domingo, 27 de xaneiro de 2019

Alento

Bípedos pensantes enchen de asfalto os labradíos e queiman os espazos aos que non dan chegado co formigón. Non comprenden a estratexia defensiva da nudez absoluta contra os ventos da invernía. Eles, escuramente imbéciles, non entenden de saber conter o zume. Saben, iso si, expedir precoces  certificados de defunción a golpe de macheta.
Por iso o mérito silente da natureza cobra aínda máis brío cando "resiste, chea de vida, dignidade e corazón, coa frondosa teimosía de saber que (ela) somos nós"
Soltemos o perenne macuto da estupidez e sintamos o seu alento.

Foto: Castiñeiro chousiano. Vilapoupre (Antas de Ulla)

- Tema "Alento". Luar Na Lubre. Ribeira Sacra -

6 comentarios:

Anónimo dixo...

Moi ben traido o asunto. A algun bípedo había que lle asfaltar o cerebro.

Ginebra dixo...

Pues sí, bípedos estúpidos. La naturaleza, de la que somos una parte, quedará cuando nos vayamos. Ya estaba antes de que naciéramos como especie, sapiens??? Ummm, a veces tengo mis dudas de esta etiqueta.... un árbol desnudo precioso. Bicos

Ginebra dixo...

Es un castaño?

Chousa da Alcandra dixo...

Si, Ginebra; é o castiñeiro que levo na miña tarxeta de visita virtual. O que pasa é que na tarxetiña vai co zume subido, en plena primavera.
Bicos deste bípedo.

Alís dixo...


Jo, Chousa, qué hermoso lerte e sentirte coa música que escolleches de fondo. Falas do importante, Con profundidade e beleza, e a mín ademáis achégasme as raíces, a Terra, o amor... Escribo chorando, non che digo máis. Bueno, sí: ¡Grazas!

Bicosss

Marisa dixo...

Dentro da súa nudez
non caduca a vida,
repousa o zume
que o fará fermoso.

Unha gran aperta.