sábado, 27 de febreiro de 2016

Antas

Eixo da existencia, centro do pensamento:
 lugar.
Da flor pecíolo, do pan fermento:
 amar.
Filiación primixenia, do amor portento:
fogar.
Berce do río, do monte sustento: 
sen par.
Lembrando a Castelao, un decátase que nada une tanto como compartir a emoción sentimental de saber que a vila natal non é coma todas as vilas.

Foto: Nevarada febreiriña.

9 comentarios:

Anónimo dixo...

Ten vostede razón, ningunma é como a natal. Sorte ten a sua por lhe cantar tanto e bem

Ginebra dixo...

Y con nieve, la villa gana mucho, en estética y en diversión, supongo... Besos

mariola dixo...

A nosa sempre é especial para nós, si señor.
E hai que sentirse ben orgulloso dela. O noso fogar.
un biquiño chousa.

Anónimo dixo...

Palabras amorosas escollidas e ditas con arte.Palabras con alma expostas con razón...Orgullo da súa vila, Sr.Chousa e...viceversa!!
Bicos nevados.

paideleo dixo...

E eu que non teño un berce certo. Son mistura de dúas orixes distintas.
A neve favorece as paisaxes.

Raposo dixo...

Uxío Novoneyra tamén pensaba o mesmo.

Marisa dixo...

O lugar donde nacemos
sempre no corazón
sempre no pensamento.

Bicos

busto.agolada dixo...

Sabes como gusto eu da túa patria, terra irmá xunguida polo Farelo, que nos mira
con senllos ollos admirados.

Paz Zeltia dixo...

orgullo: "Boa opinión que se ten dun mesmo ou das persoas ou cousas propias"
Eu do sitio onde nacín non teño unha opinión especialmente boa: non se coida o entorno, déixase que veñan abaixo as preciosas casas antigas e constrúen unha nova á beira dela; os camiños dos montes están intransitables, as leiras abandonadas; os anciáns non teñen en que pasar o tempo, os novos marchan... non quero seguir que me poño triste. Pero iso sí: cariño téñolle. Inda que estea bastante irreconocible de como era na miña infancia, se botas un vistazo xeral, pero cando baixas ao miúdo, ao detalle, alí está. Alí foi.

Gústame ese orgullo, esa boa opinión da túa vila. "Son de Antas, pódese pidir máis?" :)