De pouco serve un peine caralludo, se non hai quen se decate de que indo espeluzado está menos guapiño.
Esa técnica de crear primeiro o produto e despois a necesidade semella complexa; pero unha vez instaurada na cadea do pensamento, xa vai todo rodado. Ata o punto que poderás fabricar ferreganchos que dirás que son para meter na pel, e acabarán pedindo que lles fagas o furado para introducilos.
Tiñan partidos políticos e dixéronnos que eran necesarios para a democracia...
Foto: Hai que ter boas orellas para meter esas bandexas
6 comentarios:
:D
o das bandexas fíxome sorrir...
e o argumento do post moi ben enfiado.
un bico!
... e nós botámoslles como pardillos e mira agora que furado nos fixeron nos nosos dereitos, no noso traballo, na nosa sanidade, na nosa educación.
Eso si, no entanto algúns encheron ben os petos (Bárcenas & Cía), vese que eses non os teñen furados.
Pero é que viviriamos con tan pouco, e o mellor de todo, seríamos tan felices!!
Imos acabar todos furados.
Furannos as orehlas ou o propio coraçao se fose menèster com tal de lograrem os seus desejos.
Levo um bo tempo tentando adivinhar onde foi tomada esa imagen. O idioma do cartel semelha português, mais a cor do mantelo fala en romano. Dilema: sacame dele.
Saudos.Carlosm
Es Portugal. Seguro
Publicar un comentario