mércores, 1 de xaneiro de 2014

Sedela

Aínda sentindo os ruídos de copas que estalan, do tecleo reiterado de palabras doces acompañadas de imaxes picantes, de uvas vasectomizadas devoradas ao son metálico de badaladas que non chamaban á misa; voltamos  aos aparellos da normalidade. 
Volverá ser o mar bravo o que nos chimpe na cara salpicaduras de realidades e haberá algún anzol rebuldeiro que se nos espete nos dedos.
Iso si; seguiremos percibindo a ledicia cada vez que sintamos que se nos tensa a sedela.

Foto: Peixaría con barra libre. Boa pesca para o 2014!

15 comentarios:

peke dixo...

Con que veña con ben eu xa me conformo. :)

Harmonía dixo...

Proveitosa pesca e calma singladura para este ano que comenza!

Raposo dixo...

Pois que piquen, Chousa, que piquen!!
Feliz 2014!

Anónimo dixo...

Saúde, diñeiro e amor...será moito pedir? Mentres, brindemos polo que temos!!
Bicos con Ledicia, Sr.Chousa e os meus mellores desexos.

Pitima Alvarez dixo...

Pois sí, que haxa boa pesca.
Bicos!

mariola dixo...

Que sigamos abraiándonos coas cousas pequenas,coa nosa rutina diaria, que sigamos tendo fe nas persoas- aínda que nestes tempos que corren non sexa doado- que pesquemos ledicia, saúde, optimismo....
biquiños chousa.

Alís dixo...

Vou ter que ir ó psicólogo, porque non é normal que perciba sensualidade na última frase do teu texto, verdade?

Ir ó psicólogo ou comer máis chocolate.

E logo diso xa poderei voltar á normalidade.

Feliz aninovo

Bicoss

paideleo dixo...

Amigo Chousa, non adiantes acontecementos. Déixanos vivir sen dedos espichados por anzós ata despois de Reis polo menos.

Kim Basinguer dixo...

Después de tanta fiesta, no hay nada como la tranquilidad de un día de pesca. ¡¡Feliz año!!

X dixo...

Fermoso o anzol, xa piquei, velaquí estou desexándolle un felicísimo 2014. Saúdos.

Magdalena Malungo dixo...

Pois que se tense a seda no 2014! Bicoss

Anónimo dixo...

E seica tocou a loteria en Antas. Xa nos diras se na chousa caeu algo

Marisa dixo...

Seguiremos alimentando
a paciencia.

Un feliz ano cheíño de ledicia.

Bicos e apertas

Chousa da Alcandra dixo...

A lotería que tocou aquí é a de continuar véndovos vir pola Chousa, alimentando ledicias, tensando as sedas, vendo fermosos anzós, buscando tranquilidades, vivindo o Carpe Diem, percibindo a sensualidade, abraiándose coas pequenas cousas, desexando boa pesca, brindando polo que se ten, incitando ás peixas a picar e buscando singladuras en calma...
Que máis lotería se pode pedir, damas e cabaleiros?

Sigamos xogando!

Zeltia dixo...

grazas polo desexo. pescar nesta vida xa é bo... non digamos se por riba pican!