venres, 19 de outubro de 2012

Bomba

Se almorzamos recortes sociais, xantamos novas cargas impositivas e ceamos listas de espera inasumibles, non pode sorprender que acabemos por excretar mala hostia e regurxitar decisións de voto profundamente meditadas.
Esa rutina de maldades tamén é a causante de que, cando contemplamos un fermoso bodegón de fina cantería con delicados adornos de lencería floral,  unicamente percibamos a inquedanza de ver -no medio e medio da estampa- unha ameazante e xigantesca bomba. Excesiva artillería para tanta fermosura.

Foto: Fina lencería floral. Cambados

11 comentarios:

Eastriver dixo...

Que las cosas cambien mucho en Galicia. Pero mucho, mucho. Es mi deseo de terrorista (ahora, ya ves, nos llaman así). No, evidentemente no: es mi deseo de ciudadano libre, espero, y por supuesto, amigo de tu pueblo.

Paz Zeltia dixo...

pois que a decisión de voto sea dixerible e nos preste a todos despois do reconto das furnas...!

Dalicia dixo...

La bomba va a explotar en la cara de todos los que voten al cura.... Va a ser el campo experimental del resto de Ispaña.. :(

Besitos.

fonsilleda dixo...

E logo? tes mas medo ainda, logo de ver unha bomba tan apracible de tan estática?
Bicos Chousiña

Harmonía dixo...

Pois si, sen tanta artillería reinaría a fermosura e a harmonía.
A ver, a ver...

Maria dixo...

Fermosa composición e intelixente mensaxe.
Unha forte aperta.

Carlosm dixo...

Bem bonita foto.Mui coidada mensagem.Saudos.Carlosm

A.C. dixo...

"Fina canteria e lenceria floral" moi bonitas a pesar da bomba no medio.
Bicos

paideleo dixo...

Parece que á xente lle gusta pasalo bomba.
A ver que sae de aquí !.

matrioska_verde dixo...

pero é unha bomba de auga ¿o non?

biquiños,

Concha L. F. dixo...

Onde raio agocharía a miña madriña a bomba de sacar a auga do pozo? Mira que divertía eu con ela! Co que me gusta fedellar na auga!