Antes eran símbolo da paz (se a cor resultaba axeitada). Incluso tiveron representación de carácter relixioso, de complicada e prolixa explicación. Pero agora din que hai cidades onde empezan a denominalas como ratos voadores.
Seguramente todo este cambio radical ten moito que ver co exceso de poboación do animaliño en cuestión.
Pasa como cos políticos. Que de ser salvadores patrios, hoxe decatámonos con claridade que unicamente utilizan o pombal que lles construimos para durmir e meter barullo. Mentras a cotío o único que fan é comer o que lles damos e, eso sí, cagar moito. Sobre todo fora do pombal.
Seguramente todo este cambio radical ten moito que ver co exceso de poboación do animaliño en cuestión.
Pasa como cos políticos. Que de ser salvadores patrios, hoxe decatámonos con claridade que unicamente utilizan o pombal que lles construimos para durmir e meter barullo. Mentras a cotío o único que fan é comer o que lles damos e, eso sí, cagar moito. Sobre todo fora do pombal.
Foto: Rajoy chegando. Zapatero observando
38 comentarios:
Que bruta es la gente!. Mira que llamar ratones voladores a las palomas...Eso es más adecuado para los murciélagos.
(En mi ciudad es cierto que les llaman asi, y me da mucha pena. A mi me gustan las palomas).
Un saludo. Raquel
Menos mal que aínda non mexan...
Saúdos.
Antón.
Pois eu coñezo a xente que padece a chamada columbofobia....que en Lugo ha de ser un problema porque ten estado inzado delas....Dende que vive unha parella de halcóns na torre da catedral xa non se ven tantas, a verdade....
Teríamos que atopar algo así para moitos políticos...aínda que estes son máis ben coma corvos...(que tamén me caen moi ben os pobres, estas manías que temos de animalizar á humanidade....)
Bicossss
Aiiii!! Puxen halcóns en lugar de falcóns....perdón pola falta....
Atinada comparanza das pombas cos políticos. Da rapacidad e suciedade das primeiras, teño nesta cidade (agora únenselle as gaivotas tamén) cheas de exemplos e da súa total falta de escrúpulos.
¿Fai falla dicir máis?
Pois a min tamen me chocou moito esta persecución tremenda que lles estan facendo. Efectivamente, como di Hadex, en Lugo tiveron que traer depredadores para combater o seu crecemento desmesurado.
E partindo de que cagan moito e se agora lles chaman ratas, penso que a comparanza pode valer cos políticos.Ti que propós, que o pombal sexa o parlamento logo? jajaja
Bicos Chousa
Tes razón no de que cagan moito, cagan demáis jijijij
Biquiños a moreas!!!
Pregúntome eu se alguén por "ahí arriba", por poñer un lugar.. mira tamén como a humanidade está a crecer desmesuradamente, como se acumulan en grandes cidades e van colonizando tamén os paraísos terrenales, emporcando cada vez máis o planeta... e parte do extranxeiro universal...
¿E haberá quen estea a pensar en tomar medidas?
Adicámonos a botar ós animaliños coma se nos tivésemos máis dereito a estar aquí, neste pombal...
Aissssssssssssss
Os políticos, eses son os encarregados de tomar as medidas para que ningunha especie emporque de máis....
"Corre dijo la tortuga..
Atrévete dijo el cobarde..
Estoy de vuelta dijo el tipo que nunca fue a ninguna parte..."
(letra dunha canción do maestro Sabina)
E suma e segue...
E cagar temos que cagar...
E os políticos son dos que máis "a cagan"...
Pero non debe ser doado... jajaja Ser político digo...
E despois de este galimatías que espero que entendas porque es bo entendedor... ahí che vai un bico voando!
(E logo xa mo explicarás a min mesma... jajaja)
¿Y cuando te cagan en cima?
Que rabia da.
Dos politicos non falo, menuda metáfora mais acertada.
Bicos
As gaivotas si que son perseguidas. Din que é por unha conspiración e por non sei que escoitas.
Pero eu coido que é porque ainda cagan mais que as pombas.
Saudos
jajaja, directo e na diana!
moi ben buscado ese paralelismo!
:D
Insoportables animaliños sen razoamento nin conciencia, cagadores sen miramento, traizoeiros porque non sabes cando che vai caer a próxima cagada na cachola. Claro que estou a falar das pombas, ou das ratas voadoras que voan en avión, que para o caso é o mesmo.
És un bo facedor de metáforas Chousa.
Un bico
Curiosa interpretación a da fotografía. Xa dicía eu que se me facían uns paisanos coñecidos.
Un saúdo e un canto de balea. =)
Alimentar aos símbolos é o que ten, rematan por deborar(nós).
Chousa, a súa sinatura de pedra xa habita na Shangri-la da consulta. Moitas grazas por ser tan xeneroso.
Es un mestre, si, señor... :D
Dende logo, mira que comparar a representación Trinitaria cos políticos (incluidos os roxos)...
Eso ten que pasar de sacrilexio polo menos
quando eu era pequena
comiam-se pombos ]]
~~~~~~
~~~~~
~~~
~~
~
[zero]
chorava tanto por causa dos
pombos!
fugia daquela dor e chorava, ai.......!! [ nunca pensei que pudessse um dia imaginar-se de...
políticos dis-far-ça-dos!
só agora vejo porque os estrangulava a velha sobre o regaço
num sossego absoluto
como quem entrança
... malhas!!
~
Na miña casa pasa iso coas gaivotas. Ó vivir perto do mar, poñen os ovos nos tellados e seica manchan a roupa q tenden con esmero as señoras... E claro, chaman ós servizos da limpeza, que levan os niños das gaivotas e cando volven con comida para os seus fillos, acaban piando como tolas como perguntandose onde están.
E mentres os políticos voan libres, que desastre non?
Eu aquí o que miro é unha pomba macho que vai visitar á pomba femia, non miras a ilusión nos seus ollos?
Susana Moo: Eu penso que, en realidade, a pomba femia mirábame a min. Na imaxe non pode verse con claridade, pero incluso podería asegurar que me chiscou un ollo.
Alodia: Dende logo é un agravio comparativo tremendo o que se fai. Considero que de agora en adiante había que retirarlles os ovos aos políticos para que non luxen os nosos tellados!!
~pi: Mentes preclaras que hai polo mundo, cara amiga. Ainda que compre recoñecer valor para estrangular con sosego. Ainda que sexan ratas voadoras ou paxaros arrastreiros...
in-side: Aquí chamabámoslles pichóns, pero para o arroz viña sendo o mesmo, coido.
Eu non teño probado moito deses bocados, pero sei de quen pagaba moedas de ouro por eles.
Pescadordetroitas: Non hai pecado se non hai dolo. E non o hai neste pecador consumado. Faime caso
Doutora Seymour: Criamos corvos e acaban por facer o seu traballo, si.
Fico obrigado pola cesión dun anaquiño do seu recanto na consulta para esa sinatura de Antas.
Marquesa Merteuil: Agradezo moito o título, pero son ben conscente de que ainda non pasei de primeiras raias. Eso sí, empeño poño todo o que podo; pero...non hai máis de onde turrar!
Pescador de Ballenas: A min pasoume o mesmo cando os vin. Por iso arrinquei de cámara e disparei co ánimo de capturar o momento. Despois quixen pedirlles un autógrafo, pero so escoitei un bater de alas. Seguro que tiñan un mitin noutros pombais...
Carmen: Ti tamén as pillas voando eh. E non che fai falla avión nin overbukin, nin lou cost nin rabos de gaitas.
E que cunha parroquia así...da gusto ser cura, carallo!
Zeltia: Ás veces tampouco é cuestión de dar no medio e medio. Alomenos non co primeiro "dardazo". Mellor ir facendo as beiras pouco a pouco para -chegado o caso- espetalo no lugar axeitado (falo do dardo na diana eh, que hai moit@ malpensad@ por estes lares...jajaja)
Barreira: Tés razón que as gaivotas andan salpicadas de merda esta temporada, si. A ver se foi que algunha arrimou o cu a un ventilador e agora...xa se sabe!
Ana: Eu levo chapeu (para tapar os sudores que traio da canteira); pero tamén me amolaría que me cagasen no fieltro. Claro que, se o penso ben, coido que xa me teño cagado eu en varios tornillos coas suas cagadas.
Pitima: A saber a cantidade de depredadores que nos teñen posto a nós!!!. Deprédannos a carteira, o tempo libre, o xenio e ás veces ata as ganas de f...(xastamos!).
E cando dis que te fas galimatías ainda me gusta máis, xa que así tocas a sinfonía enteira (esta vez ata trouxeches a Sabina contigo).
Maruxiña: E se a sua mera se poidera usar como esterco para as viñas...ainda cos demos; pero como a van esparramando por todos lados, non hai cristo que a dea apañado. Unha desfeita!
A.C.: E logo non che parece axeitado o parlamento como pombal?. Boeno...tamén podemos poñer o Senado. Ao final...tanto monta!
Fonsilleda: E que a merda parece que tira por máis merda (mira que me puxen escatolóxico!). Vai ser por iso que se unen pombas e gaivotas nese emporcar o mundo para que os viandantes teñamos que pisar as suas cagadas. A ver se lle damos posto remedio!
Hadex: Carallo, pois esa parella de falcóns da S.I.C.B lucense deben estar gordechos logo. Hei tentar fixarme a ver se os vexo nunha próxima visita á cidade da muralla.
E vouche disculpar esta vez a falta, xa que estamos en setembro, e non será cousa de deixarte para xaneiro...jaja
Antón de Muros: Boa perspectiva. Sempre hai que ver o lado positivo das cousas.
E que farían as pobres pombas para comparalas cos políticos ?. Se inda dixeras que a cachicha das pombas é coma os políticos...
Moi bo. Pouco me deixan que dicir xa.
A miña pequena tenlle un medo terrible ás pombas, a ver se o medrar lle pasa o mesmo cos políticos, que o paso que van, para alá poden chegar a ser terroríficos.
Apertas
Boa comparación!
Xa por extensión: políticos=ratas.
Saudiños.
Te sigo leyendo.Saludos de un gallego de corazón.
Buenas tardes noches,
Aunque no entiendo el galego, creo que lo que comentas sobre las palomas es lo que en realidad son.
Da pena que ahora todo el mundo las odie por la sisnrazón de las malas lenguas que dicen que nos pueden`pegar mas de 100 enfermedades' más digo yo `que como no sea al reves.... en fin.
Y no nos olvidemos que a la paloma torzar la cual asesinan los escopeteros enseguida comienza ya la caza).
SALUDOS y encantado de encontrar este sitio tan etico.
Desde Bizkaia:
Un abrazo.
de un Durangues.
Fas unha acertada metáfora entre pombas e os políticos actuais. Eu de pombas sei pouco e de políticos tampouco moito. Pero gústanme máis a primeiras ca estes últimos.
O que máis rexeito nos políticos é a capacidade de cinismo que son capaces de desenrolar, as promesas incribles con que nos queren engaiolar e que se dediquen máis a desacreditar ao adversario ca en construír para a sociedade. Son un mal necesario que sufrimos e padecemos. Poucos se salvan.
Apertas.
Imaxinas que un día de festa, en troques de facer unha solta de pombas se fixera unha de políticos?
Antes de existir o correo electronico houbo a pomba mesenller
PRAADIANTE
Paideleo: E que ultimamente cando a collen con alguén...acribíllano (Belén Esteban sabe moito desto, seica. Miña periquiña). Eso sí, excretar excretan de moito carallo eh!
Carlos Sousa: Eu tamén coñezo xente que lle ten fobia ás aves en xeneral. Supoño que o tacto das plumas provoca certos rexeites. Vai ti saber!. A tua nena ainda é moi noviña e seguro que superará temores infundados que todos temos.
Bolboreteira: Olliño coas igualdades, que as regras de tres somente se dan nas matemáticas. A semántica é moito máis perigosa.
Claro que neste caso que dis...poida que teñas razón!
Mariano Santiso: Galicia se construye no solo con los gallegos de aquí. Nadie podría entender hoy Galicia sin toda la diáspora.
Mi blog, evidentemente si; pero me agrada vuestra presencia.
Unha aperta!
Iñigo: Benvido á Chousa.
Es bien cierto que seguro que somos nosotros quienes contaminamos. El efecto boomerang de ese daño pueda que no seamos capaces de atraparlo con las manos...C'est la vie.
Gracias por tu piropo "ético".
Busto Agolada: No medio de tanto político, algún hai bo.
De tantos bandados de pombas que surcan o ceo (ou pululan nos parques), hai algunhas branquiñas que da gusto velas e botarlles uns "gusanitos". Ou non?
Anónimo: Se os déramos "pillado"...ti cres que habería festa digna para soltalos?
Brabido: Ostia!, Mira ti de onde foron copiar o asunto do Messenger. Das pombas!!!. Estes americanos sempre tan sinxelos e primitivos. E nos aquí dándolle voltas ó coco para artellar un nome con forza sintáctica.
Non hai como o simple. Se creas un programa informático interesante...chámalle "Ventanas". Éxito seguro!
O das pombas eu em Santiago nom as vejo muito, e em Pantom quando vou tampouco... así que nom tenho nada contra elas. Bom na praça de vigo em santiago aínda há bastantes mas eu nom vejo que os animalinhos se metam com ninguem..
Em quanto o do alfareiro imos ter que fazer-lhe logo coma os galácticos de Florentino, cobrar-lhe o 50% dos seus ingresos publicitários por dar-lhe nós a sona, ou cobrara-no-los el a nós? xD
Umha aperta!
...ostia; pois en Compostela toparon cunha rapiña que lles está a facer a vida imposibel...
Unha boa comparación.
Estou dacordo,e
sobre todo no final.
Unha aperta.
O sindicato de pombas agradecen enormemente o alegato arriba escrito, e propoñen a todos aqueles que algunha vez comeran pombas estofadas, que as cambien por un político...eso sí, recomendamos que os teñan no forno 20 minutos máis porque a mala leche sempre fai que a carne sexa máis dura.
Un bico juapo!
Ista comparanza é xenial,a mín dende nena dánme arrepios as pombas e dende fai un tempo os politicos ....
bico.
Raiz Verde: Faille ti a proposta ao alfareiro, e de paso xa lle pagas tamén (no caso de que queira cobrar). Se aviñese a pagar avísame que imos a medias...
Manuel L. Rodrigues: Pois estiven non fai moito por Compostela e ainda vin uns cantos bandados delas. Por San Caetano non fun, pero seguro que tamén había...
Marisa: Pois din que as comparanzas son odiosas jajaja.
Chusa: Estiven mirando se o que me mandas é un bico juapo ou me chamas juapo. Ambas cousas resultan do meu agrado, pero se poidera escoller...escollería!
Vermella: Pois mira ti onde fun eu conxuntar dúas fobias tuas. Esto é o que se chama capacidade organizativa.
A ver se para a próxima vez son capaz de xuntar dous matices que che resulten agradables. Admito pistas.
O que máis me fastidia é o que pos como título da foto:
Rajoy chegando (eespero que non sexa así) e Zapatero observando (por desgraza é así)
Carlos Sousa: Non te preocupes moito, compañeiro, que os pombais mudan axiña de orientación e as pombas...tamén.
Publicar un comentario