sábado, 16 de febreiro de 2013

Ferro

Seica corren malos tempos para a lírica. Pero se botamos unha ollada ao que deixaron escrito os nosos avós axiña observamos que as realidades de cada presente sempre estiveron encetadas de eivas, complexidades e atrancos.
Vivimos atravesados polas lanzas das preocupacións que, se non existen, axiña nos ocupamos en crealas; xa que o ser humán non sabe vivir unicamente de ledicias. 
Por tal motivo gústanos enzoufarnos nas desgrazas e prestar oído á trifulca de mediocres que disparan balas de tinta coa única intención de alimentar os seus petos á conta dos nosos medos. Sempre se viviu mellor vendendo miserias que catapultando éxitos. 
Deberíamos coidarnos máis dese ruido mediático e protexer os nosos corpiños delicados. Que non somos de ferro, carallo!

Foto: Home de parafusos. Baiona

10 comentarios:

A.C. dixo...

Unha frase moi certa esa de que o ser humano non sabe vivir solo de felicidade.Parece que necesitamos cousas malas tamen.Por eso votamos o PP hahaha

A.C. dixo...

Gustoume o titulo que le puxeches a foto.Moi ocurrente.
Bico

pitima dixo...

Deberiamos... pero...
Bico lírico.

Marisa dixo...

Ti sempre tan acertado,
parece que gusta de aproveitar o medo
e facernos emporcar un día sí e outro tamén nas súas porcas miserias.

Bicos

Paz Zeltia dixo...

Di que si.
Eu xa non poño as noticias para almorzar pola mañá!

[Eu coincido contigo en que as realidades de cada presente sempre foron complicadas]

matrioska_verde dixo...

o morbo sigue vendendo.

biquños,.

Raposo dixo...

Non só non somos de ferro senón que a maior parte do noso corpo é auga. Se aínda fora víño...

mariola dixo...

Pois é ben sabido que coa ledicia chégase moito máis lonxe, o noso corpo funciona mellor, a nosa mente se aquieta e ata o noso sistema inmunitario está pletórico.
Por iso, fagamos uso das boas enerxías e non fagamos caso a este ruído mediático que só quere meter mais medo no corpo!
un bico con boas vibracións.

Harmonía dixo...

Os noticieiros, amosan traxicomedias día tras día.

Menos mal que sempre nos quedará a música para protexernos e deleitarnos!

Filoxera dixo...

De acordo :-)
Tenho andado distante da blogosfera. Hoje, apeteceu-me matar saudades...
Beijos.