Falar, en ocasións, pode escarallar instantes fermosísimos. Cecais por iso hai momentos nos que perdemos a posibilidade de articular frases conexas. Soamente é posible a conexión de suspiros...
Aprender a calar é unha disciplina artística difícil de dominar. Saber interpretar o silencio é o segundo curso da mesma licenciatura.
Calemos moito e suspiremos máis. Motivos hainos. Razóns tamén. Chssssss
Foto: Suspiro atrapado.
7 comentarios:
Quizais por iso din que hai silencios que valen máis ca mil palabras. Xa que logo eu non vou dicir nada.
Un buen texto que en poco espacio dice mucho. Parloteamos más que callamos y estoy de acuerdo: interpretar los silencios es un arte y saber callar también. Cuántos disgustos nos ahorraríamos si supiéramos cerrar el pico a tiempo!!!!!
Nada que dicir.
Concordo
Se o que vas dicir non é máis fermoso que o silencio, xa sesane!!
Instantes
silencios
suspiros
para vivirlos.
Unha aperta.
Gustaríame que ese suspiro atrapado nesa copa saíse cara ao mar e inundase cos súa presenza o silencio que hay despois de liberalo.
Unha foto ben fermosa.
moitos bicos.
Publicar un comentario