venres, 2 de marzo de 2018

Felepas

Á natureza había que lle dar o Nobel de estética, o Oscar á mellor posta en escea e o Pulitzer á comunicación; por nos agasallar estampas fermosísimas que  sorprenden o ollo, relaxan o ánimo e activan o pensamento.
(Na Galiza, ademais, cómpre concederlle a título perpetuo o Mestre Mateo polas magníficas vistas que -sempre sempre- falan galego)
 Elevando o toxo á categoría de ornamento, ao torto a esvelta dereitura, á friaxe en amigable calidez e facendo da néboa excelsa iluminación.
Dando leccións de administración de recursos, con garabulliños axeitadamente distribuídos, focos lumínicos con mestría dispostos e suaves matices verdes combinados con pinceladas de felepas brancas. Facendo do cotiá un museo inmenso que, de balde, nos convida a visitar.

Foto: Carballo, néboa e felepas. Arte

4 comentarios:

paideleo dixo...

O que escribes debería ser o himno oficial da neve.

Por estas terras "tropicais" do sur non hai neve.

Unha aperta e un chocolate quente !.

Anónimo dixo...

Canta razón tes. E pagamoslle maltratandoa.
(Que foto mais chula)

Ginebra dixo...

La captura refleja muy bien toda esa belleza de la que hablas y sí, estoy de acuerdo con las palabras de los dos comentarios anteriores. Besos

Pedras dixo...

Sen dúbida soubeches captar a esencia con esa fermosa imaxe.
O poema tamén nerece un premio, non cres?