Cada día 10 hai feira en Antas. Según os vendedores ambulantes, cando cae a sábado ou domingo non é o mellor día para que eles fagan moitas transaccións. Disque a xente non acude tanto á vila en xornadas non laborables, aproveitando mellor os días de diario para facer de paso outras xestións.
Así e todo sempre se dixo que "non hai feira mala", xa que cando non é boa para un, sempre ha ter contrapartida positiva para outro; cadrándose así o balance entre o debe e mailo haber.
Eu hoxe merquei unhas tixeiras de podar, que xa está vindo o tempo e as que tiña era hora de concederlles a xubilación.
O que me pregunto é se a moza que estaba na feira non tería frío desa guisa que lucía así de lozana na praza do Concello. Quixen preguntarlle onde mercara os vaqueros, que teñen unha marca ben interesante, pero como son moi tímido, apretei as miñas tixeiras de poda, e voltei coas ganas de preguntar na idea e coa imaxe da feiranta fresquiña, na memoria da miña cámara.
Eu hoxe merquei unhas tixeiras de podar, que xa está vindo o tempo e as que tiña era hora de concederlles a xubilación.
O que me pregunto é se a moza que estaba na feira non tería frío desa guisa que lucía así de lozana na praza do Concello. Quixen preguntarlle onde mercara os vaqueros, que teñen unha marca ben interesante, pero como son moi tímido, apretei as miñas tixeiras de poda, e voltei coas ganas de preguntar na idea e coa imaxe da feiranta fresquiña, na memoria da miña cámara.
Foto: Debe haber calor, carallo!
42 comentarios:
E tan fresquiña...¡Que frío!
Por certo, no acabo de ver ben a marca do pantalón.
Pillabán!!! Como te fixas eh? jajaja
(Tamén podes premer na imaxe...vese algo mellor)
O pantalon igual é como as camisetas de "felpa". E por iso non tiña frio a coitada. De feito parece que se lle ve o forro de dentro ao pantalón.
Ainda asi seguro que veu a feira a mercar cousas, por iso veu tan lixeira de roupa, para poder levar mais.
E polo que suscribo a tua afirmación: "non hai feira mala".
Saudos brancos.
Añado, e unha vez vista a marca do pantalón, dese famoso heróe das pasarelas, que dou por feito que o pantalón non tiña forro interior, polo que concluio que a rapaza leva unhas bragas negras, lenceria fina, pero sin saber de que marca son.
Pois si que debia facer calor na feira de Antas, si.
Coa de cousas que haberia que ver nunha feira e mira ti cara onde se lle foi a cámara, o ollo, a idea e mais a intencion do señor Chousa jejeje
Eu certifico que esta moza ten o termómetro interior avariado. En Antas o día 1o debía de facer tanto frío coma n'Agolada e a ropua que loce a moza non cadra con temperaturas tan baixas. O que me marabilla é a capacidade de observación que tiveches para descubrir uns pantalóns de marca tan ao caso coma exiguos en tea.
Apertas.
e digo eu, esa moza que lucía así de lozana douche permiso para que a inmortalizases deste xeito?, ou é que todos estamos expostos a que o ollo dunha cámara calquera nos roube parte da nosa intimidade?
ja,ja,ja, "antes morta que sinxela", a moda esta por encima do frio.
Anónimo, hai miles de camaras ás que estamos expostos.
Decirlle a anonimo que a fotografia non é intima nin moito menos. E na praza do pobo, onde todos os que por ali pasaban podían vislumbrar a marca do pantalón.
e isso que ainda nom chegou a primavera...
hoje quase prefiro enviar saudos em vez de beijos porque tal como anda o patio...
E só de olhar para ele fiquei a bater o dente. Mas vai ver a menina era briosa, Já que há um ditado que diz, que gente com brio, não tem frio.
Um abraço e bom fim de semana
A marca é ben curiosa, ¿tes accións nela? E polo que respecta a fémina, "auga que non has de beber deíxaa correr"; asi que dedícate a podar coa tixeira nova e non te fixes en certos sitios, pillabán.
chousa, mañá pola mañá vou eu á feira... á feira de Vallecas. Eche moito, non é moi rural que se diga, pero atopas cousas mais ou menos boas por poucos cartos, que é o que me importan... có carro de cuadros herdado da miña nai...eu pensei que en Madrid non venderían carros tan bos coma o da miña nai, e fun buscalo á Coruña...
Vou buscar de paso vaqueros Chousa, jajaja, a ver si os hai en Vallecas...
A min esta imaxe chéirame a corno queimado; ten que haber truco.
Joe, esta chica está mas fresca que el pulpo "a feira" antes de echarlo a cocer... Pero, pero... ¿de veras que es una foto de este gélido mes de enero? Y esta chica que deja para el mes de agosto??? Ains...
Vamos, quitando que me parece espantosa la modita de que enseñar lo que hay que enseñar en otros momentos y no en mitad de la calle, pues parece que esos vaqueros sientan bien, claro... siendo de esa marca....;)-
Bicofletes nevados y una chaquetita para la moza.
Bueno, bueno....pero que historia tan redonda....ja ja ja....Recoñece que é todo unha montaxe.....
Bicos!!
A calor vai e ven... e ás veces habela haila, sobre todo na túa mirada, verderolo, que es un verderolo.
Deus nos salve de que te metas a diseñador de vaqueiros... ¡íamos pasar máis frío as feirantas!!! jajaja
Bicos estilistas.
(Mira que bo sitio atopaches para a firma da foto.. jajaja, moi bo)
Pero a foto non será da última feira, non??
Pero tes que poñer unha foto de homes mostrando os seus calzóns, que tamén os hai......
Vaia, vaia !
Cando queira mercar pantalóns de marca xa sei de cal han ser ;-)) jeje, (pero moito me temo que o resultado non ha ser o mesmo...)
Por certo, se lle poñemos unha camiseta cuspedepita (que as hai, e senón busca no google) seguro que pasa menos frío a rapaza.
Por certo, quero aclarar que nos nada temos que ver con esas camisetas, é unha pura e simple coincidencia ( Se ve que acertamos a poñerlle ao blog un nome que "mola" ;-) )
Ah, por certo, Raposo, deixa disfrutar ao Chousa do sentido da vista, ho, que non fai mal a ninguén ¡ Anxiño! ;-)
Chuchoooossssss
Foto... pregunta contida... tixeiras de podar...
Interesante...moi interesante...
(queda fichado)
Sos de lo peor... e si que é osada a rapariga... con este frío.
Así que Chousa da Alcandra é tamén un espía, un trasgo que espía e garda no seu ollo máxico a imaxe do estímulo...
.... benvido!
cantos pantalóns abrigosos coma este se quedan no armario en dias de frio, hahaha!
Pois si que tiveches vista ó ollar para todo iso o mesmo tempo.
E non poideches ir onde a rapaza e decirlle que os pantalóns eran teus? A ver que faría, total por frío non creo que fose.
Moi observador, si.
Dende logo non se che escapa unha,por certo a marca do jeans é Chousa e ela non será a bella Alcandra a da Odisea que era moi rica e facía o que lle petaba???
bico.
Esa feria anduvo cargadísima de atractivos, voto a tal
Érache visto que non se che ía escapar esta! Como se che vai escapar, se ata descubres a calquera, afundida no frío, nun centro comercial calquera..
Chousa... Non sabía eu desa marca, co teu blogue vai ben!
Bueno a mín so de vela xa me entra o frío...
Hainos que teñen moita calor...
Un saúdo!
Nas feiras hai de todo,je je. Saúdos de novo.
Que fuerte,Chousa! Que fuerte! Que andes tomando retratas como esa!
REIVINDICO AS BRAGAS DE CUELLO VUELTO!!!
Pero pódese saber que andas a facer coa cámara nova esa que che trouxeron os reises?
Eu vou mirar de mercar un pantalón igualiño o que non sei e se me quedará como a moza da túa foto...
Bicos.
O lo que es lo mismo, nunca llueve, o nieva, a gusto de todos.
Tuviste buen ojo al elegir la foto, y no lo digo por lo que todos pueden pensar, lo digo por la marca, ¿de veras no es un montaje?, si veo alguno con esa etiqueta me lo compro.
Biquiños, moitos.
parece mentira, Chousa! se eso era cousiña de nada! moito mais corte botarlle a foto o cú da moza, co tanga asomando, que se te pilla coa cámara apuntando íballe gustar bastante menos que o da marca do vaqueiro.
pero eu penso que tí aprecias moito mais a foto que a información jijijijiji
A feira do dez en Antas, a do doce en Agolada, o Trece, en Naron, a do Tres en FErrol, o Feiron en Pontedeume,.,,,,,,Galicia toda é unha feira, e as mozas mozas son...
con cu ao aire o con pantalons...
Mira que eres....
Apertas
non sera isto unha mensaxe sibliminal pra que comecemos a mercar certa marca de texanos????hihi, bicos.
Por comodide emprego a fiestra de comentarios, no lugar de ir o teu correo.
Andiven buscando no teu blogue se tiñas algunha foto dun cabazo, non atopei (tampouco mirei unha a unha as tuas entradas).
Ti sabes se hai alguén que ainda os faga? Sei que hai tempo Ernesto de Antas fixo algún.
Por certo, fixenche caso e puxen un correo no blogue.
Saudos e gracias pola deferencia de poñerme na vecindade.
ups!
pero eu deixei un comentario onte aquí, puf, co despiste que teño enriba sejuro q nin a enviarlle din!
Pois o que te comentaba onte era:
jjojo, eu quero uns pantalons deses, pero bueno, cunha cinturilla un pouco mais alta, por q si non entrame a friaxe e ala, dolor de bariga. E depaso quero unha camiseta de Cuspe de pita, que xa as vira!
Ai, que simpatica foto e que ollo pillo pillo, como diches ca etiqueta, que andabas a buscar ti na feira eh! jejej
Ao principio tamen pensei q habia truco como o paideleo!
E como fixeches para sacrlle a foto e q nin conta se dera, ou deuse conta!
jeje, pobre rosiña...!!!!
Chousa: non sabía da túa inclinación polo rubro textil.
Polo que vexo ti sempre estás coa cámara disposta jajaja
Se ti veras as marcas de roupa que podes retratar nas praias de Mar del Plata, por exemplo...
Unha aperta.
Antón.
jajajajaja encantame esa retranquiña tua cun chisquiño de picardia ;)
Moi boa idea, non sabia que eras fabricante de pantalons vaqueiros jajajaja. E, a eses olliños que tes no se lles escapa nadiña :) Asi me gusta, todo ao maximo detalle :)
Pois mira, non sabia con que tema che ia mandar ese encarguiño pero agora xa me das algunha pistiña, haber se deixa de chover e podemos sair a facer algo...
Moitos bicos.
Alédame que che gusten os pantalóns que fabrico Merce. Non dudo que che quedarán ben a ti tamén, así que xa sabes... a buscalos por algunha tenda do mundo mundial! ;-)
Bicos!!
Atopeina!!!
A calor toda do sol queda atrapada no bolso que che quenta o lombo ;)
Publicar un comentario