sábado, 31 de xullo de 2010

Ser

Ser galeg@ é moito máis que a casuística de nacer nun territorio. Limitalo a esta última cuestión é como definir o sangue como un líquido vermello. Sin mentir, a verdade queda moi cortiña nesa definición.
Non citar a historia que nos xunta, a lingua que nos identifica e mailo sentimento que latexa co son de Ribadeo ou do Rosal; de Cariño ou de Verín -cruzando invariablemente por Antas- ; é como obviar razón en sí mesma do existir, do ser.
E xa poden ser xacobeos cada once anos ou domingos cada sete días; que dous millóns longos de persoas somos galegas cada segundo da nosa existencia.

Voltar das vacacións a estas horas non é razón suficiente para omitir unha alusión á galeguidade que rezumaba este mes. E se mañán non é 25 de xullo outra vez, seguramente será debido a que é o primeiro de agosto. Quen dixo que non era o día de Galicia mañán tamén?

Foto: Estereotipo do ser

21 comentarios:

Marisa dixo...

Seremos galegos tódolos
días do ano, razón suficiente para sentirnos orgullosos
da nosa terra,da nosa lingua
e da nosa xente.

Bicos dende as Rías Baixas.

Isia gey dixo...

Os que nacemos en Galicia non podemos renegar do noso pobo iso está claro, tanot polo acento que sempre nos acompaña como pola morriña que con nós viaxa.

GUstoume a entrada, un saudo.

A nena do paraugas dixo...

Sempre dixen que a galeguidade do mes de xullo non ten sentido sen a galeguidade dos outros once meses, todos eles cheos sinais que a mesma Galiza vai deixando en cada cambio de luz e de son, pois SER galego ou galega é un único sinal de identidade, que pode traspasar fronteiras, pero que é sen dúbida algunha a esencia das xentes, da historia, da lingua e das terras limitadas polo Eo, o Támega, o Limia e o Miño, polo Eixo, Os Ancares e O Courel, polo Cantábrico e o Atlántico...

Pódese pedir máis?

Biquiños e feliz retorno.

mariajesusparadela dixo...

Tamén para min, Chousa, todolos días é día da miña terra.
Ás veces con ledía, ás veces coa dor de aturar "fabas" e feixós.

mariajesusparadela dixo...

Haiche unha pintada nunha rúa de Ourense que pon " Eu tampouco espero a Susan tidad"

Alís dixo...

Nacín en París e non sei onde morrerei, pero son galega. Iso non me fai mellor nin peor que ninguén. Pero tamén ninguén mo pode quitar.

Gústanme os recorridos que propós, todos pasando por Antas... ¡como ten que ser!

Bicos con morriña

Paz Zeltia dixo...

Tamén eu penso que nacer en Galicia non te fai galego.
A galeguidade é un sentimento íntimo que pode ser compartido con aqueles que un intúe que teñen un sentimento parecido.
Ser galego é unha decisión: chegado un momento na vida, un decide que é galego, xa que se sinte galego.
Agora, dígoche a verdade: o de estar orgullosos de ser galego eu enténdoo coma ser conscientes da riqueza dunha lingua propia, dun espazo terrestre belísimo, etc. pero hai algunhas cousas das que non me sinto moi orgullosa, e dende logo, non me sinto irmá de moitos que tamén "presumen" de galegos.
Iso sí, cando podo compartir ese sentimento baixo unha bandeira ou cun vaso de viño da terra, é marabilloso.

Mais entendo á xente que se sinte cidadá do mundo, non cré nas fronteiras nin nas patrias.
En certo modo, algúns que nos sentimos galegos, tamén cinguimos "a patria" á Galicia que levamos no noso interior que, ás veces, non se corresponde ca de fora.

Me parece que me liei. Debe ser o godello.

Antón de Muros dixo...

"dous millóns longos de persoas somos galegas"
Chousa, revisa os teus números ;-) ;-)

Xa sabes que somos moitos os galegos nados fóra ;-) ;-)

Unha aperta.

Antón de Muros
Galego en Bos Aires

xenevra dixo...

Regresamos os dous case a un tempo, case a unha voz. Ben sabemos que non foi pacto de escrita, así como sabemos que hai feitos que non deben pasar sen pouso, por máis que o calendario avanzase manseniño cara outro mes.
Galicia é descoñecida dende fóra, os galegos debemos teimar en que se coñeza e recoñeza a nosa historia.
Un bico de día patrio coas raiceiras ben chantadas na terra

Bolboreteira dixo...

Benvido das vacaións, espero que as disfrutases a tope.
O ser galego é máis que nada un sentimento para mi, Galicia lévase dentro.
Días de Galicia son todos, so fai falla sair a fiestra mirar e ver tanta fermosura para celebrar que se naceu nunha terra de tanta beleza.
Bicos

Eastriver dixo...

Son esas cosas del alma que merecen respeto siempre y que en la mayoría de ocasiones no son respetadas por algunos. Un abrazo catalán muy fuerte (y que me he reido mucho con la Susan que menciona Paradela).

Chousa da Alcandra dixo...

Non te me ofendas Antón, que nese longos ben caben outros dous ou tres millóns...

pitima dixo...

Ten que ser algo natural..

Durante moito tempo os galegos intentaban disimular, avergonzábanse da patria. Así foi, e todavía queda xente que o fai... que se avergonza, que disimula a súa orixe galega..

E tampouco nos enganemos, que non todos os galegos son bos. En Galicia, como no resto do mundo, haiche de todo...

Para min, o gran triunfo da galeguidade é o feito de ser, de forma natural, vaias a onde vaias, sendo igual que os demáis, nin máis nin menos, todos xuntos, cidadáns do mundo dende este precioso recuncho no que temos a sorte de vivir, que eso sí, que vivir en Galicia creo que é un premio, dos gordos!

Bico válido para todos os meses.

Chousa da Alcandra dixo...

E vai ser que entre tanto millón de xentiña, non todos podemos ser bós e xenerosos; pero a presensia desas ovellas nejras (pejóuseme o asento do lujar) fai que coticemos á alza os que sí acadamos aquelas cotas. Ou non?

matrioska_verde dixo...

que se che cae a babiña toda... benvido.

biquiños,

Dilaida dixo...

Eu teño por norma non celebrar nunca o 25 de xullo, para min o día da patria é tanto o 24, coma o 26, coma todos os días do ano. Iso de celebrar un día no ano, é como no caso do "día do pai", "dos namorados", etc...
Antas é coma Roma todos os camiños pasan por Antas.
Bicos

fonsilleda dixo...

Deixo fortes aplausos e sin pasar por Antas.
Bicos tamén

Merce dixo...

non sei polo que lembrasme aquelo de celebrar o dia dos namorados, por exemplo, ay ay ay, a min que me queiran todolos dias eh? pero coa mesma intensidade, ¡ou mais! :)

bueno, as celebracions sempre son boas, mentres un baila ou aturuxa, a cabeciña non anda preocupada coas cousas do diario. Pero si, un non e mais galego un dia, senon que e galego todolos dias :)

moitos biquiños

irene dixo...

Me encantaría haber nacido en Galicia, aunque en un rinconcito de mi alma me considero un poco galleguiña, y me da lo mismo la fecha que sea, me gusta de cualquier forma, todos los días del año, y seguro que me segiuirá gustando todos los años de mi vida.
Tengo que volver pronto, sin falta, ya tengo morriña. Ojalá pusieran el AVE, o yo tuviera alas, las de los aviones no me gustan demasiado.
Biquiños, Chousa.

Carlosm dixo...

Eu tamem penso que o dia de Galicia e todos e cada un dos dias. Com todo, mando saudos para o dia da Patria Galega neste 8 de agosto.Carlosm

Carlos Sousa dixo...

Orgullosos de ser galegos, eu inclúome neles tódolos días do ano. E sobre todo sen entrar en polémicas.