos culturais... Máis que nada porque con eles manterei a liña mellor que con esta interesante proposta alternativa, e xa sabes que é inevitable gañar uns cantos quiliños de peso nestas datas...

Non obstante, proporeillo á miña nai, que é quen cociña.

Unha aperta moi forte!

Raposo dixo...

E como o recomendas: o espeto,cocido, estofado?

Ángeles Mallo dixo...

Vai ser que eu paso directamente o peixe a poder ser bacallao. Bicos.

Anónimo dixo...

Uyyy y encima el gato es negro... casi mejor pasemos a los postres.
:)

Evinchi dixo...

Holaaaaaaaa. Graciñas por te pasar polo meu blog, benvida.

Tes razón, o mundo internauta é un gran novelo, fíxate que eu son coruñesiña. Inda que vivo en Madrid, agora estou na miña terra para o Nadal. Moitos biquiños, lémonos.

Mararía dixo...

Chousa, en vez de comerte ti o gato, comeuche él a ti a lingua. Qué é esto de ternos toda a semana sin novidades e fotografías fantásticas. Aissss. Nos tes abandoados.!!

Alexan dixo...

Teño entendido que do gato mouro aproveitase todo, ate os perxuicios.
Bon proveito

Elvira Carvalho dixo...

Eu sei o que isso é. Que sou eu que preparo o Natal, porque sou a mais velha de três irmãos.

UM ABRAÇO, BOM NATAL E QUE 2008, SEJA A CONCRETIZAÇÃO DOS SEUS SONHOS.

marisa dixo...

ese gato con un puñaíto de arroz no me veas...

Chousa da Alcandra dixo...

Pois vai semellar que o meu lado femenino segue sendo o máis visto (ha ser pola femineidade do alcume elixido). Deixarei que siga así a cousa...

Silvana. Estiven "chocando" estes días...

Graciñas a todos e a todas por vir á Chousa