domingo, 6 de xullo de 2014

Xata

Houbo un tempo no que era, practicamente, da familia. Vivía baixo o mesmo teito e aportaba singular relevancia á economía familiar.
Din que do porco aprovéitase todo; pero nada se desperdiciaba de min. Nin o leite, prezado tesouro alimento da casa; nin a bosta, imprescindible nutriente da terra. Sen esquecer o meu potencial motriz turrando de carros e arados...
O progreso trouxo outras pintas á estabulación. Agora non traballo, múnguenme de pascuas en ramos e non todos os da familia coñecen o meu nome. Son de aquí, chámome Xata e vou a clase de zumba para manter a elasticidade. 

Foto: Xata adestrando unha coreografía.

9 comentarios:

A.C. dixo...

jajaja con coña e sin ela foches dibuxando unha realidade. E non fai tanto tempo que así era.
Ahora as vacas teñen que ir a zumba para estar en forma. Manda recorcio jajaja

peke dixo...

:) :) :) Como me gusta esta entrada!

mariajesusparadela dixo...

Axúdase cun tolón-tolón a toque de colo...

Anónimo dixo...

Morita, Macarena, Rubia... para que comiera me enseñaban las fotos que habíamos hecho en verano en la aldea, con mi tía abuela, con la boina del tío abuelo, apoyada con dos o tres años en la vara mediana que no acababa en punta... cada nombre era una oportunidad para meterme un bocado en la boca y hacerme otra pregunta, yo tragaba y contestaba con mi lengua de trapo, pero aún recuerdo cómo se llamaban, el uó-uó de los carros, el sonido de las pezuñas en los caminos sin asfaltar, el barro negro que se formaba ante la fuente, con los carros atascados y todo lleno de pisadas, personas y vacas tratando de avanzar...

mariola dixo...

A xata vai perdendo protagonismo, pero se vai a clases de zumba debemos de ter coidado, quen sabe se acabará adestrándonos!
Bonita e simpátia entrada.
un biquiño chousa.

Ginebra dixo...

Esos estiramientos muy recomendables, sí señor.
Los tiempos cambian y ahora se engorda a las vacas de otra forma mucho menos natural, también el concepto del ganado para la familia, para la supervivencia familiar ha cambiado, ahora la supervivencia está, por desgracia, en las grandes superficies comerciales donde encontrarás ternera que no sabe a nada, dura como la suela de un zapato por el estrés en su engorde y los piensos compuestos, y donde las lechugas son de plástico.
Me gustó el mensaje implícito de este post.
Besos

A profa dixo...

Estupenda entrada señor de Antas!
O señor Davila seguro que lamentaría non se lle ter ocorrido a el tan magnífico final para esta mestura entre a antropoloxía e a comedia.
Bks.

Alís dixo...

Non nos queda máis remedio que adaptarnos ós novos tempos ou esquecerannos de todo. Entendo ben á Xata, algunha vez téñome sentido igual (será que terei que ir a clases de zumba?)

Bicosss

Paz Zeltia dixo...

Declárome moi fan da Xata!