mércores, 7 de xullo de 2010

Cúpula

Do continente africano chégannos nestes días de xullo, ademáis de ríos de tinta con noticias futbolísticas, mares isobáricos cargados de elevadas temperaturas.
Para minimizar o impacto que esta situación térmica produce no organismo, nada mellor que repoñer líquidos (a poder ser con baixas ou nulas doses alcol), e non realizar actividades con alto desgaste físico.
Como complemento refrescante, tamén vos deixo a suxerencia de que deades un paseiño baixo esta magnífica cúpula. Ollo; aínda que o entorno se preste, non trabucar termos fonéticamente cercanos...

Foto: Cúpula vexetal en Olveda (Antas de Ulla)

35 comentarios:

fonsilleda dixo...

Ese é a paisaxe que botei de menos durante tantos anos nestoutro paisaxe. Aínda que volvese a intres, aínda que permanecese na memoria miña, aínda que soubese que por aí seguía e podíao recuperar.
Polo menos agora teño catro ou cinco carballos e parece que volvín.
Entusiásmame o mar, encántame a súa música e o seu sol, pero iso...
Fermosísima cúpula a túa hoxe.
Bicos

Paz Zeltia dixo...

ups! demasiado tarde!
xa tomei unha copa de viño coa comida (en concreto un mencía Ribeira de Pantón -ando probando, volvín coa afición)
mais penso que non me deshidratarei, porque NA CORUÑA hai un clima moito máis benigno ca en ANTAS DE ULLA XD

Porén esa cúpula, pega gana de andar por ela...
(a falta de cúpula irei darme un baño)

despois toca analise sociolóxica e psicolóxica dos conxéneres ante a unica cousa que tén importancia hoxe en Egpannnnña
:D
en fin, que collo billete para canto tren hai!

feliz tarde para tí e comentaristas!
(sexan futboleiras/os ou non)

Ginebra dixo...

jajajajajaja, no trabucaremos termos fonéticamente cercanos!!!! aunque sería un buen sitio para ello en las cercanías de esta cúpula vegetal...
Besos cargados de "elevadas temperaturas".

mariajesusparadela dixo...

Que fermoso sitio para cupular.

A.C. dixo...

Esa si que e unha cupulaaaa.
Que fresquiño debe correr por ela co calor abrasador que vai hoxe.
Bico

Maribel-bel dixo...

Compre decir que falta esa historia de amor que constrúes co dominio da lingua e as paisaxes. Ollo, non confundir termos. Unha aperta.

A nena do paraugas dixo...

Está ben que avises sobre o de non trabucar vogais. Mudar o fonemas das palabras, mellor para exercicios de discriminación fonética e, a poder ser, empregando palabras que non leven á confusión.
A suxestión eu que fas é tentadora. Mágoa que nesta cidade a ninguén se lle ocorrese facer un paseo de carballos. Non. Ocórrenselle camelios e outras árbores das que non sei o nome, que son moi fermosas, pero que non axudan nadiña a refrescar este forno.
Non sei che faga caso e vaia dar un paseo baixo esa cúpula.

Biquiños torrados.

Cuspedepita dixo...

A advertencia chegou tarde ;-)
Por sorte a carón da miña casa haiche lugares tan fresquiños coma ese para...fuxir do calor abrasador de hoxe.

Chuchos ;-)

Anna Mora dixo...

Ara tidríem calor asta aquí sota aquests arbres , però mes val un passeig a la ombra que a ple sol .
Preciosa imatge !
Salutacions des de Catalunya .
Anna

Eulogio Diéguez Pérez (Logio) dixo...

Para cupular vale calquera, ja, ja.

xenevra dixo...

Abafada pola calor e os berros dos energúmenos que enarbolan escudos e bandeiras (pouco vermellas por certo), ficarei un cachiño enredada nos aires frescos e tranquilos que veñen da cúpula. Tampouco me asustarei se oio algún besbellar que non proveña de árbore senón d ehumanos.

Alís dixo...

Tamén me chegou tarde a advertencia. Fóiseme o subconscente cando vin o título, a pesares da recomendación de non realizar actividades con alto desgaste físico.
Polo de agora, só cumpro con iso de non beber alcol, aínda que penso que por poucos días, porque a volta á casa, aínda que sexa temporal e en circunstancias pouco alegres, ben vale unha celebración.

Bicos con cÚpula

Dilaida dixo...

A esta cúpula vaille moi ben o poema de Celso Emilio Ferreiro

"O berce foi antes árbore.

Berce da árbore foi o vento.

A árbore fillo da terra,

danos sombra e alimento.

Árbore, a porta da casa,

árbore, o estrado e o teito,

árbore o carro e a mesa,

árbore, a choiva no vento,

árbore, a caixa do morto,

árbore, a fiestra e o asento,

no medio só silencio.

A nosa casa é unha árbore.

Casa da árbore é o vento

que pasa peleriñando

con ledos paxaros dentro.

A árbore danos de todo:

barca, teito, enterramento.

O mundo semella unha árbore

plantada no firmamento.

A vida parece unha árbore,

no medio tan só o vento".

matrioska_verde dixo...

sabía eu que o de cúpula tiña retranca... recoñezo que ó ler o título foi o primeiro que se me veo ó maxin.

e que teño moita clorofila pola veas, debe ser iso.

encántanme eses camiños tupidos e tapados polo ceo co verde que se escapa das veiras... é unha sensación moi agradable e refrescante.

que gañas de saír ó campo.

biquiños,

busto.agolada dixo...

Amigo Chousa, fermosa invitación para evadirse dos rigores estivais. Eu que ben esas vosa cúpulas estou agardando o momento para "cupudalear" (permíteme a licenza sen cambio de vogais. Todo xunto sería excesivo) polas túas terras. Aproveitarei para facerche visita en vivo e en directo.
Moitas apertas.

Mer dixo...

fermosa a cúpula, moi axeitada para trabucar termos

susana moo dixo...

Unha gozada cupular con ista calor, qué ben debedes de facelo aí en Antas.

Chousa da Alcandra dixo...

Vaia tarde!.
Lustriga comoa se botasen foguetes anunciadores de festa polos arredores todos. Fenosa (agora con acento catalán...) ándame apagando as luces cada dous por tres. Din que os equipos informáticos son moi sensibles ás descargas eléctricas e non convén telos enchufados á rede mentras tantos kilovatios poden engancharse a ela. Así que veño de tapadiño a seguir recomendando a cúpula e que cada quén lle poña a vogal que lle conveña...

Raposo dixo...

Home unha cópula na cúpula non creo que axude moito a baixar a temperatura corporal, pero por probar...

Carlosm dixo...

Se nom me engano tenhoche pasado eu ben veces por ese sitio.
Ti sempre andas con landainas que xogan coa fonética, despois nom te queixes se te chaman verderolo. Apertas. Carlosm

ALBINO dixo...

Non cites, ao falar de Africa, o futbol xa que estou del ata os collons. Hoxa na tele a grande figura foi Puyol e o seus gol pminar a Alemañan.
¿Pero é que non hai outras cosas de que falar?
Penso que o pior de todo é que se fala de aquelo que o pobo quere e aí estan os índices de audencia.
O pior e que aos lusos botaronos pronto, e refírmo os que se expresa cun "galego mal falado", Brasil e Portugal. Creo que hai un galego en Suiza, que tame´n o botaron fora.É un fillo de emigrante que leva a nosa sangre. O que pasa é que en suiza hai moitas mixturanzas de sangre así que conta poco.
En fin, entre Belxica e España prefiero que gane España e para o terceiro posto prefiro a Uruguai maís que Alemaña. Ao fin e ao cabo en Uruguai falei ainda bastante galego porque cando eu vivín ali, existía un Centro da Cultura Galega. Non sei se seguirá.
Unha aperta e perdona polos erros, xa que xa me esquezo, por falla de habíto, de escribir na nosa fermosa lingua.

Zeltia dixo...

É verdade, fas ben tornar dos raios o ordenata; a min fundeuseme a fonte de alimentación hai uns anos durante unha tormenta, e iso que o tiña apagado!, pero estaba enchufado. Agora teño un enchufe que (se supón) que o protexe desas cosuas... pero non me fío. Tan pronto hai tormenta, desenchufo, modem incluído!.

(Na Coruña tivemos toda esa parafernalia da natureza esta mañán, cedo, á hora de ir traballar, ate escribín diso na miña última entrada)

Trasno dixo...

uiiiiii esas cúpulas son o meu medio natural. dame as cordenadas que alá vou.

Marisa dixo...

Unha cúpula fermosa
na que poder tomar
uns groliños frescos
de alento nestes días
nos que a calor non
nos deixa respirar.

Biquiños da beiramar.

anto dixo...

A cúpula vén merece uns carballos xeitosos para repoñer e Antas, afortunada, aínda conserva.

Agora xa sei, cando vaia a Antas teño que ir acompañado.

pitima dixo...

A cúpula está ben, pero para refrescarse nada coma o río, ou unha charca inda que sexa... E xa no líquido elementoa se verá se hai cópula ou non...

Non é por fastidiar, pero haiche cúpulas con menos manchas de sol que esta, ven oscuriñas, misteriosas, que invitan a refrescarse, a explorar, a meterse... E case sempre cerca desa fervenza escondidiña, pouco accesible...

Pozo Caído, Entrimo, Ourense, hai uns anos... Aisss qué ben se estaba... a pesares do camiño cheo de vexetación e fauna case irreductible, pagou a pena...

http://www.panoramio.com/photo/21090013

Bico á sombra.

BK dixo...

Dende logo, prestase para un paseo relaxante......

Harmonía dixo...

Certo! Nada máis refrescante e relaxante como camiñar baixo unha cúpula vexetal en días de elevadas temperaturas coma os desta semana. Temos sorte que pola nosa terriña aínda contamos con moitas bóvedas vexetais.

São dixo...

Que Espanha seja amanhã campeã na África do Sul.

Bom fim de semana.

MartinAngelair dixo...

Chousa as siglas: Buenos Días Corazón Chousa,... en galego tamén vale a intención e as iniciais.



En canto ó centro xeográfico de Galicia, no meu caso, vivido con iniciais e sentido,...abrangue un radio máis extenso que abraza Silleda, e no presente Bandeira.



De cúpulas, con ríos vividos vestida,...e escoitando o amancer en terras de pedras dos que saben tropezar sin lastima-las,... ?


(...camiñei moito por esas latitudes e altitudes...)




B.N.C.Ch.
B.

susana moo dixo...

Pero chousa, qué pasou co meu comentario? que deixeino o outro día e non o atopo....
E de qué falaba? de copulas, claro, de qué ía a falar? Creo que elucubraba sobre as cópulas nesas cúpulas de Antas.

paideleo dixo...

Eu fun safando traballando de noite, durmindo pola mañá e bebendo muito zume, auga e cervexas pola tarde mentres o ventilador soplaba e soplaba e o coche consumía freón.
Semella que o máis forte pasou.

Merce dixo...

fermosa e refrescante "cobertura" ofrece esa suxerente "cupula" :)

mais bicos frescos

Filoxera dixo...

Boas sugestões...
E parabéns pelo título mundial.
Beijinhos.

irene dixo...

Con esta tremenda ola de calor, dan ganas de cobijarse bajo esa cúpula, sin excesos y sin cambio de letras, que da mucho calor, aunque pensándolo bien, ahí, con el fresquito...
Moitos bicos.