venres, 1 de xaneiro de 2016

Salto

Millóns de moleculas ledas precipítanse na fervenciña. Antes acicaláronse para o evento serpenteando áxiles entre as pedras do leito, lambéndoas en remuíños de sensualidade, falándolles sibilinas e mollándoas cunha cadencia sinfónica de recurrentes vehemencias.
As silvas das beiras renden honores a tan alporizada cabalaría, acompañándoas ata o granítico e vulvar bordo verde da verea acuosa. Non lles queda outra que caer con elas ao abismiño, ficando penduradas a xeito de grilandas traídas para adornar tanta algarabía.
Ao caer ruxen espléndidas e lixeiras, vestidas de encaixe branco, mollando canto tocan e salpicando alí onde non poden chegar.
Apenas unhas ondas nas penas do chan que golpean con estrondo redondo, para pouquiño a pouco metamorfosear novamente ás súas orixes: auga.
Auga que segue percorrendo coma antes do salto xa viña percorrendo.
Bo percorrido teña ata a vindeira ruxida!

Foto: Fervenciña (Santiso - Antas de Ulla)

7 comentarios:

Raposo dixo...

As fervenzas mellor de viño, he, he!! En calquera caso, con viño, auga ou jaseosa, BOAS FESTAS E BO 2016!!

paideleo dixo...

Atopas inspiración en todos os lugares.
Que siga esa inspiración con calquera líquido, como di o Raposo !.

Ginebra dixo...

La naturaleza siempre como modelo inspirador. Estoy de acuerdo con el anterior comentario: encuentras la inspiración en todos los lugares. Muy bonito texto.
El agua, la tierra, el aire o el fuego. Los cuatro elementos básicos para formar un poema. Te dejo éste, "cerca del fuego", porque no "sólo de agua vive el hombre";) Besos

A mí dejadme así, cerca del fuego.
Yo solo quiero que mi vida sea
como un pueblo humeando pensativo
-la nieve en los tejados-
con su mañana llena de balidos
y del olor caliente de la panadería.

Yo no quiero excelencias, ni mármoles, ni cifras.
Los libros no me sirven
si no me dejan contemplar la hierba.
Con esto me conformo, con el don de los días,
con los tenues manzanos florecidos,
con una voz sencilla que me diga
cerca del fuego cosas verdaderas.

A.C. dixo...

Xusto. Antes do 31 eramos auga e auga seguimos sendo.
Non sabia que haxa fervenzas en Antas, pero ti buscas todo. Vaia fotaza!!

Feliz ano Chousa

mariola dixo...

Acicaladas tamén as túas palabras neste texto que se vai deslizando nos nosos oídos como esa auga envolvente que se precipita na ferenza.
A foto preciosa, chousa.
un bico e feliz ano novo.

mariajesusparadela dixo...

Penas desas queríaas eu. Pero teño das outras, das castelás, que doen.

Zeltia dixo...

Tamén moi linda a fervenza de palabras que vertiches nun texto literario, aliteración orixinal incluída: vulvar bordo verde da verea

Feliz Aninovo, Chousa!