Adaptarse é o segredo. Despois da acomodación todo ven engadido. O carallo é mentras non se logra acadar esa tregua necesaria entre a intención e maila realidade.
Cando se chega a aquel nivel de autoaceptación, o tear que levamos dentro empeza a producir a grande escala, logrando elevados niveis de eficaz eficiencia no desenvolvemento vital.
E pouco nos importará saber que imos coa barriga a rastro se temos consciencia de que levamos a cabeza ergueita.
Foto: Lagarto arnao, Señor de Pambre
23 comentarios:
Coido que esa foto é de hai algúns meses, polo menos. Se non fose así, dende logo que o protagonista conseguiu adaptarse por completo, quen lle ía dicir que en pleno inverno posaría para unha foto sen abrigo de peles.
Bicos
Preciso quintais diso... sobre todo hoxe...
Biquiños.
Teño a seguridade de que moitos señores de Pambre non amosaban tanto señorío como ese lagarto
O importante é ir vivindo. Eu semprep pensei, cada vez máis, aínda que me digan as veces que "ti como sexas así deixas caer a casa", sempre pensei que o importante é ter o necesario e vivir tranquilo coa cabeza alta inda que a barriga vaia a rastro :D
E eu que non via o lagartiño...
Gostei moito do teu optimismo pragmático, sobretodo da eficaz eficiencia.. porque tardei en aprender a diferencia entre eficacia e eficencia. Daba para a entrada dun blog! ;-)
Esa tregua tiña que acadar eu, entre a intención e a realidade... para tantas cousas!
admírame ese lagarto! (e a túa oportunidade)
Andar de cabeça erguida... é um consolo!
Supoño que sí, que o de ter a cabeza levantada é o xesto importante, como aquello de “pobre pero honrado”. Non sei, ¿qué facemos si non? Loitar, loitar, loitar, loitar… sin descanso. Chega un momento que un dí: “Que lle den a todo”. Bqñs.
E eu media hora á procura do lagarto...teño que ir ó oculista...
Llevar la cabeza erguida me resulta fundamental, tanto como adaptarse a las circunstancias, que no hay que confundir con aguantarse, claro.
Besos
Di que si, o malo sería se fósemos coa cabeza arrastrando polo chan, por moito que o bandullo estivera ben mantido.
De seguro que Pambre já tevo bem piores Senhores.A adaptaçom e a chave de tudo.Saudos.Carlosm
Hai muitos que andan así coma o arnal pero que non teñen esa elegancia e saber estar do lagarto.
Acomodación e asimilación, que diría Piaget, para camuflarnos neste entorno tan... hostil?
Iso si, sen baixar a cabeza para non perder a perspectiva.
Por certo, un lagarto case tan fermoso coma o que pasea no verán pola miña horta.
Saudiños.
Qué ben expresadiño!
E que ás veces non queda outra!
A natureza para iso é moi sabia.
Nós, non tanto .
Biquiños dereitiños.
E se lle preguntas ao lagarto? Quizais el non perde o tempo pensando como vai facer para adaptarse aumnha nova situación, para el é o "natural".
Ah!, pero se consigues averiguar a resposta cóntanola, please!!
:-))
camuflados e adaptándonos ao sol que mais quente? Non, non non.
Coa cabeza dereita sí, eso sí, e a cola tamén, si vous voulez.
Por suposto que hai que adaptarse,pois non queda outra...
pero sempre coa cabeza ben alta,como fai o lagartiño da foto,pois...xenio e figura ata a sepultura!
Veño a darche as grazas por achegarte ao meu pequeno rincón...
Un saúdo.
Adaptarse ou mimetizarse co medio para saír indemne? Se erguemos ben a testa veremos que hai máis futuro, máis posibilidades e que non o mundo ten que ser monocromático.
O señor de Pambre, no seu disimulo, non deixa de mirar desafiante cara o futuro ;)
Boa fin de semana!! bk
Temos moito que aprender dos lagartos.Ademais de levar a cabeza ergueita son capaces de soltar a cola en caso de perigo e nos non nos damos desprendido de nada.
Bicos
O señor de Pambre pavonéase con moito xeito; e seguro que a ras de chan capta novas perspectivas que escapan de ollos altivos.
O feito de que vos coste ver o arnao confirma que, ademáis de adaptado, vai axeitadamente vestido. Tomemos nota.
Moito me gusta tamén a pluralidade lingüística que rebecha pola Chousa. Seguro que o lagarto aprende de vos para conquistar algunha lagartiña. Se mo conta (e me da permiso) xa vos direi se a leva á torre da homenaxe ou homenaxean a carón do hórreo...
Ahora hay que adaptarse o morir....
Publicar un comentario