mércores, 9 de xuño de 2010

Adaptación

Domados polas circustancias cotiás remexémonos con rosmonas protestas, mentras denunciamos as escasas posibilidades de estarricar os pés dentro do habitáculo que contén as nosas ledicias (moitas) e miserias (algunha tamén hai).
E patalexamos coa semántica e xesticulamos con vehemencia pedindo amplitude. Ás veces chegamos a sacar a navalla da ameaza para amosar unha capacidade agresiva que, coma a tona do leite, queda case sempre na superficie.
Tanta leria para que, chegado o caso, cando nos ceiban da cadea o único que se percibe é o ben afeitos que estabamos a aquel espazo que nos esmagaba e que agora, carentes del, corremos un serio risco de desintegración por espallamento. Podemos chamarlle perfil ou incluso intelixencia; pero en realidade so é adaptación.

Foto: E agora qué?

30 comentarios:

Marisa dixo...

Teño oído que no poder da adaptación está a
intelixencia do home,copiando un pouco dos animais, tanto máis resitentes canto mellor é a sua adaptación ó medio.Pero tamén pode acontecer que despois de vivir nun sitio tan reducido, que nos pase igual que ós bonsais,que suframos
algunha sorte de ananismo.

Moi boa entrada

Biquiños

Carlos Sousa dixo...

Pois agora... agora ter que tirar coma se poida, adaptándose ou non...

Raposo dixo...

Se algo temos os seres humanos é capacidade de adaptación, por eso sobrevivimos ó periodo glaciar, á pesta negra, á invasión napoleónica, as cancións de George Dann, ó fato de políticos que temos que aturar. Tamén sobrevivimos en habitáculos de trinta e poucos metros cuadrados, creo que lles chaman pisos.

xenevra dixo...

Supoño que ás veces o intelixente é mimetizarse coa maceta e medrar todo o que se poida dentro dela, pero debo recoñecer que é algo que me custa moitísimo (por non dicir que é tarefa case imposíbel en min). Supoño que non podería recoñecerme no espello con outra forma e, de facelo, acabaría por crer que son unha maceta e non o eido onde medra a nova vida. Ollo que con estes días de choiva se a deixas fóra da maceta pode volver ao seu ;)

vieira calado dixo...

É bem verdade que o português

e o galego

são línguas irmãs!

Bjs

A nena do paraugas dixo...

Levas razón. Boa e certeira entrada.
A clave da intelixencia (emocional ou adaptativa?) está en sacar partido ás oportunidades que nos dá o medio e encaixar o noso perfil nas circunstancias.
Pero non é esta unha intelixencia derivada do propio C. I., o cal pode ser moi alto, pero non servir para nada máis que para resolver complexas ecuacións matemáticas, senón desa outra sutil que nos rosma cando é rendible sacar a navalla ou ensinar os dentes, cando debemos sorrir, ou cando temos que aproveitar o buraco que a maceta ten para drenar o exceso de auga, para estirar os pés e que sigan medrando as nosas raíces.
Véñenme á cabeza retallos das vidas de John Nash, ou David Helfgott, persoas ás que o seu C.I. non os salvou da desadaptación.
Claro que, ás veces, é o propio perfil o que couta as posibilidades, polo cal sempre necesitamos ao noso carón alguén que nos axude a evitar a desintegración por espallamento. Ou polo menos que siga canda nós, se nos chegamos a desintegrar.

Biquiños.

P.D.: Hai chuvias das que o paraugas non protexe.

MartinAngelair dixo...

E agora pode, ou poda,...

...que nada con todo.







Buenos días Chouda y besos.




(espectacular tu imagen, de corazón que sí)

Dilaida dixo...

É de somos animais de costumes, pero de cando en vez non vén mal sacar os pés do testo, aínda que sexa un risco. O malo é cando nos vemos obrigados a facelo, as imposicións non lle gustan a ninguén.
Bicos

irene dixo...

Al final siempre acabamos adaptándonos, por la cuenta que nos trae, instinto de supervivencia, yo estoy encogidita por mi raquítico "espacio vital"

Un ramalazo felino seguro que tengo, por algo nos llaman gatas a las de Madrid, ¿no lo sabías?
Biquiñios, Chousa.

fonsilleda dixo...

Calquera día tes que contarnos que chega primeiro o pensamento, a reflexión ou a imaxe que, logo, con cachaza, meditas, retorces e soltas o atinado pensamento.
Aínda que, non che vexo eu buscando unha planta sen testo para adornar a reflexión.
E, onde quedaron os inadaptados estarricando sempre os pes?
Bicos

Anónimo dixo...

Xa se sabe: o home e un animal de costumes. Agora que as cousas mudaron empezan a readaptación e os problemas.
Sobreviviremos, sen dúbida.

paideleo dixo...

Estamos tan afeitos a adaptarnos que ata o síndrome de Estocolmo semella normal.

seymour dixo...

Certo, certo, porén, rosmar e sacar a navalla de cando en vez acouga a bile, digamos que ven sendo algo así coma unha hixiene vital. E tal.

Carlosm dixo...

Tes-nos a todos nun sinvivir Chousa. Eu tamben quero saber se primeiro e o ovo (foto) ou a galinha (reflexion). Já vai sendo hora de que nos digas.

Eu nunca me estarrico abondo. Contenhome de jeito adaptativo todo cando poido. E tu?. Saudos. Carlosm

Bolboreteira dixo...

Adaptarse ou morrer...que di o dito..
Pode que a clave para unha boa adaptación sexa tomar os cambios como retos e non como amezas. Tal vez,¿non? eu penso que si!
Bicos!

Paz Zeltia dixo...

Un post na máis pura línea do teu blog:
reflexión con foto axeitada e/ou viceversa. (Unhas veces máis atinadas ca outras, pero sempre interesantes de ler, e das que se poden extraer conclusións personais, aplicando a reflexión a un mesmo)

[xa te vexo publicando un libriño nalgunha editorial dos de "Conócete a tí mismo"]

A de hoxe gústame especialmente, está moi conseguida, e pode aplicarse a calquera eido da nosa vida!
(Ten un puntazo o que di Paideleo. E o do bonsai... No, se os comentarios tamén paga moito a pena lelos)

Déixoche un bico, Chousa, nesta tarde de choiva, mentres penso para o meu coleto que ainda que chegue a ser grande coma América, é certo que todos precisamos un "continente"
-

Maribel-bel dixo...

O de adaptarse sona a rendición, supoño que cansamos de botar os pes fora da maceta, cansamos de que os ideais cada vez sexan menos visibles. Encima chove coma chorar. Unha apertiña

pitima dixo...

Non me colleu o coment... aisss..
A ver, repito:

Claro que temos que adaptarnos, que remedio que queda, pero eu penso que máis que a adaptación, é máis característico do ser humano o inconformismo. E non digo que estea mal, que conformarse é estancarse, pero ás veces poñémonos rosmones de máis.

Que somos coma os gases, que tendemos a ocupar todo o volumen disponible, e tamén coma as plagas, que se espallan por doquier se as deixan... jaja

Hay que ocupar o lugar xusto, nin máis nin menos, a xusta medida.. jajaja a ver quen é o listo que a atopa.. jaja

Bicos adaptados a maceta que lles poñas.

Chousa da Alcandra dixo...

Hai moito xigante corporal que é un bonsai cerebral Marisa.

Agora é o momento de poñer en práctica os poderes de adaptación Carlos Sousa.

Eu con Geoge Dan aínda non me dei adaptado Raposo.

O corpo case nunca nos pide que fagamos o intelixente Xenevra.

De seguro que o dis polo que non digo, pero percíbese Vieira Calado.

O burato de drenaxe é algo que sempre hai que ter en conta Nena do Paraugas.

Baixei moito a cámara, so é pura realidade MartinAngelair.

E se non son os pés os que sacamos do testo, será máis delicto Dilaida?.

Eu pensaba que vos chamaban madrileñas, Irene :-).

Os inadaptados andamos na procura de macetas sen testo para postear Fonsilleda.

Estou con vostede. Habemos sobrevivir, aínda que sexa espallados Kaplan.

Esto sería o colmo da adaptación, se chegamos a ver normais as anormalidades Paideleo.

Se para os humanos cabrearse é hixiene vital, cal será para as cabras Seymour?

Remedio sempre queda, pero é moi complicado de aplicar; á que si Rula.

Ti podes imaxinar unha galiña sen ovos -incluso estarricado- Carlosm?.

Algunhas ameazas trócanse en oportunidades que convén aproveitar Bolboreteira.

Ti,que vives na cidade, podías presentarme ó editor de "Nosce te Ipsum" Zeltia.

Rendición é un verbo inconxugable no mundo das macetas Maribel-bel.

Que bonita che quedou a repetición, incluso con alusións gaseosas Pitima.

HADEX dixo...

Pois eu téñolle pánico as adaptacións....nalgúns casos parécenme nocivas para a saúde mental.....por exemplo no que se refire a condicións de traballo ...non, non é bon adaptarse....

Anónimo dixo...

Iso e agora qué ?
A comprar unha maceta nova Chousa !
Por certo moi bon o queixo e o pan da Ulloa !

Alís dixo...

O peor é que por máis que protestemos, nos rebelemos e loitemos por máis liberdade, estamos tan afeitos ao espacio reducido que cando por fin acadamos unha apertura non nos afacemos a ela. Non damos feito ben de nos e temos que voltar á maceta.

Bicos con moito espazo

Ginebra dixo...

Adaptarse siempre es más práctico que nadar a contracorriente (que es agotador). La capacidad de adaptación no deja de ser, en mi opinión, una virtud que algunos desarrollan mejor que otros.
En situaciones críticas como las que vivimos creo que se hace necesario, Chousa.
Te dejo bicos.

susana moo dixo...

Dentro do ventre da nai estábase ben, pero estivo mellor sair e espallarse e chorar e rir e ir adaptándonos toda a vida.
Agora qué? Agora máis.

A foto é boísima, Chousa.

Chousa da Alcandra dixo...

Talvez atopando un punto intermedio (unha maceta fleixible), Hadex?

O pan non precisa moldes, pero quéntanlle as entrañas de moito carallo, Anónimo...

Si, e hai veces nas que case pediríamos que lle desen a volta á maceta, Alís.

Nunca esquezas o buratiño de drenaxe da maceta. Pode servir para sair e tamén para entrar Ginebra.

Seguiremos explorando mundo, rachando macetas e buscando motivos para a ledicia Susana Moo.

matrioska_verde dixo...

adapatarse es sobrevivir porque si no acabaríamos siempre frustrados.
bicos,

Chousa da Alcandra dixo...

Pero resulta máis doado amosar ledicia, por iso ímonos adaptando Aldabra

Camila C Valadares dixo...

Que idioma é esse? Espanhol?

Chousa da Alcandra dixo...

Na Galiza falamos a lingua irmá do português: o galego Kamy

Seymour dixo...

Humanizarse? Teño un dez no exame?