venres, 11 de novembro de 2011

Prima

Manda carallo coa prima dese tal Risco, da que falan todos os xornais. Debe ser unha lercha de moito coidado, xa que ten erguida a media Europa e moi excitado ó resto do mundo.
No medio de tanto alporizamento, pregúntome se non lles viría ben (a ergueitos e a lerchas) un anaquiño de acougo que lles permita un revolcón de tranquilidade. Para tal fin, nada mellor que empezar con un escenario axeitado como preludio introductorio á calma.

Foto: Revolcón de tranquilidade. Posible escenario inductor.

21 comentarios:

Paz Zeltia dixo...

Menos mal que os meus primos son todos xente corriente...

[Tamén manda carallo que haxa unha axencia que se adique a medir riscos e que se chame Standard & Poors]

Eu céntrome no paseo: hoxe, envolveita nesta manta gris e húmida, a paisaxe da foto é máis axeitada ca nunca como introductoria á calma. [É en Lalín?]

Carlosm dixo...

Ademais a prima de risco tem nacionalidades varias, pois eu já tenho escoitado falar da italiana, espanhola, grega...Deberia aceptar a tua proposta.Saudos.Carlosm

Anónimo dixo...

Bellísima foto. Ojalá esa calma que evoca fuese reclamo suficiente para los "mercados", parientes de la "prima" a la que aludes, y se fuesen a relajar a ese lugar paradisíaco.
C.

Dilaida dixo...

O Risco galego ten sorte, se fose curmá sería moi pouco apropiado, pero sendo prima a parentela xa pilla un pouco lonxe. Polo tanto que o revolcón sexa pracenteiro e o Risco disfrute moito.

Son Unha Xoaniña dixo...

Ai, mira que lle teño eu unha xenreira a prima esta que ten tanto risco, e todos os días veña a darlle voltas á prima.
Pero se cadra tanto a prima coma todos os demais debían visitar esta paisaxe maravillosa da túa foto.

Harmonía dixo...

O escenario non só e axeitado senón que é inmellorable!! (ousadía a miña, recoñézoo!)
Chousa, vaslle contestar ti á preguntiña de Zeltia ou teño que facelo eu?
:-)

Anónimo dixo...

Pois mire que lle dei voltas a quen podería ser esa prima de Risco!
Está claro que hoxe non ando moi espelido...
A foto, preciosa.

Trasno dixo...

Énchesenme os ollos de envexa por non poder salpicar á prima e a Risco con esa auguiña tan queda. Convídasme a min tamen a participar no escenario, Chousa?

mariola dixo...

Non vou dar poder a esa lercha da que falas, (a prima unha lercha e os demáis uns lerchos) porque os meus ollos hoxe só están postos na foto que nos deixas, nesa calma e tranquilidade que amosa á beira desa río de augas calmas.
Só con contemplar, a mente deixa de funcionar e só manda o corazón.
Por qué non o probarán.
un biquiño calmo.

Chousa da Alcandra dixo...

Se probara, Mariola, seguro que repetían!.

Tira coa envexa, e mergúllate tamén Trasno.

En realidade, Kaplan, o texto é unha simple coartada para lucir a foto :-)

Absolutamente de acordo, Harmonía. (Dillo ti, que seguro que o sabes mellor)

Esa prima estase facendo famosa a base de estarricarse no risco, Xoaniña.

Eu deséxolles o mismiño, Dilaida. E se nos deixan facer algo de voyeurismo...mellor!

Se metemos os "mercados" no río van alporizalo moito, anónimo C

Estás sempre actualizadísima, Zeltia. Da gusto!

susana moo dixo...

A prima, a curmá da prima, o seu marido a muller e mailo amante. A sobriña, os abós o pai e a muller do pai, Francisco, Emma e mais eu, todo precisamos dun revolcón de tranquilidade, si é con escenario inductor, mellor que mellor, que fermoso sí que é.

A.C. dixo...

Si hai que pagar por participar nese revolcón eu apuntome tamen. Sempre que veñan mais RISCOS que PRIMAS jajajaja
Bicos

mfc dixo...

Estamos todos no mesmo barco e o futuro não vai ser lindo!!!

Marisa dixo...

Será cousa de familia
estar alporizado
e co xesto torcido.

Unha beleza de foto.

Bicos Chousa

A nena do paraugas dixo...

Vaia oh! Para min que o tal Risco inventou unha prima imaxinaria a quen cargarlle o moucho desta desfeita!

matrioska_verde dixo...

ja ja ja

¡Tí sí que és lercho! [dígocho desde o cariño]

Eu nin coñezo a ese Risco do que falas, nin a prima de marras, coñezo un tal Risto, ese dos programas da tele que sae sempre de gafas de sol pero paréceme que dese non falas, ¿verdade?

¡manda carallo cos persoaxes que andan por ai soltos!

da medo.

biquiños,

paideleo dixo...

E as primas temos que pagalas os " primos " de sempre, sexamos de ergueitos ou de lerchos.
Esa paisaxe millor que non a visiten que a emporcan.

Harmonía dixo...

Canto máis observo a imaxe máis me gusta!!!

O contrario me ocorre co título: esa "prima" (nin que fose unha parente política), estanos mergullando na desconfianza e alonxando do desexado/hipotético preludio de calma.

(Coa chuvia que está caendo e o vento que azouta nestes días, o escenario do cadro que pintaches, tamén andará algo revolto:-))

Raposo dixo...

Pero o Risco ten unha prima?? Pois non o sabía, nunca me dixo nada.
En todo caso para a prima de Risco nada mellor que o primo de Zumosol!

Chousa da Alcandra dixo...

Debería ser de obrigada inmersión ese tipo de revolcóns, á que si Susana?

Para gustos colores, AC; eu opino de outra maneira ;-)

Pois remenos todos no mesmo sentido, mfc

Algo de alporizamento tampouco ven mal de todo, Marisa.

Pois sí que ten inventiva o risco ese, Nena do paraugas.

Estou seguro que agora xa escoitaches falar dela, Aldabra.

Levas razón, Paideleo; sempre nos toca ós primos.

Gústache a imaxe pq é moi harmónica, Harmonía :-)

Unha excelente mistura de parentela, Raposo.

---
E xa que imos entrar de súpeto na xornada reflexiva, prometo non alegorizar nadiña sobre o asunto político, aínda que a prima esta sigua rebuldeira.

xenevra dixo...

Eu viñen enlearme nas augas, mais vai ficar nunha unión visual porque non dou co lugar. Vou seguir un cacho mergullada ver se nace a inspiración...