domingo, 12 de novembro de 2017

Lavar

Nos tempos da inmediatez parece que non temos tempo para nada. A frase foi sempre válida pero, debe ser por tanta tecnoloxía, dá a impresión de que o tempo fuxe hoxe a máis velocidade.
Este entramado de axiñas que nos ralentiza provócanos milleiros de suspiros, mentras xestionamos axendas electrónicas e administramos arquivos  que viñan para nos solucionar a vida; e resulta que se nos encerella neles...
Seguramente non imos ter tempo, pero viría ben deter o centrifugado ao que temos sometidas as neuronas para lembrar que máis amodiño tamén se pode lavar.

Foto: Lavadoiro/lavadora.

9 comentarios:

Uol Free dixo...

E as cousas que aí se contaban, que ríete ti do WhatsApp! Pese a todo, a lavadora foiche o mellor invento, que non quero imaxino lavar a roupiña todos os días coas mans metidas Nesa auga xélida na invernía!
Mellor ralentizar o tempo sacándovos aos homes os vosos xoguetiños que só serven para medir egos e non inventos que nos concederon tempo e saúde. Claro que a moitos homes o de poner a lavadora élles un esforzo neuronal insuperable e misterioso. Por iso,e porque sempre lles aparece a roupa lavada e pregada no roupeiro, ignoran e desprecian tal invento.

Chousa da Alcandra dixo...

Acepto a argumentación en defensa do invento da lavadora. Idénticas (practicamente) palabras empregaba miña nai aos poucos de ter a primeira "lavamatic", da que dicía que foi "o mellor apeiro" que entrou na casa.
A miña disertación viña máis contra doutros apeiros, aínda que a imaxe elixida pareza que ten que ver coa lavadora.

Uol Free dixo...

Seino, pero non puiden resistirme 😂.
Respecto ao resto, todo se fai mellor amodiño, pero fannos crer que se non apuras, perdes todos os buses 😨

Ginebra dixo...

Pues saque sus narices de los archivos, señor Chousa, coja su moto y dese una vueltina por ahí. El tiempo nos da lo que nosotros queramos que nos dé.
Siente el paso de las estaciones, la luz y mira los árboles. Es más placentero que estar sentado ante el ordenador.
Y dicho esto, me voy a poner en práctica el consejo que acabo de soltar:)
Besos

Chousa da Alcandra dixo...

Tomo nota del consejo, Ginebra. Te hago un sitio en la "grupa" de la moto?

Marisa dixo...

Cantos recordos me veñen
do lavadoiro cando
ía con miña nai e me daba
os trapos e unha raspiña de xabón.
Eu caladiña escoitaba os contos
ata que subían de ton e dicían
que "había roupa a secar".
Alí non so aprendín a lavar.

Un saudo agarimoso.


Raposo dixo...

O consello é bo pero dame que chega demasiado tarde. Xa estamos enganchados a velocidade, a présa, a ir sempre deprisa aínda que sexa para chegar a ningures.

Chousa da Alcandra dixo...

Dame a impresión que o señor Raposo ten razón. Onde carallo estará o botón de re-iniciar?

Chousa da Alcandra dixo...

Eu tamén teño recordos do lavadoiro Marisa. Moito me gustaba tentar pesquisar as conversas que non se tiñan cando había "roupa tendida"; así que me agochaba detrás da silveira para esoitar algunha palabriña...