luns, 1 de setembro de 2008

Intensidade

En ocasións sufrimos deslumbramentos frontais de tal magnitude, que nos deixan cos ollos lostregando por un anaco, sin que o nervio óptico sexa capaz de enviar sinais coherentes ó cerebro.
Unha morea de sempre renovadas e algunas veces case descoñecidas sensacións bolborotea por algures, resultando imposible precisar a ubicación.
Coa intensidade in crescendo, inúndanos un entusiasmado afán de embelesamento, atracción e desexo de seguir mirando para os pétalos abertos e deslumbrantes.
Ainda sin esquecer que ten raices, pode ser sublime a contemplación da flor.
E mentras me asbstraio nese estado, case ascético-místico, da contemplación pregúntome; qué pensará a flor?

Foto: Flor de agosto en Antas de Ulla

28 comentarios:

CriS dixo...

Ja ja ja perdona pero lo primero que se me ha venido a la cabeza, es que la flor ha pensado:
"otro que se ha quedado bobo mirándome... este vestido rojo es matador!!!"

Preciosa la flor no, preciosísima!!!

besos al natural, como no pueden ser de otra forma, no?

HADEX dixo...

É fermosísima...non sei o que pode pensar...pero vístese para cautivar.

pitima dixo...

O noso é imposible, vivimos en mundos moi distintos, deixa de mirarme ou vanche caer os ollos meu...

Na seguinte vida poida que sexas algún vexetal.. jajajaja..
Se foras vexetal seríaaassss..... jajajaja.

Eu sería un toxo... seguro.. jajajaja, que tamén teñen unhas flores amarelo intenso moi bonitas ¿ou?.. E además fan sexo seguro, como quedou demostrado no teu anterior post.. jejeje.

Bico. E punto.

paideleo dixo...

A flor dirá:- Outro para o bote.

Un saúdo.

Paz Zeltia dixo...

como moitas veces que observamos embelesados/as a beleza, neste caso o poseedor dela, o pelargonium, fai o que acostuman facer as belezas: ignorarnos. estou case que por asegurar que a flor do xeranio non se ten por enterada da tua existencia. (pode resultar humillante, seino chousa, pero superaralo)

:D

Antón de Muros dixo...

Chousa:

Eu tamén son un ascético-místico (das flores) ;-)

Sabes? A flor é feliz (porque non pensa) ;-)

Unha aperta.

Antón.

Anónimo dixo...

E se cadra ti tamem tes deslumada a flor roxa. Preguntacheslhe?

Anónimo dixo...

É simplemente amor.

Anónimo dixo...

Eu, para levarlle a contra a vakastolas, penso decididamente que é sexo.

BK dixo...

A saber qué pensará....non me atrevo a dicir nada, que vaia vostede a saber.....

Cuspedepita dixo...

Estas cousas da atracción case sempre van en doble dirección, así que, anque só sexa por uns minutos ou segundos, seguro que a flor tamén te contempla extasiada e tamén se sente deslumbrada ;-) ¿ou non?

Biquiños

Pau dixo...

Un post do máis refinado. A flor depende de onde seña, si o do meu xardin seguro que pensa "que carallo mira este mono"

vermella dixo...

Un estado ascético-místico!!!!!
a pobre flor estará feita un lio,pobre flor......
bico.

Anónimo dixo...

Como ya dijeron por ahí arriba, está claro que la flor va "vestida para matar". Con lo cual es lógica tu catalepsia observadora. No te preocupes mucho por ella sigue adelante en la observación. Incluso si te apetece...huélela. Seguro que logras más motivos para seguir tan magnificamente anestesiado.
Estoy convencida de que a la flor le gustará que te acerques más a ella. Total, solo eres un ser humano!!!

La foto (las fotos en general) son muy buenas. Me pasaré más por esta chousa.

Milene

Anónimo dixo...

Dicen que no hablan las plantas, ni las fuentes, ni los pájaros,
ni el onda con sus rumores, ni con su brillo los astros:
lo dicen, pero no es cierto, pues siempre cuando yo paso
de mí murmuran y exclaman:
-Ahí va la loca, soñando...

Agora entendo porque cada día vai máis xente a chousa da alcandra e menos a noasa virxen do Corpiño :-)

Anónimo dixo...

....Llevame contigo, o quedate a mi lado.
Regalame el brillo de tus ojos, el silencio callado de tu aliento.
Dame la vida que te sobra. Mientras juntos jugamos con el viento, y soñamos que es invierno sobre los tejados del tiempo.....

Marinha de Allegue dixo...

A flor contemplate a ti e segue cautivándote...

Unha aperta.
:)

Anxeles Ramos Vázquez dixo...

Ainda sen esquecer que ten raíces... É máis fermosa porque as ten.
É un regalo que compartas a túa mirada intensa e fermosa.
Un bico.

Patricia Gold dixo...

Hermoso post...

Me recuerda a los seres humanos..a veces encontré hombres así.
que desean que los miremos y admiremos.

Pero me quedo con la flor....:)

gracias por visitarme, fue un placer conocer tu blog..

besos de lejos pero no por eso sin calidez

Patry

busto.agolada dixo...

Amigo Chousa, xa notaches que ando un pouco descarriado nos últimnos tempos, sen poder deixarvos os comentarios que adoitaba.
Volvo aquí para marabillarme na fermosura engaiolante dos pétalos abertos e deslumbrantes.
Boa escolla e rechamante cor.
Unha aperta.

Fini Calviño dixo...

Pues si, la pregunta del millón ¿qué pensará? saludos

Unknown dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
LM dixo...

ai...pois eu vou discordar... é a única flor que me produz uma alergia terrível... beijos

milonga dixo...

as flores son coquetas, tipo bella otero, que se sabía indudablemente fermosa... elas sonche así, e nos simples observadores, que máis poderíamos facer?

Elvira Carvalho dixo...

Bom fim de semana.
Um abraço

Chousa da Alcandra dixo...

Graciñas pola axuda.
A pesares do aire do nordés, eu sego absorto na contemplación dos seus pétalos e do garbo do seu tallo.

Anónimo dixo...
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Anónimo dixo...

donde el libre xrumer 7.0.10 ?
Enviar por favor me URL!