sábado, 1 de decembro de 2012

Albarda

Eramos pura sangue de alto copete correndo en hipódromos fachendosos. Tiñamos cortellos cheos de comodidades con pesebres ateigados de herba seca. Ás veces deixábannos rebechar polo curral, nun alarde de liberdade. E pregúntábannos aos poucos se queríamos mellor levar hostias coa fusta ou que nos espetasen a espora nas frebas. Tiñamos unha fluida comunicación entre o arre e mailo xo!.
E mira ti por onde fóisenos xear a mirada cando nos decatamos que aquela prenda que  vestíamos tan garbosamente non era unha lucida capa; senón unha simple albarda.

Foto: Reflexionando no prado.

9 comentarios:

Anónimo dixo...

Su fina ironia me hace reir a la par que me invita a interesantes reflexiones. Es lo mas interesante que leo esta mañanita. Le envío salutaciones

paideleo dixo...

Non somos máis que fariñotes ao servizo dos de sempre.

Raposo dixo...

E na maseira en vez de cebada temos palla seca!

mariola dixo...

Polo que vexo tampouco o de antes e paz e alegría.
Pero bueno, dis que ás veces deixábannos un pouco de liberdade.
Agora, nin ese anaquiño temos.

Chamoume moito a atención a fotografía, quitada con moito esmero.
Unha preciosidade de cabalo, dunha finura exquisita. Nótase que está ben coidadiño, aínda que o seu mirar está triste.
un biquiño Chousa.

A.C. dixo...

Deixabamonos engañar ou pensabamos que era certo?.A mirada do cabalo da foto mais que xeada parece mui triste
Bicos Chousa

Carlosm dixo...

mui trabucados estabamos...e deijaba-monos estar.Saudos.Carlosm

matrioska_verde dixo...

é moi diferente a imaxe que se pode ter dun mismo, coa imaxe que ven os outros en nós... poucas veces coincide.

por eso pasa o que pasa.

biquiños,

Pedras de S. dixo...

Si que cambiou o conto! E a este paso seremos besta sen albarda;-)

Paz Zeltia dixo...

pois a min molábame.