Hoxe quero berrar baixiño para que me escoiten os xordos, e que a nosa fala enxaugue -coa sonoridade que nos é propia- os acentos de imbéciles e escuros que nin nos entenden nin fan por nos entender.
Hoxe quero buscar na despensa das ideas a ola das palabras, para untarme na dozura da súa pronuncia.
Hoxe quero mergullarme nas letras dos nosos autores que falan de herbas pequeniñas e de árbores grandiosas.
Hoxe quero que chovan ditongos de ledicia; que veñan treboadas de substantivos para que siga salpicándonos -mil primaveras máis- esta sinfonía de corcheas verdes baixo o paraugas da lingua galega.
Hoxe quero. E mañá tamén.
Foto: Fonte das palabras.
6 comentarios:
Eu tamén me xunto ao teu desexo.
Imprescindible querer todolos dias si señor.
Moi fermosa esa choiva de letras galegas
Sempre se quere. :D Encántame a fonte.
Porque levas na frente unha estrela, porque levas no bico un cantar.
Fermosas verbas que a lingua galega ben merece.
Súmome ós teus desexos.
Apertas
Non deixes de querer e de facelo así de ben.
Fermoso (o texto)
Bicoss
Publicar un comentario