martes, 6 de xaneiro de 2009

Realidade

Reiteradamente emiten mensaxes para que pensemos que somos a elite do mundo, que sabemos como se chega á Lúa, que estamos a piques de chegar a Marte e que o código xenético da mosca non ten misterios para nós.
E agasállannos para os ollos moitas luces de cores, debuxan unha autoestrada debaixo dos nosos pés e proporciónannos a ilusión de ser posuidores dun vehículo cunha potencia motriz capaz de acadar metas absolutamente incribles...
O carallo é cando hai que pagar un combustible monopolizado, a luz que non gastamos, a peaxe que xa vén imposta e mailo arrendamento financieiro do medio de transporte proporcionado.
Entón decatámonos de que, en realidade non nos movéramos do sitio, e coa vértixe da suposta velocidade atopámonos cun mareo considerábel, agarrados a un fueiro do carro que nos venderan coa etiqueta "Fórmula I". E a realidade esbóuranos nos fuciños con intensa e arrítmica musicalidade.

Foto: Entre onte e mañán.

22 comentarios:

CriS dixo...

Ummm interesante la foto del carro (precioso por cierto) que mas que entre el ayer y el mañana yo lo veo entre dos bancos (el pastor y la caixa)... Claro que uno de los bancos sea el Pastor también tiene su coña...

Como dice una vieja canción:
"Porque no engraso los ejes
me llaman “abandonao”;
si a mí me gusta que suenen
pa´ que los quiero engrasaos"
"Es demasiado aburrido
seguir y seguir la huella,
andar y andar los caminos
sin nada que lo entretenga."

Pues eso, que si hacemos girar nuestros ejes como nos dicen que debemos hacerlo, seguramente dejen de gustarnos. Mejor ser conscientes de la realidad y así no habrá ni bofetón, ni decepción ni luces que nos deslumbren. Ojalá mis ejes no dejen de chirriar!

Bicofletes por los caminos

Paz Zeltia dixo...

canto tempo sin ver un carro deses!(nosos) (por certo, ¿qué son eses aros que leva cada un dos fungueiros do carro?)
sempre traes unhas fotos moi sorprendentes!

Chousa da Alcandra dixo...

Moi garimosa a cántiga Cris.
Cando os carros ían moi cargados decíase que cantaban e que había que "engrasarlles as troitoiras". Pois eso, xa que o desexas...que as tuas troitoiras nunca deixen de cantar.
E o feito de que ese carro esteña entre duas Entidades financieiras venme moi ó caso para o que conto. O que pasa é que eu sempre lle dou algunha volta de máis...jajaja.

Pois os aros que chamaron a tua atención Zeltia resulta que son uns soportes que lles puxeron aos fueiros para colocar neles macetas. O carro está alí en plan decorativo, o que pasa é que estas noites de xeada decidiron -con bo criterio- poñer as flores a bo recaudo.
Alédame que che sorprendan as miñas fotos.

Deambulando con Artabria dixo...

Pois mira, con dicirche que algúns reis magos chegan ás aldeas galegas montados nun tractor.....Se é que en Galicia somos así de enxebres.....Vivamos como galegos!! (qué carallo!)

Gretel dixo...

Ti sabes, Chousa, que habelas hainas. Que no mundo das hadas e os trasnos non fai frío nunca, aínda que falte todo combustible. Teñen sangue, por todos.

paideleo dixo...

Parte da crise vén disto que comentas: déronnos un caramelo e dicían que podiamos pagalo a prazos...e hoxe non temos nin para pan.
O carro é precioso e non me extrañaría que nun futuro teñamos que volver a eles.

LM dixo...

hihihi! os carros som como a gente...mira que som distintos aos carros de aqui. o meu tinha uma bancada e podias ir sentada enriba das rodas escutando como renxiam e os fungueiros só se ponhiam quando tinhamos de ir à herba seca.
linda foto.
beijos de ano novo

Barreira dixo...

Como me soa a min ese carro tu. En fin, quen lle ia dicir ao carro que ia estar decorando un camiño todo engalanado de luces e sen bulleiro. Entre onte e maña non sei que elixiría o carro este.
De todos modos é un bon xeito de manter vivas vellas tradicións.
Saudos cordiais.

Anónimo dixo...

Chousa,

Prefiro acoguar nese carro da foto, renquear entre as silveiras, tropezar coas rodas nas pedras...mentras outros aceleran polas autoestradas, pelexánse polo ultimo trapiño de moda...pero non teñen amoras á beira do camiño...

Anónimo dixo...

Eu teño visto carros e apeiros decorando xardíns de mansións. Os "ferraris" na porta. Non sabemos nin o que temos nin o que queremos, como non imos estar mareados?

HADEX dixo...

Con ese vehículo aparcado diante ou entre dous bancos......bufff mais vale que non vaia a pedir un préstamo.....je je je


Agora en serio, o carro e a foto, chulísimos coma sempre. Bicos!!!

Son Unha Xoaniña dixo...

Pois mira contáchelo tan ben, que pouco mais se pode engadir, so quedan loubanzas para o carro da foto, que como din por aquí arriba se cadra hai que voltar a él
Bicos.

pitima dixo...

A mín gustábame xogar no carro do veciño cando estaba fora de servicio... jajajaja, xunto coas amigas do barrio. Teño unha foto da Primera Comunión montada nel... jajajaja, coa melena ó aire... coma se fose un descapotable! (e ademáis érao eh!!jajaja).
Agora todos levan o chimpín para facer as tarefas do campo, coa paisaniña e o can con cara de velocidade, botando fume polas pistas..
Un bico de todo se andará de novo..

Marinha de Allegue dixo...

Feliz Ano Novo!!.

Unha aperta.
:)

Eulogio Diéguez Pérez (Logio) dixo...

Por aquí decimos Touzas.
Un saudo.

Anónimo dixo...

Non tes paradura. Estas a serem un perigo coa camara. Pregúntome quen lle faria o prestamo para o carro: se o do pastor ou do da catalana...

Saudos hoje, que manhan xa veremos se temos carro, fungueiros e rodas para andar

A Conxurada dixo...

Eu sempre detestei a realidade...pero nunca me atrevín a fuxir dela.

Anónimo dixo...

a reflexión agocha unha ben clariña exposición da fiebre consumista na que nos meteron. e os bancos tiveron moito que ver en ela co cal a foto do carro esta que nin pintada para ilustrar esa realidade. eres un filosofo chousa. non che comento moito pero si que leo os teus sempre interesantes e cachondos relatos.

Anónimo dixo...

o do comentario anterior son eu (anton de xenaro). non sei o motivo de que non saise o nome enriba

Anónimo dixo...

Verdaderamente, gustoume moito este texto!
Grazas por pasarte polo meu blogue, sempre é un pracer terte por alí.
En canto ao de se me agocho... Eu diría que a torpeza é miña ao por o nome da URL...
Un saúdo!

Carlos Sousa dixo...

Como che cambiou a vida dos carros, algúns adornando rúas, outros xardíns e outros simplemente abandoados a pudrirse. Como haxa que botar man deles outra vez, co ritmo de vida que levamos e o vicio que nos impuxeron, estamos apañados.

A foto moi fermosa e lograda.
Unha aperta

Paz Zeltia dixo...

(no me extraña que por moito que imaxinara non lle atopase uso "razonable" ós ariños eses) ainda que razonables sono, só que como o carro nun principio non foi "diseñado" para ese menester, tiñame despistada. pero está bien, está ben, todo vale se serve para a conservación de cousas tan nosas, hoxe xa consideradas "inútiles" (¿Non che parece así coma o que pasa cos vellos?) e non estou dicindo que haxa que porlle macetas na cabeza, que tí líasme.