xoves, 6 de decembro de 2007

Calma

Adoito amosar flores. Son as miñas favoritas; pero tamén son conscente de que as árbores resultan ser a expresión máis poderosa da natureza. Hoxe, as carballeiras espidas cederon o seu traxe ó chan que se cubre co lenzo vexetal que adornou as copas, e non por elo perde a sua forza.
Comparar esta imaxe con algunha rúa de calquera cidade en hora punta ou co noso lugar de traballo "moderno", resulta polo menos sarcástico. Estas suscitan premuras, estrés; aquela invita ó sosego e a calma.

(Foto: Paseando polo Campo das Antas )

21 comentarios:

busto.agolada dixo...

Gustoume moito a foto e hoxe disfrutei moito coa natureza da túa terra. Baixei desde A Somoza, por Nugallás ata Antas e de aí pola estrada 640 ata Agolada. Na bici vese a realidade tal cal é. Sempre me pareceron fermosisímas as vosas paisaxes.
Preguntei por ti na librería. NMon me souberon dicir. Un día quedamos no Bar Farelo para coñecernos.
Saúdos.

Druid dixo...

Onte fixemos por ir de paseo por os alrededores, esa vida rápida que comparas ca tua foto, non nos deixa facelo todo o que queremos, asi que o final, nos peredemos o mundo, hasta aquel que temos a un paso da cancela da nosa casa.
Aperta dende o bosque (onte, por fin, paseei por el).

pitima dixo...

Home, a natureza ponnos no noso sitio, admirandoa e rendíndolle pleitesía, pero tamén ten a súa gracia percorrer as rúas dunha cidade vella,ou pola rúa Príncipe de Vigo, ou pola rúa Real de Coruña, ou Santiago... ver xente.
Encántame a tú fidelidade Chousa. Gracias por lembrarte sempre de dicir algo no meu blog. Sempre é un pracer pasarme por aquí a ver a nova fiestra e as túas reflexións.
Bicos.

Mararía dixo...

É un lugar moi fermoso.

BK dixo...

Pois si que invita ao relax, espero ter un pouco deso estes días. Me irei por Pobra de Trives, Manzaneda.....e espero que haxa paisaxes tan bonitos como este.

Anónimo dixo...

Holaa!! Soy Soledad del blog "Bajo la Luz del Sol" que visitaste ayer, gracias por la firmita y por tu aportación, siempre son bienvenidas. No te puedo decir apenas nada de este post porque yo de gallego estoy "frita" jajaja, así que como veo que es todo muy vegetal aquí te dire que plantas son las que me gustan: La Dama de noche por su olor, el bambú por su sencillez y verticalidad, la rosa amarilla porque es mi flor preferida y en general todas las plantas herbáceas sin flores... No sé porque pero me gustan más. Te dejo el link de mi fotoblog que allí hay algunas imagenes de plantas ;)

Bicos!!

Chousa da Alcandra dixo...

Busto: Non estraña nada que che gusten as vistas de Antas... ;). Graciñas por comentalo.

Así e todo chámae ben a atención como raio preguntarías por min na librería. Poucos coñecen ó autor da Chousa da Alcandra...Xa nos contarás.

E si, será un pracer quedar contigo para conocernos.

Saúdos.

Chousa da Alcandra dixo...

Co conto de imaxinarme a Busto preguntando por "un tio que escribe un blog" nunha librería de Antas, esquecinme de mandarvos un saúdo para o Druid (entre a a Chousa e mailo Bosque hai conexión); a Pitima (tes razón, que hai paseos por ruas que tamén dan gustiño), a Silvana (anímate a visitar o Centro Xeográfico de Galicia), a Veca (espero que o pases ben por terras ourensáns e a India25 (soy un caminante nato; tanto real como virtual. Eso me llevó a tu blog y si algo en él escribí, es que captó mi atención).

Saúdos a tod@s dende Antas

Paz Zeltia dixo...

primeiro ibache falar do ssentimento de nostalxia que me entrou o ver a fotografía, pero ó abrir a fiestra dos comentarios e tropezarme coa tua resposta a busto da golada, deume a risa, alta, sonora e espantou a nostalxiña recén nacida. Asi que voume pintar o ollo e vou cenar, que os postres do Recanto esperan por miiiiiinnn!!
Bicos!!

Son Unha Xoaniña dixo...

Tes razón non se pode comparar, pero @s que vivimos en pobos pequenos e estamos acostumad@s á vexetación, tamén gustamos desas rúas cheas de xente que hai nas cidades
Un saudiño.

Pau dixo...

Gustoume a foto de hoxe, e alegrame que che guste observar a natureza, paisaxes, cores e humedades. Visions e sentimentos que so a natureza che pode dar. Sensacións que non se poden ver nin en museos nin en cines

Elvira Carvalho dixo...

Gostei muito da foto. Parece um lugar onde se respira tranquilidade.
Um abraço e bom fim de semana



Conhece a história da Flávia? Não?
http://flaviavivendoemcoma.blogspot.com/
Blogagem colectiva a 17/12
Agradeço a solidariedade.
Um abraço e bom fim de semana

Mararía dixo...

Chousa, Chousa, pero home, non podes fumar tanto, ¡cajetillas!, se ves que te aburren, o que tes que facer é cambiar ós puros. Jjajaj.

Vexo que dache a risa cada vez que te acordas do banco. Pero, a ver, si ti foras o director, non quererías a alguén como min, traballando contigo por alí.

(Un día terei que visitar o Centro Xeográfico, graciñas pola suxerencia, polo momento seguirei visitando o teu blog para ver estes lugares tan maravillosos).

Emílio Augusto dixo...

Olá, gosto bastante deste blog, apesar de o ter encontrado por azar. Primeiro cativou-me a fotografia do carvalho, depois entrei, e pelo facto de estar escrito em galego cativou-me ainda mais. Gosto bastante das tuas reflexões e também da oportunidade de apreciar a leitura do galego por pessoas que o falam, porque os dos jornais é um pouco diferente, mais castelhanizado.
Sempre que posso passo por cá para dar uma vista de olhos pela natureza.
Muitos parabéns por este magnífico blog!

Abraços.

tumejoramig@ dixo...

Véño a darte as grazas por atopar o meu blog e pasar un tempo nel. Non son galego parlante, asi que se ves erros no meu comentario, agradézoche que me corrixas. Encántanme as tuas fotos, e máis ainda o que escribes nos post.
Onde vivo hai unha carballeira fermosa, que certamente, en toda época do ano, pero máis agora, invita a calma e ó sosego. Voume acordar de ti cada vez que a vexa. Vou vir con asiduidade, se me deixas, dende logo!... Bicos.

Desesperada dixo...

hola chousa. graciñas por visitar o meu blog e comentar no tema da depuradora. tes un blog con moito encanto, cheo de imaxes luminosas. un bico dende Vigo.

marisa dixo...

Me gusta mucho el bosque sin flores porque dan a los árboles la importancia que a veces no les damos y nos hace mirar hacia arriba más que al suelo

Chousa da Alcandra dixo...

Agradezo as vosas visitas e comentarios.
Zeltia: Se logramos que te riras, Busto e máis eu ímonos autonomear os paiasos do circo blogueiro.
Rifo I de Z.: Compartimos o privilexio. Antas de Ulla é unha vila pequena (en territorio e poboación, pero grande en tesouros).
Pau: Tés razón. A interactividade deste medio permite que poidades ver unha folla seca recén caida dun carballo de Antas.
Elvira: Creeme que sí se respira tranquilidade. Eu diría máis: é a definición da propia tranquilidade. Coñezo da historia da Flávia e aportarei a miña solidariedade.Graciñas en todo caso por compartila comigo.
Silvana: Se eu fose o director, iría buscarte e someteríame eu ao teu cuestionario (se cadra non che valía eu a ti).
Emilio Augusto: É meu o pracer polas tuas visitas e as verbas tan agradábeis que adicas ó meu blog.Considérao a tua casa do norte. Unha verdadeira honra. Graciñas.
tumejoramig@: Gustoume visitar o teu blog, pero o que me fixo entrar -como adivinarás- foi a imaxe que tes por avatar. Quédate pola Chousa; será un pracer.
Desesperada: Non é a primeira vez que nos visitamos. Convídote a que veñas na procura de algún -que non todo- acougo pola Chousa.
Marisa: Xa teño dito que son un adicto paseante, tanto virtual como real. Se parei no teu recuncho, foi debido a un estímulo que me agradou. Non deixes de voltar.

Ala, e agora xa está ben de dulzuras. A escribir tod@s nos vosos blgues, que teño ganas de aprender tamén!!!

Desesperada dixo...

vaia, desculpa pero non lembraba ter visitado antes o teu blog. lembrara algún comentario teu, pero, en calquer caso, é un pracer visitarte, xa que este lugar é, como ben dis, un acougo. bicos.

Paz Zeltia dixo...

hoxe, visitando casualmente este campo de antas, descubro que xa o vira no 2007,
e agora, ó velo cos ollos do 2010,
reparo nel doutra maneira,

non ten a foto un aire así, como atemporal?,
como se o sitio estivera pendurando no tempo?
mesmo semella que nun sitio así ninguén poida enfermar, nin sufrir.

supoño que tí,
ó ser de antas, e velo nas distintas estacións do ano,
e nas distintas estacións da túa vida,
serache dificil apreciar ese aire que lle atopo eu...

é certamente unha foto marabillosa,
-paréceme que ten algún arreglo-, (un ton así medio sepia, e coma un granulado)poida que esa impresión se saque do arreglo que lle metiches, (se é que o fixeches).

tamén me lembro daquela cea á que ía, no "Recanto" porque era un tanto atípica: convidaba unha amiga que celebraba a súa separación!,(pero pronto tivemos outra cea de reconciliación)

un bico dende o futuro, cara ó pasado, flotando campo de antas!

Chousa da Alcandra dixo...

Moi hábil, Zeltia. Efectivamente hai outro post con esta mesma foto, pero noutro espazo estacional.