domingo, 20 de febreiro de 2011

Estercar

A sucesión de tarefas que acontecen en todo ciclo productivo debe ser escrupulosamente respectada coa fin de acadar -co maior éxito posible- o obxectivo final.
Con eficiente eficacia hai que aplicar os coñecementos necesarios en cada estadio do proceso, non pasando  á fase seguinte sin que previamente esté completada a anterior. É absurdo plantexar a seitura antes da sementeira. Ou mallar antes da sega.
E así funciona.
Ata que chegaron os teóricos da economía e empezaron a introducir algúns cambios na cadea. Mercáronse fanegas de trigo antes de ser mallado. Vendéronse ferrados de fariña antes de ser moída. E todo se foi adiantando con obediciencia ás reglas dun mercado que non contaba con granizos nin xeadas. 
E así funcionou.
Pero entrou a política en escea. Hordas de traxeados, micrófono en man, entraron cos sacos abertos en labradíos e pastizais. E mudaron normas e alteraron procesos. Sabían que era preciso estercar para obter o produto, pero  non en que fase se aplicaba; así que acabaron por esparexelo enriba de pratos e manteis...
E así nos vai.

Foto: Moricos de esterco. Leira ben aproveitada.

32 comentarios:

fonsilleda dixo...

Deisaches aquí un bo retrato, distinto da foto, moito mais vulgar, pero tamén certero, da actualidade mais presente. É decir, sembraches eses moricos de esterco en unha aparencia de poesía. E asi, case pode seguir co meu soño
Bicos.

susana moo dixo...

Por non saber estercar a tempo (entre outras cousas) eu creo que vou unirme a estos:
http://www.nolesvotes.com/

Bicos (limpiños)

Blogboreta dixo...

Non por moito estercar... amañece mais cedo.

Pois iso.

Biquiños ben limpiños.

Dilaida dixo...

É que os "señoritos" non lle saben nada de agricultura, plantan ás árbores coas raíces para arriba e despois cando queren a froita, comen a nosa e como sigan así, faranse carnívoros e ata nos comerán a nós.
Bicos

pitima dixo...

Pobre Chousa... ninguén che manda bicos suxos... jaja

Ah... ¿que tampouco os querías?.. Boeno, e que eu ¡xastaba!

Pois así estamos, de merda ata arriba...

E algúns retozando.

En fin.
Bico abonado en tempo e modo.

Anónimo dixo...

Estercar... Que enganadiña estaba ao pensar que esta vez ias falar do coche dunha miña tocaia...

Carlosm dixo...

Nom te me cabrees que ti já sabías que os políticos son trampas para peixes pequenos.Venden millo sin malhar, farinha sin moer e leiras enteiras sin ser deles. E se hai que darlhe forma legal pois exprópianas e listo. Esparexe ti o esterco ese, que che vai ben para sacudir o estres.Saudos.Carlosm

Paz Zeltia dixo...

Es único compoñendo esta caste de parábolas.
E as fotos axeitadas sempre para o que queres dicir [e viceversa]

O teu blog é fiel a unha estética e uns contidos. Dentro dunha grande variedade parécense no tratamento que lle das e na maneira de expresalo, con ese estilo retranqueiro e o teu afiado inxenio.

Me parece que nunca te felicitei polo teu blog e me parece que indo para catro anos, será hora de que o faga, [que unha cousa é andar sempre de peloteo e outra non che dicir nunca o ben que o fas]
;-)
Así que parabéns polo blog!.

[A ver se as redes sociais non nos deixan sen blogs interesantes nos que ler e participar]

Lou dixo...

la verdad todo eso pasa por querer adelantar las cosas, las queremos !YA!

todo tiene su proceso..

falta tranquilidad en todo.

buenisimo el coment que me dejaste..apuntate una..jaja.

Raposo dixo...

Tamén convén dicirlles a eses homes ben traxeados que antes de estercar hai que rozar os toxos, estrar o curral, cando esté no seu punto arrincar o estrume co picaño, cargalo no carro e levalo a leira.

la cocina de frabisa dixo...

Creo que en algo si que hemos adelantado, ahora se están descubriendo, ANTES, existían, pero nadie se atrevía a investigarles o simplemente señalarles con el dedo.

Bicos y buena semana

Bolboreteira dixo...

Ultimamente están facendo que nos chegue o esterco ata as orellas...
Bicoss!

Chousa da Alcandra dixo...

Quedei abraiado polo comentario "Anónimo". Prometo estar atento ó que pasa polas corredoiras da Chousa e adicarlle un post "al Ester Car" (Agora mesmo non me dou conta de ningún coche de ningunha Ester; pero licuarei os miolos... e malo será...

Ultimamente hai esterco para dar e tomar Bolboreteira; procuremos esparexelo lonxe :-).

Levas razón Frabisa en que agora alomenos podemos denuncialos; pero -xa que teño iso- quero máissss.

Se lles da unha picaña nos fuciños non sei se saberán como se chama a ferramente Raposo. Fai tanto tempo que non a ven...

Esiximos todo con demasiadas présas Lou; e as horas necesitan 60 minutos para que rematen. (Leva un músico para a Illa. Pode facer música fresca!)

Obrigadísimo pola loubanza Zeltia. Despois de ser a miña primeira comentarista, xa era hora. E esta noite adicarei o rezo do Rosario á mesma intención que ti dis das redes sociais.

Se me vés axudar ti,Carlosm, eu poño as galletas para esparexelo. Que na PortuGaliza tamén hai estrés, ou non?

Xa era hora de que algunha se decatase da necesidade, carallo!. Menos mal, Pitima que teño quen me coñeza como é debido e me mande uns bicos como teñen que ser!!!

Coas raices para arriba imos acabar todos Dilaida. E faremos vida subterránea mentras se nos airean os pés. Seguro que nos farán cóxegas neles os paxaros...

Hai refráns para todo, Blogboreta. A quen madruga non sei quen dicían que lle axuda; pero cando se pode render pleitesía á nugalla da moito gustiño deitarse na palla.

Hai que valorar moi seriamente a proposta que fas Susana Moo. Realmente parecen todos o mesmo can e idéntico collar. Ladran igualiño, oes.

Incluso o esterco pode ser poético (tendo malas ulideiras, iso sí)Fonsilleda. Non é o meu caso, que son pouco dado á poesía e teño unha pituitaria a pleno rendemento :-)

Trasno dixo...

En Trasnolandia non temos políticos. Aquí as trasnadas facémolas nos.

(De onde sacas ti o inxenio desas fotos???)

A.C. dixo...

Eu tamen digo o que xa comentaron: como e posible que ti vexas esas estampas que todos temos diante e non somos capaces de interpretar?. Mira que facer unha postal con varios montós de esterco xa ten mérito. Biquiños

Paz Zeltia dixo...

Estiven mirando a foto con tino por ver se lle encontraba "o inxenio" que lle atopa Trasno. Pero igual é a fiebre, porque eu só vexo unha leira cunhas ringleiras de esterco.
Que por certo, Raposo, cando se quitaba o esterco coa picaña e se cargaba no carro e se levaba á leira, e se descargaba, deixábanse unhas moreas todas equidistantes até o momento de esparexelo ben esparcidiño coa galleta, e non ese esterco informe na leira de Chousa, que se atreve a chamarlle "moricos". Si home si. Moricos se volveran!

Chousa da Alcandra dixo...

Non sabes o ben que vivides nesa acracia tan axeitada Trasno. Xa dirás que revolución fixestes para acadala. Vivimos tempos que apuntan cara esas direccións, así que toda axuda será ben recibida.

Todo che depende do cristal co que se mira AC, así que o mérito débeche ser da Olympus...Claro que facer unha estampiña cun morico de esterco ten os seus riscos jajaja. Ti verás.

Non me esixa tanto vostede, Zeltia; que despois da de cal que me deches antes cos parabéns, xa me das agora unha de area poñendo en duda a equidistancia dos moricos de esterco nas leiras de Antas.

Concha L. F. dixo...

Fiel coma sempre á realidade cotiá, mesturas con mestría os labores agrícolas coa política.
E claro, digo eu, se a clase política), tendo como se supón que ten os coñecementos necesarios, respectase os ciclos, outro galo nos cantaba. Porque a teoría económica pode introducir todas as novidades que se queira, pero hai que aplicalas con xeito. E a clase política non o fai. En lugar de estercar e labrar, énchesela ela de esterco e de paso, déixanos a nós sen o necesario para que o noso traballo dea froito.
Menudo apaño!

Un saúdo, señor Chousa.

matrioska_verde dixo...

Plas, PLAS, PLAS… Aplaúdoche… E así quedamos, cada un de nos limpando o esterco onde nos alcanzou. Biquiños.

Ginebra dixo...

Cuando las cosas no se hacen en la forma que debieran, los resultados siempre son penosos, como estamos viendo.
Bicos

Anónimo dixo...

Esterco había que arrincalo do congreso dos deputados. Que para eso lle chaman AS CORTES.

mariola dixo...

Todo ten o seu proceso, non sei porque non deixan as cousas como están. O ciclo ten que respetarse, pero está claro que eses homes traxeados non entenden diso.
Non sei porqué, pero onde está a política todo se enguedella.
un bico forte.

Paz Zeltia dixo...

o Anónimo ése, igual é un seguidor de Tejero,
mira o dia que é hoxe...
e mira o que dí.

bicos para o anónimo (sin acritú, era por facer a gracia. Que me parece moi inxenioso o teu comentario)
E bicos para o dono da chousa, tamén.

PITEIRA dixo...

Eu non son labrador, mais fórono os meus pais, os meus avós, os bisavós...Mais esa xente de traxe e carteira descoñecen eso, nin queren coñecelo, nin lles importa moito. Só lles importa otra cousa...
Unha aperta, Chousa.
Xosé.

mariajesusparadela dixo...

Pois a min non che me importa nada que ises homes traxeados coman merda.
O malo é que nola fan comer a nós.

A Conxurada dixo...

Canta razón.

bicos con sabor a chocolate con améndoas.

Anónimo dixo...

Gracias por achegarnos a lembranza que nunca esquecemos Chousa. Unha aperta desde Madrid

Anónimo dixo...

Jajajajaja! Sabia eu que o Ester car che ia gustar...Tratase dun Novo método de ensino do ingles directamente a través do gallego. Se Che parece patentamolo, so hai que seguir pensando no vocabulario: por ejemplo,cando lle digo ao can "deita" tamen estou a falar de certo androide de Star Trek...

Filoxera dixo...

E assim continuará...
Beijos.

Chousa da Alcandra dixo...

En realidade, os que mesturan o esterco coa vida diaria Concha sonche os políticos... :-) (boeeeeno, vaaaale, algúns)

Anícome para recoller os teus aplausos Aldabra; pero se queres vir axudarnos a Pitima e mais a min a esparexer...hai unha galleta para ti!

Case todo ten unha orde e uns protocolos Ginebra. Claro que as rutinas tampouco son de todo boas... ;-)

Tés razón Mariola, que os traxeados da política enguedéllannos en mil liortas.

Pois igual era un seguidor de Tejero Zeltia; seguro que farían un bo par de extendedores.

Grazas pola visita á Chousa Piteira. Xa sabes que a porta está sempre aberta.

A min tampouco me importa María Jesús; agás cando a levo eu...jajaja

Bicos amendoados recollidos Conxurada.

Tentemos mellorar Filoxera.

Obrigado a todos e a todas pola contribución, incluso dende o anonimato.
Achégase marzo e, con él, a primaveira. Imos ver se o esterco esparexido fertilizará a terra para darnos abondosas colleitas.

busto.agolada dixo...

Os políticos: ese mal necesario... En economía andan desnortados, no demais... tamén. Pero se os cambiamos non imos mellorar moito, pero haberá que intentalo.
O esterco de Antas lémbrame un acrónimo que me ofreceron como altenartivas ás siglas dun partido político (espero que ninguén se ofenda, pois a invención non é miña, só a cito pola relación co esterco): Porcos Subidos Ó Esterco.
Apertas.

Unknown dixo...

Con todo o respecto a « O » sobra os obreiros estamonos pasando a contra