domingo, 22 de setembro de 2013

Portada

Mañá, coma onte, volverá ser necesario un titular para encher unha portada. Os acróbatas da trapallada tecerán outra mentira verdadeira que tentará tirar pola conciencia escandalizando os ollos.
Meniñas da Cruña (e das provincias todas) D' amabre despejo; lembrade que unicamente tres verdades galopan entre tanta tinta parva: data prezo e necrolóxica. Todo o demais mirádeo coas lentes da intelixencia propia das vosas falas graciosas e pasos ligeiros.
Na paleta vital non só hai tonalidades rosa, certamente; pero tampouco é cuestión de pintar cunha picaña.

Foto: Triunvirado de pétalos. Foto de portada

6 comentarios:

paideleo dixo...

Data, prezo e necrolóxicas: as únicas verdades.
Mui bo !.

Alís dixo...

Algunha que outra verdade tamén hai, aparte das que sinalas, aínda que é certo que hai que ler con intelixencia, porque hai moitos xeitos de contar unha mesma verdade. Tantos, que parecen verdades diferentes e, polo tanto, mentiras.
Deformación profesional debe ser, pero sinto que o meu gremio é moitas veces inxustamente xulgado e atacado.

Bicos en titular (ti saberás si verdadeiros ou mentireiros)

Zeltia dixo...

Para o pouco que utilizarás ese aparello, asómbrame canto falas da picaña!
(gústame iso do prezo, data e esquelas )

Pedras dixo...

Non te canses de poñer imaxes de rosas en todas as súas tonalidades!

Carlosm dixo...

Agudo ingenio o teu. Mais eu nom me fiaria das esquelas todas. Saudos

susana moo dixo...

bah, a data muda segundo o calendario, o prezo muda según a prima de risco ou calqueura outra prima, e para cando a necrolóxica xa nada importa.
Prefiro o triunvirato sex drugs e rock and roll. Todo rosa, eso sí.