En certa ocasión un neno acompañaba a seu pai na feira de Antas, cando pasaron a carón dun burro que tiña o seu órgano sexual extendido en toda a sua lonxitude. O rapaz, sorprendido pola visión, e cargado coas dudas da sua candidez infantil, preguntou:
- Papá, e que lle pasa ao burro?
O pai, que non gustaba de verse en camisas de once varas, tentou sair da situación como mellor puido e respostou
- Nada neniño, o burro está enfermo.
O día rematou, cargado de anécdotas para o rapaz, e pasados varios días dende o 10 (que é o da feira de Antas), ía o neno camiñando para a escola -esta vez na compaña de sua nai- cando avistaron un burriño na mesma situación co detallado anteriormente. O neno, amosando sabiduría, dille á sua nai:
- Mira mamá, ise burro está enfermo.
- Enfermo?, e quen che dixo a ti tal cousa?
- Seino eu, porque mo dixo o papá.
A nai, enrugando o fuciño, axeitando a postura do mandil sobre o lombo e mirando cara o frente cun levísimo sorriso de resignación, respostou:
- Xa quixera teu pai ter a metade da saúde do burro!
E xa que estes días haberá tinta abondo corrida sobre as eleccións americanas; este é o meu humilde tributo a tal evento.
- Papá, e que lle pasa ao burro?
O pai, que non gustaba de verse en camisas de once varas, tentou sair da situación como mellor puido e respostou
- Nada neniño, o burro está enfermo.
O día rematou, cargado de anécdotas para o rapaz, e pasados varios días dende o 10 (que é o da feira de Antas), ía o neno camiñando para a escola -esta vez na compaña de sua nai- cando avistaron un burriño na mesma situación co detallado anteriormente. O neno, amosando sabiduría, dille á sua nai:
- Mira mamá, ise burro está enfermo.
- Enfermo?, e quen che dixo a ti tal cousa?
- Seino eu, porque mo dixo o papá.
A nai, enrugando o fuciño, axeitando a postura do mandil sobre o lombo e mirando cara o frente cun levísimo sorriso de resignación, respostou:
- Xa quixera teu pai ter a metade da saúde do burro!
E xa que estes días haberá tinta abondo corrida sobre as eleccións americanas; este é o meu humilde tributo a tal evento.
Foto: Burro saudable en Santa Cristina de Areas (Antas de Ulla)
29 comentarios:
Si. Ogallá lle gañe o burro ao elefante.
jajajaja..
Bicos victoriosos.
Buenos días!
Bueno tu tributo, bueno el atributo del burro, buena la sentencia de la mujer ante la "explicación" del marido. Buenísima la nueva foto de las castañas.
Y besos buenos, pero cun pouco de maldade.
MUAK
O tema da saúde é moi serio.
Din por alí que non hai enfermedades senon enfermos...
Cada un ten a saúde que pode acadar, non si? ;-)
Saúdos solípedos.
Antón.
jajajaja buenísimo. Ojalá tengan la fantasía del burro ... al parecer :p
Bicos saludables.
Proximamente verás tí que coincidencia o teu post do burro.....
Xenial a historia! Rin moito.
Biquiños!
A ver si de tanto queixarme estes días de que estou maliña o que teño é outra cousa...
JAJAJA, encantoume o conto, boísimo.
un beijinho, de sabor a castañas asadas, mmm, que ricas.
Tes razón cando dis que hoxe todo o mundo fala da victoria de Obama e case comezamos a desbordar co tema.
Moi bo o chiste, fixome rir con ganas.
un bico
Moi bo e gracioso o conto.
Ainda que non quixeches falar de Obama directamente foxes moi pillo (coma sempre) e fixechelo poñendo precisamente o animal que representa o seu partido (o partido democrata). Claro que eu nom sei se o burro dos democratas americanos ten a pirola tan larga ou nom.
Longa vida o burro piroludo de Santa Cristina das Areas¡¡¡
Carlosm
Ola, vín noutro blog que falaba do teu post, e paseime por aquí a ver como era o burro, e rinme bastante co conto, está claro que de saúde anda ben.
Saúdos dende Areas, en Ponteareas.
O pai Bush non admite os seus defectos e o burro Obama pon todo da súa parte. Así é imposible perder.
Burro grande ande ou non ande....
Pobre muller!! Ainda por riba seguro que non queda satisfeita :P
Vexo a rede un pouco......e iso que imos para o inverno........
E si que che son burros estes yankees... e non o digo polo tamaño de membro, senon por tardar tanto en darse de conta...
Apertas.
Non quero nin pensar a asociación de ideas que te levou a escribir este post neste día, pero xuraría que sería capaz de seguir as pegadas do teu pensamento. ¿A que si?
Chuchos
nom sei se o burro dos usa terá a pirola tam grande.
pero que a use ben, por deus!
(e sempre tendo em conta a capacidade espacial da mulher)
beijos
Como me gustan os contos galegos.
De pasadinha
¡Cómo son las mujeres!, algunas, no saben apreciar la esencia, jajaja.
Buenos burros por esas tierras.
Bicos, Chousa.
Moi gracioso o conto. Haberá que desexarlle a Obama e demais o que di aquela coñecida senteza catalá: Salut e força al canut. Que case son sinónimos.msi
Saúdos.
que tolada, jajajajaj, está moi ben a historia do burro, jajajjaj
e demostra que meterse nalguna camisiña de once varas ás veces compensa...
moi bo
bicos
Como me gustou a historia esta que contas, queda ben claro que hai que coidar a saúde... jajaja.
Bicos.
ahahah! quantas mães não dirão o mesmo?
Um abraço e bom domingo
PAIDELEO:
E gañou. A ver se non nos fixemos demasiadas espectativas ata o punto de agora vernos defraudados. En todo caso, para facelo peor ca Bush, xa ten que entrenar de carallo o electo…
PITIMA:
Tes unha risa moi contaxiosa. E pregúntome se os puntos de suspensión que lle puxeches eran debidos a que che parecía que o “instrumento” ainda tiña máis para onde ir…jajaja
CRIS:
De todos os parabéns que me dis, como non podía ser doutro xeito, quédome cos bicos; por máis “maldade” que traian…
ANTÓN DE MUROS:
A cousa é que cada un ten que ir “amañándose” coa “saúde” que ten. E se nos trouxo ata onde nos trouxo…eu considero que ainda nos pode seguir proporcionando viaxiños…
SENSAI:
Asegúroche que o burro ainda tiña máis “fantasía”; o que pasa é que ó verme chegar a min coa cámara en ristre…acortóuselle un bo anaco!!
HADEX:
Si que foi casualidade, si. E despois din que andan en perigo de extinción. Por certo, imaxino que Merlín tamén é do xénero masculino (digoo polo debuxo de Mateo); que se non …
MARKESA MERTEUIL:
E que terás logho?. Algunha carencia ou tal vez algún exceso?. Tanto unha coma a outrso producen desasosegos e males difíciles de interpretar pola mediciña convencional.
A CONXURADA:
Alédame que che gustase a historia.
A min tamén me gustan ben as castañas asadas, e este ano levo dado conta dunha boa saqueta delas!!
FRABISA:
Sigo coa ledicia pro provocar esa sonrisa que se ve no teu avatar.
Con respecto a Obama…pois o que lle decía a Paideleo: a ver se non defrauda ó mundo, sobre o que semella que os USA teñen un liderazgo indiscutibel (sobre todo para o malo)
O RAPOSO:
Outro día cóntovos un conto dun raposo. Ainda que seguramente ti coñeces algún de primeira mana. Anímaste?
CARLOSM:
Si, longa vida para o burro e a sua pirola. Ainda que penso que pouco uso lle pode dar o pobre, xa que me dixeron que non había ningunha burra polos arredores…
CARLOS SOUSA:
Cruzamos sendos comentarios nos nosos respectivos blogs en cousa de poucos minutos. Reiteiro os meus saúdos dende Antas para Ponteareas. Benvido á Chousa.
VAKASTOLAS:
Si, parece que llo puxeron faciliño. Pero a verdadeira tarefa empezalle agora. E o panorama anda jodido de carallo; así que xa pode quitarse a garabata e poñer a funda!!!
VECA:
Eso se di, si; pero…un burro grande parado non sei eu se nos carrexará moi lonxe ou?
Jajajaja. Non direi máis nada, que se non van interpretar que son defensor de burros pequenos….
DRUID:
Lévoulles o seu decatarse, si. Pero e que estes sonche “moi suyos”. A ver agora se o cambio se percibe na sociedade tanto como semellaba.
CUSPEDEPITA:
Jajaja; a saber o que pensaches; pero moi seguramente non andiveches desencamiñada. Chuchos de volta para ti
LM:
USAla ben é importante, tanto nos USA coma por estes pagos; á que si?
SIRY:
E que os galegos damos para contos e para moito máis!. Benvida tamén á Chousa
IRENE:
Á que si? Se sempre se dixo que as esencias gardábanse en frasquiños pequenos? Pero non é nada, xa o dixo Veca: incluso parado, o burro grande resulta máis atractivo…
BUSTO.AGOLADA:
Pois que teña força non canut e tamén no hai por baixo del, para abordar decisións que compre botarlles o que lles hai que botar
DITA CICCONE:
Boeno, neste caso penso que as boas “once varas” méteas o burro jajajajaa (se ten a quen, claro). Gracias por voltar pola Chousa
RIFO I DE REUQUIRNE:
A saúde eche o máis importante. Tanto no senso do meu post coma no outro. Sempre compre tela garbosa para poder disfrutar dela…
ELVIRA CARVALHO:
Seguramente moitas. Tamén en Portugal os burros temén o doble (polo menos) de saúde que os maridos? Vaia polas ánimas!!!, pobriñas portuguesas ;-)
¿Estaba realmente enfermo o pobre burriño......?
A ver, non o entendo....Aclarame onde esta a graza da historio, a esencio do conte ese do que falais...
Na miña terra os burros son asi, os de catro patas eh.....os oautros non sei.
Unha aperta
levo un anaco tratando de seguir os pasos de cuspe de pita que seica poden ser os mesmos que te levaron á túa asociación mental, pero pode ser porque ainda que vexa un burro non é en burros no que penso ó ver o burro. non sei se se me entende. porque nin o entendo eu
AOPEDOFARELO:
A gracia está en que...cajonatós; non che ten gracia ningunha jajajaja.
Seguro que os burros de catro patas da tua terra teñen un punto de apoio igualiño que este de Santa Cristina; á que si?
ZELTIA:
Anda que non me fixeches rir nin nada!. Tanto ti coma Cuspe andades buscándolle as cinco patas do burro. E se vos digo de certo, cando cheguei eu alí TÍÑAAS (as cinco). O que pasa é que ó verme quitar a cámara, enfocar e -claro- verme o meu careto...o tio recolleu ancla moito jajajaja
Jeje, non entendía o símil do burro coas eleccións pero coas respostas xa me chegou.
Só dicir que na minha casa houbo fai tempo unha burra que se chamaba democracia e daquelas, ainda non gobernaba J.M. Asnar
E a moitos outros homes, jajajaja.
Publicar un comentario