Se todo fose plano andaríamos ateitiñando coa vista para ver canto máis lonxe mellor, ainda que nesa teima acabásemos cos mecanismos de enfoque dos nosos olliños (xa sei, algunhas teñen ollazos).
E prescindiríamos do esforzo na subida e descoñeceríamos a recompensa de deixarse levar pendente abaixo.
Se todo fose plano a música sería un son monocorde e apático que se escoitaría igualiño que o berro dun corvo vello.
E todo sería dereito, polo que nunca poderíamos apreciar a beleza das curvas que se debuxan ó camiñar...
Menos mal que todo é como é, aínda que ás veces para salvar certos desniveis, haxa que buscar solucións tan sinxelas como...adosar unhas escaleiras!
E prescindiríamos do esforzo na subida e descoñeceríamos a recompensa de deixarse levar pendente abaixo.
Se todo fose plano a música sería un son monocorde e apático que se escoitaría igualiño que o berro dun corvo vello.
E todo sería dereito, polo que nunca poderíamos apreciar a beleza das curvas que se debuxan ó camiñar...
Menos mal que todo é como é, aínda que ás veces para salvar certos desniveis, haxa que buscar solucións tan sinxelas como...adosar unhas escaleiras!
Foto: Desniveis en Melide, a trinta e poucos Km de Antas de Ulla
45 comentarios:
Miña naiciña!!! Pedazo de adosamento...non sei por que me lembran ás escaleiras dunha Igrexa...
Ao mellor trátase dunha alegoría mística relcionada coas pirámides ou vai ti a saber.....
Deixácheme abraiada con esa foto!!!
Bicossss
Miro esa fotografía e pregúntome se terá un sótano oculto :P. O que sí está claro, e que por moita inundación a auga aí non debe chegar! :P
Acho que este post tem pontos comuns com os meus mais recentes.
:-)
Um beijo. (aqui ainda não chove, mas ameaça a qualquer momento...)
O dos desniveis é como a balanza do ben e o mal, pero a explicación non acaba de convencer.....de seguro que nos acostumbrabamos ben rápido ao ben....ou o millor non. Os domingos non son para poñerse filosóficos.....
Con esa pedazo escaleira mais ben parece a porta dunha igrexa e non a de unha humilde casiña.
Bo domingo.
Se non houbese desniveis non habería tampouco ese miradores onde hai unhas vistas panorámicas para plasmar tras os enfoques da caixa oscura.
E dicir, que si a Ribeira Sacra fose unha chaira, non habería viño, carallo!!. Dixen.
Saudos.
Coñezo a casa e o desnivel: sempre pensei que era a consecuencia de os viciños de arriba non se entenderen cos de abaixo. Saúdos
Tes moita razón, non quero nin pensar nese mundo todo plano, meu deus!. Inda que compre ter "cuidadin" pois a moitos gustaríalles acadar esa chaira baleira no mundo do pensamento.
Agora que esas escaleiras con unhas macetiñas con xeranios e carabeis nas beiras quedarían moi ben jejeje.
Xa non é a primeira vez que o digo, aquí e noutros sitios, que ás veces me repito como ó allo, pero e que é verdade, que non hai nada dereito, e que está ben así.
Nen sequera o horizonte, nen sequera a liñas rectas, que non son tal, que son, e aquí repítome moito: curvas de radio infinito..
Relativismo, perspectivismo, mentiras...
Nada del todo dereito, nada del todo verdade, e argallaremos solucións para non caer neste mundo de suelos desnivelados, mentirosos...
E que temos que vivir, e intentar non aburrirnos... así que sí, mellor así.
Bicos, non tan destartalados como esa casiña e esas escaleiras...
Espero que os donos nos fosen coxos.
Ao mellor fixeron 13 escaleiras por algo, igual son/eran supersticiosos.
Bicos
A ventaxa e que por un lado hai menos escalons que polo outro :)
Pero que bo ollo tes :) E que non atopo agora no meu arquivo unhas escaleiras que vin en Pada do Sil porque ibas rir un cachiño.
Unha aperta.
as escaleiras como solución para salvar desniveis é un invento boísimo.
pero hai quen as pon adrede, para que sexan precisamente "o" obstáculo a salvar. non tés mais ca mirar as entradas ostentosas de algúns palacios, coas escalinatas feitas para realzar "a grandeza" dos donos.
e de acordo en que se todo fose plano (como sinónimo de llano) todo sería moitísimo máis aburrido, pero aínda sería pior... que houbese un só "plano" no sentido dimensional da realiade)
Todo é subxectivo. Dígoo polo paréntese.
Pues si, el desnivel nos hace tener distintas perspectivas, genera movimientos, formas, sonidos, colores... si todo fuera plano, recto, igual, ummm qué aburrido! Además con los desniveles tropezamos, y aunque a veces duela, ¿no es divertido tropezar?
Me encanta la foto, ahora, pobre del que tenga que subir el carro de la compra por ahí o un día vuelva borracho a casa... uffff ;)
bfletes sin nivel ni medida
Se todo fora chan sería aburrido de carallo, de cando en vez non está mal subir ou baixar algunha escaleira que outra... tampouco está mal o ascensor...jijiji
Biquiños rapaz.
Cando Chousa fala hai que escoitar tamen cando non di nada.
Gostaria eu de conhecer a que curvas se estará a referir cando di que "se debujan ó caminhar...". E que as curvas das estradas nom hai quen as debuje nin de conha asi que já me contarás.
Carlosm
A grandes males grandes solucións.Pedazo de escalinata que lle mangaron ahí. Non sería mías fácil facer a porta máis abaixo?, probablemente non...quen sabe.
Un mundo plano....nunca o pensara, pero dende logo sería todo tan direferente...e probablemnete menos fermoso.
Xa collín número, non te olvides de min.
Bicos
Non podo imaxinar un mundo plano como tampouco imaxino unha vida plana, sen a sorpresa ó saír dunha curva, ou ó chegar ó alto despois dunha longa subida. Definitivamente, sería moi aburrido, como esa casiña que sen a escaleira estaría metida no anonimato.
Unha colleita de bicos
A función das esacaleiras é salvar desniveis pero tamén cambiar prespectivas,ver ao lonxe para ver mellor,ver dende arriba para imaxinar máis fermosa a vista dende o chan,porque dende o ras vese todo igual,vivan as escadas!!!
bico.
Wau, vaia impacto o da foto. E xuraría que me soa moitísimo ese lugar. En todo caso hai que felicitar ó fotógrafo por sabela pillar así.
O do mundo plano penso que non nos gusta a naide. Sin duda, moito mellor con curvas e altos e baixos.
Bicos
Hadex: Tamén a min me teñen pinta de escalinata de Igrexa. Porque será esa coincidencia de ideas?.
Moraima: Excelente reflexión. Non so importa o que se ve, senón o que pode haber detrás (ou debaixo neste caso)
Filoxera: Sempre hai similitudes e semellanzas. Poda que por veces bebamos nas mesmas fontes.
Artabria: Son mellores os domingos (para filosofar) que os luns. Eso penso eu eh. Os luns so teño perguiza.
Logio: Certamente. Xa o comentabamos con Hadex. Ti onde lle ves esa suxerencia a templo relixioso?
Barreira: Outra razón de peso para que non todo sexa plano. A desaparición da Ribeira Sacra sería un desastre de incalculables consecuencias.
Kaplan: Pódeche ser. Eu teño visto hórreos de dous metros con ata tres portas!. Que xa manda carallo.
Mencía: Moi axeitado o toque dos xeranios. A próxima vez que pase por Melide deixarei unha notiña na escalinata.
Pitima: Deduzo que para non aburrirnos mellor con todo algo torcido?. Seguro que levas razón. A dereitura extrema non ten sentido...
Dilaida: Contaches as escaleiras!. Que detallazo pola tua parte pensar que non fosen coxos. Da gusto ter comentaristas así.
Merce: Xa vexo que lle atopaches o lado positivo. Xa que buscas, a ver se atoparas logo esas escaleiras tuas de P. do Sil. Teño gansas de rir.
Zeltia: O teu comentario é a explicación perfecta para deducir que os domingos son caralludos para filosofar. Fíxaste, Artabriña?
Marquesa Merteuil: Si, todo depende cos ollos que se mire a esoutros ollos. Machado debeu pensar xa niso...
Cris: Entrar borracho nesa casa pode ser complicado; pero a min ainda me parece máis complicado salir!
Maruxiña: Mira ti que ben reflexionou a de Chan-tada. Non hai como buscar bos atallos para esforzarse pouco.
Carlosm: A ti gústache saber tanto coma min; pero non vai poder ser desta, compañeiro. E cando calo...malamente me poderás escoitar!
Bolboreteira: Mangáronlle un feixe de pedras de moito carallo, si. Tamén hai que recoñecer que a casa sen escaleiras perdería "persoalidade".
Carmen: Case o dixen xusto antes, pero non tiña intención de plaxiarte eh. Recollo con gusto eses bicos dende a cima das escaleiras.
Vermella: Cando enriba delas hai unha moza, tamén che pode haber boa perspectiva desde abaixo... ;-)
A.C.: O fotógrafo non ten mérito. So captou o que alí había. A ti non che gustan máis os altos que os baixos? :-)
---
O servizo de respostas telegráficas da Chousa agradece as visitas e os parabéns. Seguimos vendo como chove mentras tanto.
O saír a porta e mirar
sempre dende arriba,
os dabaixo parecerían
sempre máis pequenos.
Seguramente terían
a súa auto estima
moi subida.
Biquiños.
Me encanta tu forma de describir la vida, y tu sentido del humor,estoy convencida de que eres especial.
Tento de colocar as escaleiras na chousa e non sei por onde empezar. Eso que a Chousa é ben costenta. Seguirei a porfiar. Bicos
Ais canta escaleira. Cánsome so de vela.
hai dimensións para todolos os gustos, so hai que encontrar a que nos ven mellor.
Sempre será mellor, para evitar unha vida sen tons, arriscarnos a que haxa algúns adosamentos con maiúsculas.
Sen dúbida, "menos mal que todo é como é".
biquiños
P.D. Eu son das dos "ollazos".
Eu tamen teño ollazos pero os meus non mos viches ainda
Bonito blog
Menos mal que todo no es plano, sería tremendamente aburrido en la mayoría de los casos, la diversidad es la gracia de la vida.
Preciosa foto, me gustaría tener una casita así por tierras galleguiñas.
Moitos biquiños, Chousa.
Non quero pecar de facerche a pelota, pero teño que alagar estas tres ultimas entradas, a túa forma de ver e comentar as cousas faise moi amena. Tes pinta de ser persoa de agradable conversación dá gusto pasar e conversar por estes mundos cibernéticos que nos unen.
Un saúdo
A.Cris
Marisa: Mirar dende abaixo ás veces tamén che ten a súa recompensa. Sempre depende que saia leve a que está enriba...
Kim Basinguer: Boeno, na actualidade ser especial xa non che ten moito mérito. Digamos que ímola virando...
Maribel-bel: Non fan falla escaleiras na Chousa. Aquí todos andamos a ras de chan. Estase moi ben.
Saraiba: Si, pero ás veces costa atopar esa dimensión. Claro que sen insistir...pouca cousa se logra.
Fonsilleda: Pois con eses ollazos, mellor que vaias sempre coa corta posta; que coas largas...deslumnas!
Irene: Anímate a mercar unha. Contan que seica andan moito mellor de prezo. Galiza agárdate.
Abueloscrisytoño: A conversa gústame moito; deso non hai duda. Facela amena...xa o intento; outra cousa é que o consiga.
---
as escaleiras son bo invento. nelas as mulleres sempre diante
a foto é estupenda pero de seguro que ós donos da casa non lle parecen tan estupendas as escaleiras, sobre todo si van cargados con bolsas o outras cousas.
na vida ten que haber contrastes, desniveis, diferenzas... para poder apreciar o que de verdade nos importa na súa xusta medida.
coñecín Melide cando fixeno camiño de Santiago, fai uns cantos anos... pero Antas non o coñezo.
biquiños,
Eu o que mellor entendo é que cando hai un desnivel de líquidos, para subilos o mellor é bombealos.
Aínda que as escaleiras teñen tela, deixa estar a cousa así, en vez de plano, mellor con desnivéis e atrancos, e curvas que poder ollar...Polo menos que se entreteña a vista.
Apertas.
vou já-já
] pôr uma s
es
ca
dinhas
na alma!!
~
Arela: Para ter boa perspectiva non hai mellor cousa. Xa vou vendo que ti estás moi nesa onda.
Aldabra: Un pecado ó que deberías poñer remedio axiña (o de non coñecer Antas). Nin siquera precisas escaleira para vir.
Susana Moo: E seguro que conoces mecanismos nada mecánicos, pero sí efectivos, para acadar o éxito; á que si?
Carlos Sousa: A vista, e con ela os sentidiños todos; que hai curvas que da gustiño disfrutar.
~pi: Para a alma non fan falla escadas: ela levita no ar...
isso, isso!
[ pois a minha fugiu
pra cima,
] por isso,
~
isso-isso
[ pois a minha fugiu
pra cima,
] por isso,
~
duas vezes, por isso,,,~
,
,,, :)
~
Pasiño a pasiño, con moita ilusión por chegar o cumio, deixando esforzo, sudor e a veces bágoas en cada escalón e cando chegas a última alguén puxo unha monda de plátano, entón esbaras e... o teu soño derrúmbase e volves a encontrarte no primeiro escalón outra vez...
Grazas pola túa confianza ;)
Que é a felicidade se nunca se sinte dor?....Nada.
Aledarálle saber que ao longo desta tarde colgarei un texto.
bicos de inverno.
O mundo eche ben plano,quen non é e esta maravillosa vida,que hoxe estas a la riba e mañan a la baixo.
saúdos dende aca baixo
~pi: Vaia, parece que era tan lixeiriña que se elevou no espazo. Deixaa, seguramente disfruta flotando...
Ro: Poda que non haxa quen che de un plátano,pero unha casca para esbarexer nela...sí!. (Un pracer o teu retorno).
A Conxurada: Somos tan simples que efectivamente necesitamos a dor para valorar a ledicia. Atinaches: abofé que me aleda.
Brabido: Unha montaña rusa cargada de subidóns coa conseguinte baixada. Anímate, mañán podes estar na cima de novo.
Chámanlle a escaleira de Sesto. Nela retratáronse moitos grupos. É estupenda para facer fotos de grupos, permite escalonalos en varias reas. As vellas bandas de música fotografábanse aquí. Nestes últimos días puiden ver varias.
Agora que opino contigo en que chama a atención, seguramente foi concibida como porta balconeira e máis tarde decidiron darlle saída directa á rúa para comprobar como é deixarse levar corrente abaixo ou experimentar a subida en catro pasadas.
Apertas, escalonadas desta vez.
Publicar un comentario