luns, 26 de xaneiro de 2009

Altura

Hai que respetar sempre as sinais de tráfico. Se non o facemos podemos poñer en risco a nosa integridade física e tamén a dos outros usuarios. Así que -ainda que nos pareza esaxerada a moderación que se nos indica- faise preciso mentalizarnos de que é necesario cumplir a indicación.
E non vale decirlle despois ó Guardia "e que non a vin", " o sinal estaba tapado polas silvas". Nada. Despois pagar e calar e, sobre todo, moito respeto co Guardiaciví, que él so cumple co seu deber (foderte); e ainda che deixa claro que che perdoa a vida, que o debuxo desas rodas de diante...non sei eu (é dicir, que cha podía meter máis fonda ainda).
O deber, no resto dos humanos, é unha obriga moral. Nos que van de verde é o resultado dunha gravación xenética na cadea do ADN , supostamente feita nos quirófanos da sastrería onde lles confeccionan o uniforme. Por iso é un deber de moita máis altura.

Foto: Sinal alta. Embalse baixo (Portomarín)

33 comentarios:

Anónimo dixo...

HA HA HA HA. Eu ja che teño dito que ese coche teu anda a dios.
Benvido ao clube dos fodidos polos ajachados entre o millo.

Barreira dixo...

Como se soe dicir "o que manda, manda" ou "onde hai patron non manda mariñeiro" ou mais indicado para estes casos "mexan por nos e hai que dicir que chove". E procura non abrir a boca se non queres que che mexen na boca.
Saudos compasivos.
Por certo, como carallo pode estar o embalse baleiro co que chove??

Anónimo dixo...

Eu penso que o "deber" é moi relativo... Pode que relativo de máis!
Saúdos.

LM dixo...

un garda civil para a um fulano para fazer-lhe um controle de alcolemia.
-mire, senhor agente, eu vou-lhe dar positivo porque trabalho num circo e utilizo alcol para cuspir lume.
o agente era um namorado do circo e terqueou e terqueou até que o homem baixou do carro para fazer-lhe uma demonstrazom. nessas estava o fulano cuspindo lume e saltaricando quando passa uma camioneiro, baixa a janela:
- filhos da p***, cada dia ponhede-lo mais difícil!

beijos e nom corra senhor chousa

Carlos Sousa dixo...

Bufff, "con la benemérita hemos topao". Recoñezo que teñen que facer o seu deber, pero non sei se é culpa do ADN que llo cambian na sastrería ou que demos é, pero van con unha prepotencia, que xa che dirén.

Estes carallos fan as casas de balde (ou polo menos antes). Eu sei de varios casos, e no meu chollo non é a primeira vez na que lle regalan pedra. E aínda por riba nin as gracias daban. Va! un desastre.

A ver se en vez de agocharse entre o millo, se agochan entre a...

vintxuca dixo...

Sonche bos....a min nunha ocasión un verderolo medio parvo púxome unha multa por non saber leer o seguro do coche, el leu o "expedido a.." e xa lle chegou.. ¿para que seguir lendo ata o "válido ata..." é tontería.
Pero con boa foi dar.. ó final tivo que quitarme a multa mentres os compañeiros escachaban da risa, e o tio cada vez máis cabreado porque os compañeiros lle facían a burla, meteume na furgalla para quitarme a multa e non me quería abrir.
Pero non sabía con quen foi dar.. ó final marchei de ali sen multa e sen soplar (que en teoría o tipo pararame pra iso).
Son uns "cantamañanas" non teñen outro nome.

Deambulando con Artabria dixo...

Que coches tes? Porque se como din arriba anda "a dios", normal que o garda civil de turno che pare pos pés.

Gretel dixo...

Pero sobre os guardias civís normais, dígoche o mesmo que das meigas..habelos hainos.

Lúa dixo...

os uniformes pra algunha xente teñen o poder de convertir a presoa nun super heroe.......XDD

Paz Zeltia dixo...

é, esa dor das multas de tráfico, unha dor que medra coma bola de gas, onde hai mesturada rabia e impotencia. unha dor que sempre fai estalar algún improperio, e non sempre contra os axentes, ás veces contra un: "mira que és parva, joder, deixáchelo aí arriscando moito, estache ben, por gilipollas, se xa sabes qu4e estes garulos en vez de estar multando os coches en dobre fila, van a mirar co cm. que pisas na raia do paso para peatonal, e... " ah, perdoa, Chousa, ho, que se me veñen recordos MOI recentes... :(

Chousa da Alcandra dixo...

Zeltia: Jajaja, vaia polas ánimas. Non quería eu remexerche nas feridas, que deste tipo todos temos algunha... En Realidade este post so me saliu despois de escoitar unha canción da "Compañía do Ruido"... e mira ti onde foi dar (xa me dicía miña nai que escoitaba eu unhas músicas moi raras!!!)

Lúa: E tanto que sí. Poderase dicir despois que o hábito non fai ao monxe; pero a certos "profesionais" da orde pública (e privada), se lle lo quitas...non son naide!.

Galeguiña: Hainos. Seino. E na actualidade pódese afirmar con seguridade que (os normais) son inmensa maioría. Pero ti ben sabes que sabe máis mal unha castaña podre, que todo un magosto de castañiñas sabedeiras...

Artabria: Cóntoche un chiste que cae como anel ó dedo. Un día o Papa díxolle ao chófer que xa tiña ganas de conducir él, que dende que era Cardenal sempre con chófer, e con eses cochazos..pois que tiña ganas de levalo él. O chófer sentouse detrás, e o Papa a toda hostia pola autoestrada. A 120, a 150, a 210...Detéctao un coche da Policía e deteno. Cando o guardia se achega á ventanilla do conductor e ve quen é...volve á moto e chama ó seu xefe. E dille:
Acabo de coller a un tipo moi importante a 210 pola autoestrada Coruña-Vigo. O xefe respóstalle: temos que dar exemplo. Múltao!.
Pero señor, o tipo é moiiii importante.
Como se é o alcalde. Moito mellor, así quedamos ben diante da opinión pública.
Señor, é moito máis importante -replica o Guardia-.
Pois así sexa o Delegado do Goberno en Lugo, cajonatós. Ti empapélao, que a Lei é para todos.
O Guardia, secándose o sudor, replica: Que é moito máis importante que o Suso do Alvidrón, raio!.
O xefe, embaladísimo, dille: A ver, cabo, por min como se é o Presidente do Goberno; aplique a Lei. É unha orde.
O Guardia, xa coas botas derretidas pola presión, dille: Señor, e que ainda é máis importante co Zapatero.
O xefe de tráfico pensa un anaquiño e dille: pero logo ti a quen raio tes detido oh?
O Guardia, coa pucha na man dille: Señor, eu penso que acabo de deter a Dios.
A Dios?, pero como dis iso?
Joder!, leva ó Papa de chófer...

Chousa da Alcandra dixo...

Vintxuca: Son tremendos. Pero sabías que lles poñen obxectivos de sancións?. É un xeito de demostrar que "actúan". Claro que de cando en vez tamén se atopan con ósos duros de roer coma ti eh?

Carlos Sousa: Xa che mellorou a cousa de moito carallo. Houbo un tempo no que tiñan pouco sueldo e compensábanllelo con moito poder. Hoxe...algo cambiou a cousa. Claro que ainda queda percorrido para seguir mellorando.

LM: Fixéchesme rir un anaco. Tal cal. Lembroume unha historia dun avogado ó que denunciaran por ir -supostamente- falando polo móbil e despois él fixo unhas alegacións moi paveras no senso de que se ía tocando a orella, e se iso sería máis delicto que tocarse outras cousas...
Olliño con eles en todo caso eh; que a sua palabra vale máis ca nosa nun proceso administrativo.

SoO*: Xa o dixo Einstein: Todo é relativo e ainda iso depende!.
O certo é que tamén compre algo de presencia policial, que senón todo o mundo se desmadra moito.

Barreira: Pois mira, o embalse en Portomarín está baixo debido a que en Belesar lle deben abrir a comporta.
E aproveito o teu comentario, para facer público e notorio o meu aprezo pola vila de Portomarín. Mira que bonito me quedou (e ademáis é verdade. Se non existise Antas...falaría moito máis da vila das duas mentiras: nin é porto nin é marín; pero é unha marabilla de pobo!).

Carlosm: Outro admirador da Cía do Ruido.
O meu coche anda se lle zoupas; senón tamén sabe estar parado (como agora mesmo, que está durmindo no garaxe).

Moraima dixo...

Dame noxo a xente que por posuír un uniforme (garda civil, policía) creanse superiores o resto das persoas, por sorte, non todos son iguais.

Markesa Merteuil dixo...

Meter, meter... Pois eu lévome moi ben con eles...

Raposo dixo...

Lémbrome agora dunha viñeta do Carrabouxo, ese personaxe retranqueiro creado por Xose Lois González.
O Carrabouxo que vai na moto sáltase un stop e uns metros mais adiante dalle o alto a parella da Garda Civil e pregúntanlle: "¿Fixo vostede o stop que está aí atras?"
E contesta o Carrabouxo: "¿Eu? Non, xúrolles por Deus que cando pasei xa estaba feito."

pitima dixo...

Pois sí que está alta a sinal (ou o sinal, ou como sexa..jajaja). Eu non sei se sería quen de saltala/o... jajajajaja.
Pobres picoletos. Eles non che son malos, pero deberían escoller máis a quen foden. Ós perigos andantes nunca os pillan, e a tí, que chegas tarde o curro... aisssss
Bicos saltarines (sen lei nin nada)

Deambulando con Artabria dixo...

jajaja, o chiste moi bó, pero evitas a pregunta igual que Zapatero. "tiña unha pregunta para usté" e quero unha resposta :P (clara e concisa, a poder ser)

Anónimo dixo...

jijiji ten razon Pitima.Kalkera se atreve a sltala. Nin o coche fantastico jijijiji

Anónimo dixo...

por certo, o ke esriviu esto e de Portomarin. Se kadra coñecemonos xa ke eu tamen son jijiji

Barreira dixo...

Chousa.
Tes mais rollo que unha persiana. Eu non sei con este don que Deus che deu como carallo te poden multar, e sendo cura ainda mais. ¡¡Carallo, que si levas presa é porque vas atender a alguén que o necesita!!.
En fin..... o chiste é boísimo. Ata o Suso de Alvidrón se debeu rir.
Saudos.

CriS dixo...

hay señales de prohibición, de advertencia, informativas... Hay grandes señales, pequeñas, confusas, evidentes, amenazantes, tentadoras, etc. Las hay casi para cada medida de nosotros mismos, para cada movimiento. Unas nos valen, otras no, ante algunas nos paramos en seco, otras las saltamos por muy altas que estén, otras las seguimos y otras las ingnoramos... y sí... pero no echemos la culpa al que puso las señales ni al que nos culpó por cómo actuamos o no ante ellas. Total, las reacciones de los demás sean profesionales o personales, también son una señal...

Ains que me lio, bicofletes señalados!

A Ulloa en fotos dixo...

Estiven fai dúas semans en Portomarín e vaixei ao Loio vello. Síguenme a impresionar as vellas casas resistindo e o mais impresionante e ver os nichos do cimenterio en pé.

Moi boa a foto.

Chousa da Alcandra dixo...

Moraima: No fondo para eso se crearon os uniformes; por un lado para darlle relevancia a quen o levaba e polo outro para infundir respeto (ou medo) a quen o vía. Na actualidade seguramente están un chisco devaluadas esas ideas; pero ainda hai algúns que ben lle compre... Por certo, benvida á Chousa.

Markesa Merteuil: Esa utilización do verbo "meter" misturada coa conclusión de que te levas ben con eles...
Certamente, como en case todo, hainos que a meten ben: a zoca!.

Raposo: E logo non lembras aqueloutro no que, despois dun tremendo accidente de circulación estaban dous Guardias redactando o atestado e un escribía: "...encontrándose la cabeza separada el cuerpo en el ...estooo, mi cabo, arcén é con h ou sin ela?".
O cabo, mirando a cabeza do siniestrado, arréalle unha patada e dille ao Guardia: "pon que estaba na cuneta, que pouco máis carallo ten"

Pitima: É mala de saltar esta, si. (De feito quixen poñerlle eso no pe de foto. Andamos en onda eh)
Os pikoletos non son nada selectivos á hora de escoller; en xeneral son de piñón fixo. Ou dito doutro xeito: válelles todo jajaja.

Artabria: Será que teño alma de político?. A ver se me fichan para as xerais, que desta vez non me dixeron nadiña...

Anónimo ó cadrado: Son de Antas, raio. Como se non o dixera nunca!!

Cris: Despois da tua descripción xa me sinto mellor no caso de que tivera que repetir o exámen do carné de conducir. Moito che agradezo o recordatorio.

Barreira: Aiii, filliño; que sería de nós sin o rollo...
En todo caso, non me multaron. Este foi un post imaxinario inspirado por unha canción.
E si, o Alvidrón creo que antes de entrar na subdelegación, o primeiro que fai é dar un garbeo pola Chousa para decatarse de como anda a actualidade.

A Ulloa en fotos: Efectivamente resulta impresionante o espectáculo do embalse tan baixo. Hai moitas historias que, cando a auga baixa tanto, volven á memoria dos portomarinenses. E non é para menos.
Ainda que hoxe Portomarín é unha vila moi viva, activada polo Camiño de Santiago, o Vello Portomarín ainda permanece no recordo de moitos dos seus habitantes.

Cuspedepita dixo...

"-Mire, vouno multar porque pisou vostede a liña contínua...
- Paaasssa troncoooo!! ¿Que la he roto, o qué ?"

A min multáronme unha vez (300 euros que me doeron máis cunha dor de moas), pero teño claro que os únicos responsables de que nos multen somos os propios conductores.
E por certo, acláralle a Barreira que cura, cura, o que se dice cura, non es ;-)(¡ santiño, si, ho ! ;-)) Digamos, xa que tanto te metes cos funcionarios, que non aprobache "esas oposicións" ;-)

Chuchos sen sanción :-)

busto.agolada dixo...

Soe ocurrirnos que cometemos infraccións inconscientemente e despois se nos pillan quános a cara a cadros e o peto lixeiro. Eu máis que incidir sobre o mensaxeiro póría o acento nos centos de sinais ilóxicos. Ti sabes ben do límite a 50 na recta de Ludeiro onde só hai dúas casas habitadas á beira da estrada e hai dous pasos subterráneos na aldea. Contra iso si que cómpre rebelarse e esixir máis criterio na colocación dos sinais. Así iriamos á raíz dos problemas.
Apertas.

Barreira dixo...

Chousa. Xa que che gusta tanto esto dos memes e vendo que tes tempo abondo, estas nominado para trastear un producto de Antas no meu blogue.
Saudos

Anónimo dixo...

Unha vez coñecín a unha mestra de autoescola que tiña tan asumido e interiorizado o respecto os sinais de tráfico, que un día, camiñando, camiñando, topouse cun prohibido o paso e deu marcha atrás e, camiñando, camiñando, buscou unha ruta alternativa para chegar á casa dunha amiga. Decatouse do traumatizada que estaba cando, ao chegar ao portal, caeu na conta de que non tiña coche para aparcar, só zapatos.

Mar e Lúa dixo...

todo sexa dito, hai moitos sinais que están postos cunha única finalidade: a recaudatoria! Moita xente xa denuncia que os radares non están colocados nos puntos negros das estradas, senón en lugares oiuco perigosos onde as limitacións de tráfico parecen ilóxicas, ou nas autopistas, onde a porcentaxe de accidentes é moito menor que nas comarcais por exemplo.
Si señor, Chousa, queixémonos!!

paideleo dixo...

Millor non falar deles que non sabemos quen le os blogos.
Só sei que nos EEUU eran máis estrictos ( e educados ) ca aquí e estaban ao seu choio e o de " Non bebo, que estou de servizo " cumpríano dereito.
Tamén hai que dicir que cando nos pillan nunha é que fixemos dez polo menos.

Chousa da Alcandra dixo...

Cuspedepita: Efectivamente os cartos das sancións doen como agullas espetadas nas encías.
Como que non son cura?. O que pasa é que ti non ves nadiña polo meu confesionario...

Busto Agolada: Si oh; que se GC hainos chulandainas, dos outros civiles (sin ser guardias) tocamos en termos absolutos unha cantidade moito máis elevada ainda.
(Moi atinada a presentación recibida, para o caso das sinalizacións, si señor!!!)

Barreira: Como que teño tempo? non ves que estou ocupadísimo? (Trasteo feito)

Doutora Seymour: E que cando hai sinalización hai que repectala. E un stop é un stop, ainda que vaia vostede en zapato de charol con tacón de 15 cm (xa sei que debe ser complicando frenar con ese tipo de "neumáticos").

Mar e Lúa: Sin duda ningunha. Ese punto que cita Busto.Agolada no seu comment é un deles. Ademáis coincide nunha baixada que non hai maneira de termar das riendas dos cabalos para que vaian a 50 km/h. E mira que non teñen "cazado" xente nese lugar...

Paideleo: Tés razón; pero eu sonche algo arroutado. E hoxe tocoulles aos pikoletos e mañán tócalles as monxas de clausura!!
(Aquí tamen os hai que non se lles suben as insignias ás orellas; pero claro, unha ovella negra no medio dun rebaño delas brancas...da máis o cante).

chimeneaverde dixo...

Esta señal está diseñada sólo para dos tipos de conductores:
o brujas subidas en escobas, o aladines en alfombras voladoras.
(meigas en galego, ¿no?)

Anónimo dixo...

Deixadevos todos de caralladas. Fai falta juardias civiles, policias e orden. Pero todos sabedes que en moitos casos son uns cabrons que estan para foderte como di o autor do blogo, cando deberian estar para axudar.
E ben sei cal e a cancion. E ten razon. Se estan facendo o seu traballo pk se esconden?
Non vedes ke na mayor parte dos casos fodente estando escondidos detras dunhas xestas ou noutro escondite?
E non estan nun punto negro no ke compre regular o trafico, non.

Voume agachar tras un anonimato. Pero eu son A VOSA CONCIENCIA

Anónimo dixo...

E inda non kedei agusto, cona.
Propoño facer brigadas de voluntarios pa ir cortar as xestas e os toxos dos sitios onde se esconden. E poñer carteles nos que se poñen pra foder os conductores, non pra pillar bandidos.
Segun antena3 e onda0 fixeron unha campaña pra denunciar os puntos negros, habia ke facer unha pra foderlles os puntos verdes eles.

Volvo ser o mismo anonimo de antes