Sesudos estudosos da economía licúan estes días os seus miolos para tentar asesorar axeitadamente aos responsables políticos de como atallar unha situación que se torna máis complicada cada día que pasa.
Semella que a fortaleza de antonte non era tanto e hoxe todo se torna peligrosamente delicado. Mesmo parece que se tambalean as estructuras nas que se sustentan as necesidades creadas ó abeiro dunha pseudoprosperidade sumamente dependente do consumismo atroz e dirixido.
Resulta que ninguén se decata de que todo isto tiñámolo solucionado dende fai moito.
Auga e alimento. Todo nun entorno ledo, acolledor e atrainte. Sin presas. Sin beber máis auga da que se da tragado e sin meter máis millo do que cabe no hórreo.
Naquela simplicidade de antano tamén se recreaba todo un arte que hoxe so é materia de estudo da antropoloxía; cando debería ser toda unha asignatura conceptual para entender a macroeconomía.
Semella que a fortaleza de antonte non era tanto e hoxe todo se torna peligrosamente delicado. Mesmo parece que se tambalean as estructuras nas que se sustentan as necesidades creadas ó abeiro dunha pseudoprosperidade sumamente dependente do consumismo atroz e dirixido.
Resulta que ninguén se decata de que todo isto tiñámolo solucionado dende fai moito.
Auga e alimento. Todo nun entorno ledo, acolledor e atrainte. Sin presas. Sin beber máis auga da que se da tragado e sin meter máis millo do que cabe no hórreo.
Naquela simplicidade de antano tamén se recreaba todo un arte que hoxe so é materia de estudo da antropoloxía; cando debería ser toda unha asignatura conceptual para entender a macroeconomía.
21 comentarios:
A ambición dos grandes acaba cos pequenos. Cando foi dos beneficios gañaban os grandes e agora que toca apretar máis o cinto, somos nós os que temos que facelo.
Fermosa foto.
Neste mundo tolo o sentido común ficou moi lonxe.
A simplicidade da que falas non tivo cabida nos últimos tempos e agora todos temos que sufrir.
Mundo tolo....
Ten razón paideleo: moi boa foto :-)
Unha aperta.
Antón.
O quid da cuestion creo que esta cando mencionas as necesidades creadas, as falsas necesidades creadas.
Que estos tiempos de crisis nos hagan retornar a lo sencillo, a lo básico, a lo esencial... Yo cada vez intento tener menos para ser mas libre... No tengo lavaplatos, ni coche, ni hipoteca. Mi caldera, mi suelo, mi bañera... tienen mas de 20 años, pero funcionan, que no me digan lo que necesito, porque de verdad, no necesito mas... cada vez necesito menos.
Bo, uns cantos bicos se necesito, eses nunca sobran, ja ja
(no me salió todo en gallego... ains..por eso mezclé)
O problema non está en disfrutar das comodidades, senón en saber que non por ter máis imos ser máis felices. A ledicia radica en disfrutar das pequenas cousas.
E, por certo, non penso que a situación sexa tan crítica. Non máis crítica que hai dous, tres, catro anos... A mocidade hai moito tempo que sofre o que algúns todavía acaban de detectar. O crecemento da inflación sobor dos produtos básicos non é cousa dun día; pero os salarios seguen sendo os mesmos de hai vinte anos. Só foron subindo cos tempos os dos que tiñan salario hai vinte anos.
Eu aplaudo esa facilidade e mestría que tes para construír metáforas que explican os problemas actuais desde a perspectiva dunha foto de ambiente rural. Excelente reflexión, que reincide na reflexión da sinxeleza e da ecuanimidade.
Unha aperta.
Fermosa reflexión, dende logo. A miña parella e mais eu, sen embargo, que non temos nada mais en propiedade que un anaco de terra onde viven os nosos canciños, e un coche, vivimos baixo esa doctrina: considerámonos afortunados por ter que comer e onde durmir....E somos ben felices...
pois se alguém lhe fizesse chegar esta reflexom a solbes...
beijos
En todo este lío nos mete la ambición de unos cuantos que pretenden controlar el mundo.
Cuánto mejor sería vivir con esa sencillez que cuentas, disfrutar de las pequeñas cosas y no pretender tener cada vez más artilugios, la mayoría de las veces innecesarios, seguro que seríamos más felices.
Moitos bicos.
Confeso que escribo isto dende o meu portatil e cunha liña adsl que pago relixiosamente e empezo a sentirme culpable... maldito capitalismo!!!
Eres un xenio meu!!!!!!!. E logo ti non podias ser o proximo ministro de economia oh???
Me encantó la foto de la bolsa en hora punta :D
La crisis afecta, como siempre, a los más pobres. ¿Los ricos? Tienen menos beneficios que antes y se llevan las manos a la cabeza augurando lo peor ... En fin,lo has explicado muy clarito.
Bico macro :p
Ai, xa tou imaxinando ás Koplowitz e á Preysler mercando os modelitos nos todo a un euro...
Recordástesme a polémica que tiñamos antonte na merenda con amigos e familia... jajaja, sobre glamour e elegancia e diñeiro e simplicidade. No simple está a elegancia, que non ten que ser cara. ¿¿Para ter clase fai falla cartos ou non??
Houbo unha gran división de opinións.
A felicidade non está no diñeiro, pero algúns ben que lle suman a coletilla esa de: "pero axuda moito".
Claro que non nos fai falla nin a cuarta parte do que temos... pero...
Non iría mal plantar unha eira e facerse cunhas galiñas. O pozo xa o temos. E logo que veñan as vacas flacas, que xa lle daremos de comer.
Bicos.
O da "bolsa" en hora punta estivo moi logrado. De seguro que os carballos e castinheiros son os brokers que (nerviosos) dan as ordes.
Un bem bonito ejemplar de horreo galego.
Carlosm
Boas observacións. Pero en Wall Street non hai pozos nin cabazos, e non saben como actuar. Saludos
Cando se fan castelos no aire non se pode agardar que duren moito.
Estaba cantado que se desmoronaría todo en algún momento.
Se te fixas, a simplicidade que propón a túa foto, ten bases moito máis firmes :-)
Gustoume moito eso de:"Sin beber máis auga da que se da tragado e sin meter máis millo do que cabe no hórreo", así de simple debería ser, si.
Chuchiños :-)
Unha boa reflexión, e como di paidelea a ambición dos grandes acaba cos pequenos.
Deixoche unha invitación no meu blog por si che apetece.
Bicos.
Vaya sorpresa bien grata que me lleve cuando vi esta foto aqui.
Mi padre es oriundo de San Martiño de Villapoupre, y aunque llevo muchos años sin volver allá, ese hórreo y esa "aira" la tengo grabada en mi mente para siempre.
Gracias por alegrarnos el día a todos (corrí a avisar a mi papá para que la viese y me pregunta quien será la persona que tiene tanta sensibilidad y que se esconde tras este seudónimo de Chousa da Alcandra. Sería un placer conocerte. Hay alguna forma de poder contactarte?)
Si, anónimo. No blog hai un enderezo electrónico.
Me gustó esta entrada.
que casualidade, hoxe a tertulia de despois de comer (polbo á feira, e viño tinto) foiche do tema este.
claro que houbo quen lembrou tantos traballiños, necesidade, e ata miseria
xa dixen moitas veces que se me rispan do cerebro os razonamentos que teñen que ver ca economía, a micro e a macro; pero últimamente penso ás veces nas galiñas, no porquiño, nos tomates da horta que podería ter naquela eiriña medio esquecida que espera por mín alá no trasdeza...
(non sei que cousa estrana me pasou que cando a foto ocupou a pantalla completa do monitor, entraronme ganas de estomballarme na erba esa de aí da beira do horreo, e quedoume así coma unha morriña de nonseiqué de nonsesabeonde)
Publicar un comentario