domingo, 16 de decembro de 2012

Tabardo

O ruido das queixas polos tempos que corren parece que pretende afogar o murmurio das panxoliñas. Pero non vos é nada. A maquinaria da ilusión infantil (lembrade que eu son un neno) xa se puxo en marcha e, paseniñamente, van chegando as datas da maxia pendurada en acivros ou portaliños en miniatura.
E fixádevos se anda a cousa cerquiña, que xa pillei a Papá Noel probando o que de seguro será un agasallo. Ben sei que non o parece, pero iso é porque está de medio lado, non lle escoitades a súa risa de mandar parar as vacas; e -ademais- fáltalle poñer por riba o seu tabardo vermello.

Foto: E se cadra chámase Noel-ia.

12 comentarios:

Dalicia dixo...

Sonche unhas datas cheas de moitas mixturas sentimentáis e mentais....


bicos

Pedras de Santiago dixo...

...ho ho ho!!! (a súa risa)

E logo polo Ulla non pasa o Apalpador cando baixa das montañas do Courel?

bicos infantís :-))

Chus dixo...

Eso, si que é un bon agasallo, que o disfrutes

Anónimo dixo...

O tabardo xa se ve que debe ser vermello que lle quedaron restos de tela na punta dos dedos cando o quitou. E sendo asi a cousa eu voume facer fan de Noel-Apalpadora

Xan P.

matrioska_verde dixo...

non sabía eu que Papaá Noél podía adquirir aspecto de muller... vaia con Noelito!

biquiños,

Raposo dixo...

Non sei se dará chegado o Papá Noel. Lémbrate que o 21 remata o mundo.

Paz Zeltia dixo...

moi fresco vexo eu ese papá noel travestido... polo menos aquí na coruña fai un frío que lle ronca o nabo

Kim Basinguer dixo...

Xa me parecia que me soaba a súa cara... Feliz nadal.

mariola dixo...

E se cadra chámase Noel-ia, je je je.
Claro que non me extraña, os nenos teñen a costume de enredalo todo, e ti como eres un neno sabes enredar moi ben as cousas.
Que pases boas festas chousa.
MOITOS ABRAZOS.

Peke dixo...

Felices festas! :)

Carlosm dixo...

De levar o tabardo posto igual che pasaba desapercebida.Que teis bo olho para as Noelas já queda demostrado hahaha.Saudos e Bo Natal.Carlosm

A.C. dixo...

Eu son mais de Reis Magos pero vendo esa mamaNoelia comprendo que che prendera os ollos hahahaha.