Hai moita mediocridade.
Menos mal que tamén estamos os que reunimos case todas as virtudes. As físicas e as metafísicas.
Sabemos estar e trunfar coas ausencias. Mestres das palabras e doutores dos silencios. Guapos, ben dotados incluso para non amar. Listos e intelixentes, ben feitos e riquiños (ao alcance de moi poucos bichos).
Claro que é imposible telo todo. Somos conscentes.
Eu, por exemplo, non teño avoas.
Eu, por exemplo, non teño avoas.
Foto: Chapeu.
8 comentarios:
Si señor. Eu son dos teus (non teño cartos)
Eu non teño avoas, nin cartos nin mozo.
Para compensar teño pais, préstamos e amantes.
Se non nos queremos nós, quen nos vai querer ?.
Boa resposta de Uol Free.
Home, tá ben encetar o ano con autoestima, máis... non se che coaría algo de caruncho no medio do pan oh!?
Pero tes estilo, di que si!!
Nin falta que che fai!!!
Moi ben dito.
biquiños.
Inda por riba de todos eses atributos,a autoestima non che falta!
Gustoume :)
Nin falta que che fan.
Grandísima aperta.
A derradeira.
Publicar un comentario