sábado, 18 de xaneiro de 2014

Óxido

Comandantes con bigotiño pariron zarabetos que aluman ministros de xustiza con trazas de adiantados, pero que se destapan cangrexos cerebrais.
Colectivos oligárquicos que rouban ilusións a cara descuberta, trafican con dereitos e ocultan as pegadas con luvas brancas; mentras fuxen escoltados por tricornios acharoados.
Instituciós prostituidas e santuarios profanados, donos dunha rulada de ovos sen galadura...
Está claro: oxidóusenos a democracia.
Cando empezamos co esmeril?

Foto: Evidencia corrosiva.

12 comentarios:

mariajesusparadela dixo...

Éche ben certo: eu coidaba que era adiantado e verdadeiramente empúrranos cara atrás.
Menos mal que nos queda Gamonal (ou era Portugal?)

Peke dixo...

Daría para moito, pero non se me ocorre unha alternativa válida para a democracia.

Pommette dixo...

El hierro es lo que tiene.

pitima dixo...

cando? pregunto eu tamén...
Mira, parece que en Gamonal xa comezaron... O mellor é a única maneira...
Pero non sei eu... se haberá que mercar un candado novo...

Bicos!

Carlosm dixo...

Enferruxarona ate deixalo insevibel. Abundan mentes cangrejas a la vista de quanto acontece. De alguna maneira hai que esmerilar.Saudos

Uol Free dixo...

Ninguén percibiu que a serpe puxera os seus ovos. E as crías medran...

¿E haberá que saber usar o esmeril?

Raposo dixo...

Non sei se o esmeril será suficiente para tanto óxido como ten a democracia. Poida que tamén lle haxa que botar 3 en 1.

Pedras dixo...

"cangrexos cerebrais", un bo resumo...

Alís dixo...

Iso ou aprender a úsala ben, a sacar proveito de tódalas ferramentas que nos da para sacar de diante ós que abusando da nosa confianza nos dixeron que a democracia era como no-la impoñen. Vai sendo hora de ler o libro de instruccións para aprender a manexala mellor e decatarnos que lle da o poder ó pobo e non a uns poucos. Fagamos, pois, uso del.


Bicoss

mariola dixo...

Co esmeril e mais cantas ferramentas se che ocorran.
Quizais non chegue...
bicos chousa.

A.C. dixo...

Un nome moi axeitado para ese ministro Gallardón, que quere facer andar para atrás os direitos das mulleres, e da sociedad enteira

Esilleviana dixo...

No solo está oxidado el ministro Ruiz-Gallardón, también el ministro de educación con su propia ley ha conseguido estropear aún más la enseñanza y el aprendizaje en este país, a la vez el ministro de Hacienda, sr. Montoro y sus chorradas, la ministra de trabajo Fátima Báñez y sus vírgenes a las que encomendarse y, Fernández Díaz y la violencia de nuestro país... sin olvidar a la sra. Ana Mato y sus despistes... ufff
hay demasiado óxido

un saludo cordial