xoves, 27 de novembro de 2008

Incrible

Mentras xantamos sobre os nosos platos acugulos de proteinas, as televisións sirvennos a ensalada áceda das crises, das fames, das noxentas batallas por cuartillos de terra estéril, preñada de casquillos de 9 milímetros e aderezada co sangue inútil de miles de mártires dunha causa que non é a súa. E de postre unha de corrupción e duas de anoréxicas desfilando nunha pasarela de alto estanding.
Para a cea téñennos preparadas risas enlatadas ou broncas de realitis increiblemente concebidos para amosar -supostamente- as vilezas humanas visionadas nunha caixa de zapatos...
Semella absolutamente incrible que, a pesares de todo elo, siga poñéndose o sol polo oeste sobre o tranquilo mar de Oia nunha tarde de novembro.

Foto: Pantalla vital. Imaxe real. Canal de balde sin precisar sintonizador

26 comentarios:

Barreira dixo...

Non temos tempo para disfrutar das pequenas cousas que nos da o mundo que nos rodea, pero sí temos tempo de ver o "gran hermano", por exemplo. E logo enchesenos a boca dicindo que non temos tempo para disfrutar de verdade. ¿Non será que sí temos tempo pero non sabemos disfrutar?. Unhos bos mestres serían, por exemplo, nosos avós.
Saudos chousa

CriS dixo...

Vaya, pues esa es precisamente una de las razones, por las que apenas veo la TV. Y lo digo de verdad, apenas veo alguna serie (descargada de internet, no las que emiten en Tv aquí)y películas o algún documental. El resto me sobra. Además eso, aun quedan preciosos pinares, puestas de sol, jardines a los que dirigir la mirada antes que a la caja tonta, bueno, no se si es tonta, pero atonta fijo.

BICOFLETES nada atontados!!

Cuspedepita dixo...

Si, a verdade é que a televisión agora da noxo, algúns programas son bos...como vomitivo, por iso fago coma Cris, apenas a vexo.

Prefiro lerte/lervos no tempo que lle dedicaba á tele.

Apertas

Deambulando con Artabria dixo...

Pois eu casse non vexo a tele, pero por atardeceres asi, valería a pena vela mais.

LM dixo...

sem dúvida prefiro esse ronsel... e como mostra de agudeza visual direi-te que desta vez também encontrei o gorriom que voa lá no fundo ;-)
beijos

Carlos Sousa dixo...

A mín cádrame vela TV a hora de xantar, e a verdade que todo son desgrazas, que si crise, políticos facendo o ridículo, accidentes, atentados... estamos fartos de malas novas. Pola noite xa prefero nin escoitala.

Que fermosas son as postas de sol. Unha vez collín unha parecida.

Anónimo dixo...

Se teño que ser sincera, non vexo a tele mentras como, e se a miro poño os dibuxos animados, jejejeje. A verdade que un día senteime tranquilamente a comer e ver o noticiario e encontreime ca noticia do accidente do avión e paseino fatal, asi que decidinb non velos mais mentras coma.

Biquiños¡¡

Markesa Merteuil dixo...

Ás veces parece que pasan demasiadas cousas, pero metido no meollo, semella que todo está detido: o conflito é o mesmo de ontes, e de antontes; nos accidentes, só cambian as vítimas; nos asasinatos, o mesmo... E en canto a política... xa sabemos que hai plans que levan proxectándose máis de tres lexislaturas... E non pasa nada, pero cada día seguen a regalarnos un titular novo.

Antón de Muros dixo...

Viches, Chousa? non todo o que botan pola tele é merda (con perdón) ;-)

Unha aperta.

Antón.

HADEX dixo...

Estou de acordo con todos os que din que nono ven a TV ou que o que botan son todo desgrazas ou merda.
Eu aínda non deixei de ver os telediarios.Intento non insensibilizarme contra esas desgrazas e intento entender o que pasa no mundo. Consigo o primeiro pero non o segundo.
Como ti mesmo dis a única que segue o seu curso con normalidade e cando lle deixamos é a Natureza.

Anónimo dixo...

De certo que che ven moito ben que vaias de cando en vez fotografiar o mar, que a tua cámara vexo que tamem sabe enfocalo.
(O mar de Oia, sactamente, onde quede ho?, que non me decato eu aghora)

Sau2

Chousa da Alcandra dixo...

Pois ubícote eu, Calinhos:
O certo é que che lle chamei "mar de Oia"; e en realidade atopábame no Concello de Oia. Un lugar máxico entre Baiona e A Guarda.
Fixen esa posta de sol para cumprir unha tradizón que, segundo a web do concello (http://www.concellodeoia.es), di o seguinte:

"Calqueira que contemple unha posta de Sol na costa de Oia, compartirá a actitude do Rei Sol, xa que lle embargará tal cúmulo de sensacións, ante o espectáculo do Sol poñéndose sobre unha liña do horizonte que ás veces se confunde entre o mar e o ceo, e a masa oceánica en movemento desfacéndose en millóns de gotas de espuma, que para sempre deixará unha parte do seu corazón neste lugar".

pitima dixo...

Aquí no Suroeste de Galicia o Sol acariñanos con especial delicadeza cando se vai durmir e nos ofrece unhas performances únicas. Quizá rivalicen coas que ofrece o Sol de media noite doutras latitudes...
A min a tele faime compañía co ruido e de cando en vez ata lle presto algunha atención. Como con todo, as doses son importantes... e a capacidade de discernir e escoller, o sentido crítico alerta... esas cousiñas.
Non nos enganemos, ofrecen os programas que se consumen, así que habería que preguntarse se o público é idiota ou só o parece...
Eu, en particular, odio os programas de sucesos..
Bicos que nunca se poñen... como soles de medianoite.

pitima dixo...

Un agasallo para quen o queira: Atardecer dende o mirador de A Guía, Vigo

Chousa da Alcandra dixo...

Graciñas polo agasallo magnífico, Pitima. Un bico de sol de amencer deste sábado nevado no Centro Xeográfico de Galicia!!!

Niar dixo...

hi,
thank you for visiting my blog..and also for your nice greeting...
your blog is really fabulous, it seems that you have written something great here..

regards,
niar

Lasonrisadearturo dixo...

!Hoola!
Gracias por tu visita. Que ilusión, una visita de Galicia...nosotros vivimos en Coruña.
¿Podrías hacerme un favor?. En mi blog, en la parte derecha, hay un enlace a un navegador, navegador ZAC para niños con autismo. En realidad es apto para cualquier niño, con o sin necesidades educativas especiales.
Si pusieses un post en relación a esto, es posible que pudiésemos ayudar a mas niños, y mira, a pie de calle como quien dice, a la vuelta de la esquina...
Es un proyecto sin animo de lucro, y mi marido y yo estamos colaborando. Precisamente acababa poner un vídeo de youtube sobre ZAC.
Te agradezco tus palabras, haces que me sonroje.

Un saludo,

Esther.

Lasonrisadearturo dixo...

!!!Perfecto!!
Muuchas gracias
Fui un poco osada con mi petición.
Qué maravilla...gracias, muchas gracias.

Anónimo dixo...

Un pracer. Ogallá sirva de axuda a alguén ese link.
Ademáis, Esther, nunca somos osados cando tentamos defender aos nenos. Eles son todo; pero precisan a nosa axuda para medrar.
O dito. Un pracer

busto.agolada dixo...

Amigo Chousa, coincido coa túa aprezación sobre os contidos que nos ofrecen na TV. Vexo que é unha opinión bastante estendida. Deberiamos crear un estado de opinión tendente a modificar os contidos que nos ofrecen as diferentes cadeas, marcarlles nós as tendencias, primeiro expresándoo publicamente como acabas de facer ti no teu blog, ata conseguir unha TV próxima, digna, plausible e diversa.
Unha posta de sol de sobre o mar, en vivo e en directo sempre é un pracer para a mirada nesa pantalla da vida que ti nos regalas.
Andei de pasada por aquí neste últimos tempos. Tiven circunstancias familiares que me apartaron temporalmente da edición no blog e na participación nos comentarios. Vexo que ti segues moi activo e interesante sempre. Unha aperta.

Gretel dixo...

Pola honestidade, pola proposta, pola impronta persoal...agregado no meu escondite.

Paz Zeltia dixo...

ás veces dubido que o que vexo,sinto, atopo, nos medios de comuniciación sexa "real". e coma se nada mais sentira como certo cousas coma as da fermosísima fotografía de hoxe.
agarrome a unha ponla, dándolle a man, coma lla daría a meu pai ou a meu fillo, e síntome real, e vexo real o meu arredor... todas esas cousas que mencionas semellan ficticias; todo argallado polos seres da miña especie.
Sin embargo éche ven real, tan real como só se pode sentir o dolor, o sufrimento.
nas cores ocres e vermellas tan fermosas recordaronme o sangue.
hay que ver como estoy hoy, casi me voy a la cama.

bicos!

paideleo dixo...

Escollín bo lugar para o banquete do meu casamento, non ?.
A tele préndoa para pórlle debuxos ao Leo. Agora temos TDT e hai máis variedade. O resto do tempo a única pantalla que miro é a do ordenador.
Un saúdo e a ver se mandas unha pouca de neve para aquí.

irene dixo...

A pesar de los pesares, siempre quedan cosas bellas, como ese sol poniéndose sobre el oeste sobre el tranquilo mar, afortunadamente se puede optar a esto en vez de a ver esos programitas.
¿Y dices sobre el tranquilo mar?, pues qué bien, aquí, en Coruña, el mar no tiene nada de tranquilo, vine después de muchos años, y el tiempo es terrible, aún así, es grandioso y muy bello, el mar gris y embrabecido.
Moitos biquiños desde Coruña.

Anónimo dixo...

Eu gosto de sintonizar unha ou dúas veces ó ano o solpor en Fisterra.

vermella dixo...

A foto é realmente bonita,deberiamos mirar máis a paisaxe e menos a tele,eu a hora de xantar non vexo a tv,creo que é un trauma infantil,cando era nena comiamos vendo a tele e non nós deixaban falar porque querían escoita-las noticias,así que agora comemos falando da escola,do día etc....Pola noite fago como a ratiña presumida....
a emisora pola que me preguntas é a antiga cadea Ser na Coruña,con Nonito Pereira de locutor.A foto do meu outono regalocha si a queres.
bico.