domingo, 4 de agosto de 2013

Parafusando

Para enfiar os adivais da eficacia no cu estreito da actualidade cómpre facelo con esmero, dando as voltas necesarias sobre a espiral trazada. Evitando mareos, aproveitando mareas, adaptando circunstancias...
Que despois de tanto enroscar, xa deberíamos ter clariño que a vida é unha grande porca que unicamente pode taparse de maneira conveniente co parafuso axeitado.

Foto: Parafusos para o mar.

5 comentarios:

Carlosm dixo...

Vejo a un Chousa Diplomatico chamando pelo seu nome a vida e disfrutando de serem um parafuso. Saudos

Paz Zeltia dixo...

Pois eu non lle pillo a relación entre as porcas e o parafuso :(

pero benvido ao cotiá, seguro que en Antas xa te botaban de menos.

Paz Zeltia dixo...

[Estou pensando unha posible relación entre os parafusos e as porcas. Pero non creo. Debo ser eu que teño unha mente porca.]

Anónimo dixo...

E sempre hai unha porca para o parafuso!!

A.C. dixo...

Xa acabaches as vacacións, Chousa? Xa falta menos pras do ano que ven.
Bicos