xoves, 23 de outubro de 2008

Equilibrio

Medramos na chousa global, acotados polos valados das fronteiras e periódicamente trocamos os froitos das nosas entrañas a cambio da moeda de esterco que nos volve fertilizar e de cuxa necesidade somos únicos autores.
E en cada ciclo estacional repítese a mesma sinfonía sin necesidade de mudar de pentagrama nin de batutas que a dirixan nin oidos que a escoiten.
Ata que un día, feridos pola macheta do estrés e asfixiados polo adival das premuras, ficamos tronzados enriba do noso propio pe .

Foto: Equilibrio inerte

25 comentarios:

Antón de Muros dixo...

Coma sempre: cando hai tensións, a cadea rompese polo elo máis feble...

Unha aperta.

Antón.

Paz Zeltia dixo...

acertada a reflexión, como sempre, pero esta vez gustoume especialmente, non sei se por o tema en particular, ou por a maneira de escribir en particular. Serán as duas cousas un pouco.
Ese último párrafo con palabras coma macheta e adival,
cortar e atar.
tronzados.
ostris.

BK dixo...

Eu tamén son ben equilibradiña. Xa ves, entre o post anterior e este, vas ter unha boa descripición mina, :P

Raposo dixo...

Pois hai que resistir, compañeiro. A macheta e o adival sempre estarán aí. Pero nos temos amigos, orgullo, desexo, mala hostia, un peito de pedra para repeler a macheta e unha navalla no bolso para cortar o adival.
E con esto pódese resistir.

paideleo dixo...

...estes carballos teñen un corazón de poeta...

CriS dixo...

Coincido con el coment de Zeltia. No se si es tu forma de escribirlo o el tema en sí.
Soy libra, balanza en busca de equilibrio... a veces lo consigo, muchas diría yo, pero a veces me pero a veces me inclino peligrosamente... De todas formas creo que las personas somos como los árboles en ese sentido también, ante un fuerte viento, unos nos mecemos y arqueamos el tronco como bailando con ese viento. Otros nos quebramos por la base y nos tronchamos. Por nosotros mismos o con ayuda de algún hachazo... bueno, que me enrollo...

Bicos bien mecidos (y merecidos)

HADEX dixo...

O pobre carballo intenta manter a súa dignidade ata o último momento....

chimeneaverde dixo...

¡Que no llegue ese día!

Markesa Merteuil dixo...

Ai, que certo. Levada polas presas case me esquenzo de que é época de setas... háseme pasar a data propicia.

Cuspedepita dixo...

Coma Cris, eu tamén son balanza en busca de equilibrio, pero cada ano que pasa procuro con máis forza que os ventos de fóra me afecten e poñan en perigo ese pouco equilibrio ao que puiden chegar.
Agardo que ao final, coma o carballo, fará falta unha boa macheta para tronzarme, ou un forte adival para dobregarme ;-9

Cuspedepita dixo...

Por suposto quixen dicir "que os ventos de fóra NON me afecten"
Este teclado está famento! :-)

Chuchiños

LM dixo...

pois de cair que seja com barulho...
beijos

irene dixo...

Todo es cíclico, y que siga girando, pero sin estrés ni premuras que nos ahoguen, para que podamos seguir en pie.
Moitos bicos, Chousa.

Anónimo dixo...

Pero sempre nos quedará a semente que deixamos, non si?

Pilar Cita dixo...

Que ben explicaches a realidade máis crúa con palabras poéticas.

Un bico sen tensión :)

Anónimo dixo...

Pobre carballo da foto. Ese si que lle deu un estres importante. Nuns días estará ardendo nunha chimenea, quentándoche os teus pes ou os de outro coma ti.
E si que puxeches un post moi chulinho he. Eso da macheta do estrés quedou moito bonito.

pitima dixo...

Equilibrio inestable...
Qué ben estabamos sen adivales nin machetas!!
Aisss..
Eu che estou ultimamente como ese carballo... ou así me sinto..
Bico amodiño, que se non me desequilibro..
(E digo eu, para ser un da aldea escrebes con moito senso e sensibilidade... paréceme a mín que contas as cousas moi ben, ás veces ata teño que ler varias veces para non me perder nadiña).
Eres dos meus favoritos, que o sepas.

Tuxka dixo...

Hola!!! Vi tu comentario sobre mi pueblo (Louro-Muros) en el blog de Veca y vine a cotillear por aquí, jejejeje.
Me encantan las fotos!!!! Y lo que escribes. Me pasaré más veces.

Un saludo!

Antón de Muros dixo...

Se mo permites, Chousa, creo que tuxka pensa que o comentario que deixei no blog de Veca sobre Muros (lugar dos meus) o fixeches ti...

Unha aperta.

Antón.

Antón de Muros dixo...

Jajajaja!

Quen está errado son eu!!!!

Pois esquece o comentario anterior.

Non lin o teu na entrada que Veca fixo de Muros.

É a idade... ;-)

Por certo: se che gusta Muros é porque es moi intelixente ;-)

Unha aperta.


Antón.

A lareira de Santiso dixo...

Non te deixes tumbar, chousiña.
Unha aperta

busto.agolada dixo...

Todos somos ou fomos feridos por diferentes machetas e vivimos coutados por adivais diversos. A resistencia flexible será a que nos permita sobrevivir.
Unha aperta.

Anónimo dixo...

oi ho, e ló esa PITIMA que dixo cos da aldeia somos pouco mais que ferros de arado de onde ven sendo????

aldean

Suso Lista dixo...

Comparto con todos, oben explicado que está. Saludos

Chousa da Alcandra dixo...

Cheee, non me toquedes á Pitima que, ainda que de asfalto, é das nosas!!