sábado, 18 de outubro de 2008

Canchapernas

Que se negro, que se branco. De dereitas ou de esquerda. Grande ou pequeno. Gordo ou fraco. Lonxano ou de perto. Áxil ou torpe. Bo ou malo. Manso ou bravo. Seco ou mollado. Que se doce, que se amargo. Que se vivo, que se morto. Que se esto, que se aquelo...
Pois tamén pode ser nin sí nin non, senón todo o contrario. Nin subindo nin baixando, nin de a pe nin dacabalo.
A canchapernas entre os dous lados e facendo forza no pe que mellor conveña en cada intre ou asentado nos dous por igual. Todo elo sen perder a verticalidade nin a compostura: galego; por riba de todo.

Foto: A canchapernas do Ulla no seu berce

26 comentarios:

Markesa Merteuil dixo...

Estaba eu pensando naquel anuncio de Gadis... :)

Chousa da Alcandra dixo...

Carallo, Marquesa!!!. Non sei se me pillarías escarranchando as pernas!!!

Antón de Muros dixo...

A verticalidade ante todo...

Unha aperta.

Antón (outro galego)

HADEX dixo...

Sen embargo, galego ante todo. É nas cousas importantes onde te inclinas realmente.....

irene dixo...

También existen los grises.
Y me parece estupendo, por encima de todo, gallego. A mí me hubiese gustado nacer por esas tierras, y no es que reniegue de las mías, pero...
No te enfades, pero se dice de vosotros que:
- Los gallegos no se sabe si van o si vienen.
- Contestan con otra pregunta.
Me encanta, es lo que se llama jugar al despiste y preservar la intimidad.
A nosotros nos dicen, chulos, no sé por qué.
Moitos bicos, Chousa.

BK dixo...

Negro, de esquerdas, pequena, fraca, perto, torpe, boa, mansiña, ?, doce, viva, isto.........e galega! (faltaría máis) :P

Pilar Cita dixo...

Huy, ¡nos has sacado de dudas! Ahora ya sabemos que ... tus pies no son pequeños :p

Bicos en vertical!!

busto.agolada dixo...

E nacíalle un río baixo dos pés...
Aínda quedaba outra posibilidade, pero xa vexo que non quixeches mollarte: a inmersión.
Pequeniño vai o Ulla tan arriba, calquera diría que este é o mesmo que rega os pementos de Herbón!
Un saúdo.

caracol dixo...

al principio que vi la foto, me imaginé que el agua estaba a cientos de metros de distancia... para abajo.
Creo que sentí vértigo, hasta que me recordé que todo estaba en mi imaginación.
Galicia si que está muy lejos, aunque a veces no me parezca...

Paz Zeltia dixo...

pensas que é certo logo o dito de que dos galegos nunca se sabe se soben ou se baixan?
(pola terra onde nacín din "escarrachapernas" pero debe ser o mesmo.
--
i esto non ten que ver con este post, pero a rabia que me da, que levo un ano lendo todos os teus post e non me decatei ata agora que o título é sempre unha única palabra. calidades ou calidades, nomes etc. ¡que pouco observadora son!
No que sí reparei é nos títulos que lle pos as fotos, que moitos parecenme inexeniosos, ocorrentes, simpáticos, e sempre axeitados. Non é que os títulos dos post non me gusten eh, pero os das fotos teñen un aquél

vermella dixo...

nin xo que arre nin arre que xo!,un aire moi enigmático este teu,como diría miña nai "hai que ir indo"...
por certo xa que me "acusas" de plaxio xa estás recordando onde oiches a miña historia,inspireime nunha muller real o resto é conto.
bico.

LM dixo...

tem cuidadinho com o médio ;-)
beijos

CriS dixo...

Vaya...¿donde está mi coment en el que te decía que no entendía lo último? Lo de canchapernas...
ohhh pues ya no lo repito todo... qué le vamos a hacer...

Bicos verticales, de los que llegan muy alto.

Anónimo dixo...

Todo iso esta moi ben, sobre todo si é para non caer.

Anónimo dixo...

É dicir, temperando :-)

Fini Calviño dixo...

Uy como me ha encantado el post de hoy :-)

Unknown dixo...

pois eu quédome coa horizontalidade, jajajajaja

pitima dixo...

Chousiña! pero ho! ¿Non ves que podes caer?.. Para andar polas penas tes que ir mellor calzado, con botas de campo ou similar... Eses zapatos non che son para andar polo monte nin a vadear riachos...
Polo demais... ¡que me vas dicir a mín! ¡que sempre ando polo medio! ¡e nunca me mollo! jajajajaja.
Pero e solo sabia ignorancia. Non hai nada branco ou negro, sempre hai matices ¿verdade?
Encantoume o post!
Bico cantarín.. como a auga dese arroio.

pitima dixo...

Ás veces sí que me mollo... e hasta perdo a verticalidade...
Pero eso é outro conto... ¿a que sí?

Anónimo dixo...

Non te molles os pes; que xa sabes aquelo de que "dos 39 pa riba, non te molles a barriga". Eu tamén te vejo moi ghuapinho pero moi impropiamente calzado.

Saúdos dende debaixo da auga

Carlosm

A Conxurada dixo...

E que as cousas normalmente non son nin brancas nin negras...

un bico, tenro pero non moito, doce e un chisco amargo, non apaixoado pero con toda a paixón que teño....en fin, un bico.

Suso Lista dixo...

"Teño unha perna aquí, e outra no teu tellado: Mira se che quero nena, que estou todo escarranchado".

Cuspedepita dixo...

Non che sei, pero que difícil me parece gardar ese equilibrio !
No fondo sempre se pisa máis forte dun pé que do outro, ou acaba un esbarando e metendo un o pé no rego...¡no momento máis inoportuno!

Chuchos

paideleo dixo...

Unha foto memorable. Lémbrame unha foto miña en Greenwich onde puxen unha perna no oeste e outra no leste.
Dende logo o que non fagamos os galegos !...

Anónimo dixo...

Grazas da foto que de non ser por ela aínda había eu de estar pensando se era algunha forma de colocarse para xogar o basquet. Que cabeciña!

Chousa da Alcandra dixo...

VAKASTOLAS: E que unha cousa é estar a canchapernas e outra estar moi escarranchado. E xa din que unha imaxe vale máis ca cincocentas palabras (polo menos!).

PAIDELEO: Pois nesa foto pódese dicir que teño un pe no Concello de Antas e outro no de Monterroso. Somos así de grandes (os galegos).

CUSPEDEPITA: Boh, non me escaralles a posta en escea oh, que unha boa parte do público non sabe que é puro teatro. Claro que se mete o pe no rego, e máis veces das que se quere!!. Chuchiños de ida e volta.

SUSO LISTA: e sen telo tentado, mira ti que bonito pareado!. Eres un poeta consumado.

A CONXURADA: Así, coma quen quere e quen non quere, tamén me gustan os bicos!!.

CARLOSM: Déixate de bucear tanto no inverno, que quen vai acatarrarse acabarás por ser ti.

PITIMA: E que eu tamén perdín as miñas botas de ir polo monte. A saber se estarán escondidas coas tuas e terán unha niñada de zapatilliñas jajaja. E si, tes razón que ás veces da gusto perder a verticalidade e deixar de estar enxoito...Bicos estarricados!

AD ASTRA PER ASPERA: O dito, concordo plenamente. Ainda que neste tempo a horizontalidade no Ulla non sei eu se prodigaría un desenlace axeitado jajajaja

FINI: Un pracer que che guste o post. Sempre é un pracer terte pola Chousa.

VICTOR DA BARRELA: Deso se trata! De facer un bo equilibrio. E a ver cando saes do armario e lle pos nome a ese blog!!

CRIS: Ainda que supoño que agora xa vas contextualizando mellor a palabriña, direiche que a traducción literal de "a canchapernas" sería "a horcajadas", o "unha perna a cada lado de algo". Biquiños semirculares para ti.

LM: Jajaja, sempre teño moito tino co medio ;-))

VERMELLA: Xusto! sempre compre ir indo. Amodiño e disfrutando da paisaxe sempre que se poida.
E sigo tentando lembrar o da tua historia. Xamáis pensei no plaxio pola tua parte, so podía ser que eu soupese da fonte onde ti bebeches para escribila...Bico

ZELTIA: Así e todo eres observadora abondo. O tempo que che levou decatarte dos títulos dos meus post tampouco é tanto. Decía a canción que vinte anos non son nada...pois 1/20 parte nadiña é.

CARACOL: Resultaría complicado poñerse a canchapernas do océano, cun pe en México e outro en Galiza. Claro que mentalmente Galiza e América Latina sempre estiveron (e estan) o suficientemente perto como para lograr tal prodixio!

SENSAI: Tampouco te fies; a perspectiva engaña muoito jajaja. Claro que eu estou moi orgulloso do seu tamaño, xa que levan uns aniños sustentándome moi ben, incluso cando dou algún que outro brinco...

VECA: A definición que colles, case vale para min tamén. So que eu son máis ben paliduchiño (ti eres negriña????).

IRENE: Algo hai de certo en todo estereotipo, e seguramente os galegos temos algún deses matices, si. E tamén me recoñezo moi dado e proclive a xogar ao despiste. Resúltame moi atractivo, si.

HADEX: E tanto que si. No realmente importante, como se hai que poñerse de xeonllos no medio do rego! (por fría que esteña a auga jajaja)

ANTÓN DE MUROS: Boeno, xa ves que por aquí apelan tamén á horizontalidade para certos menesteres. Eso sí, ainda en horizonta...galegos!!!

MARQUESA MERTEUIL: Un anuncio (o de Gadis) que marcou un estilo, si señor. Xa che comentei que case me pillas estarricando o mantel do blog cando escribín ese post.

---
Unha vez máis déixovos aquí a testemuña da miña ledicia por ler cada unha das vosas palabras neste pequeno recuncho. Graciñas