xoves, 1 de maio de 2014

Merlo

Cando mirar para o ceo píntanos a intención de azul con pasamanería branca; cando escoitar aos paxaros remata en aloumiños para o ánimo; cando percibir o doce recendo do ar acaríñanos o pensamento; cando os dedos devecen -en convulsa tolemia- por tocar o mar de petaliños que nos enmarcan...; entón é cando xa non hai argumentos para conter a promiscuidade lingual na súa procura -con frenética lascivia- da dozura inmensa que reborda nesta hiperfloristería de sensacións a granel.
Débese a hemoalteración do maio; coa que a imaxinación -acugula de ansias por mirar tocando, ulir sentindo e gozar saboreando- convértenos a todos en merlos asubiadores.

Foto: Merlo busca Merla en maio. Razón: mazaira ullá.

8 comentarios:

Uol Free dixo...

¡Qué fermosuras escribes, Chousa!

Hemoalteración sensorial a desta merla.
:-)
Apertas!

Anónimo dixo...

Esto parece escrito para min porque me encantan as flores de esta estación, gústame o canto dos paxariños e procedo dun lugar chamado Merlan.
Que colores!

Alís dixo...

Estás que te saes, Chousa. Tanto que, a pesares do frío que xa trae este maduro outono por estes lares, contáxiase esa lascivia que describes e que amosas.

Bicoss

peke dixo...

Os merlos pasan pola miña casa acotío, mesmo vimos o outro día dous ben noviños. Encántanme.

A.C. dixo...

Bendita imaxinación a tua.Dun paxaro pousado nun cañoto sacas tela para facer un traxe, o mantel para a mesa e boa parte do vestuario do resto dos comensales.
Rin moito

Voz en off dixo...

Lindo!!

Zeltia dixo...

buenooooo, vaia merlo asubiador estás tí feito!

paideleo dixo...

No mes de maio as merlas están bonitas todas mostrando as súas plumas que lle naceron no inverno.