sábado, 22 de decembro de 2007

Abundancia

Resúltame un chisco paradóxico o feito de asimilar un corno coa fortuna ou coa abundancia -en sentido positivo-. Máis ben antóxaseme relativo á forza ou á defensa, por non entrar en outro tipo de consideracións "decorativas" que ninguén desexa...
Cando as pitas de miña nai "perdían" o ovo (que non era outra cousa que non poñían no niño), seguíamolas para atoparlles a rulada de ovos; así que de casualidades pouco había.
A fortuna tampouco entende de necesidades e arrímase coa audacia, de modo que o azar nada tería que ver con ela; de xeito e maneira que teremos que seguir pensando que o mellor é ter saúde (e mirar as pedreas).
Así e todo este ano seica arrimou algún premio da Lotaría no país, polo que felicito aos agraciados ó tempo que me derreto coa envexa de non terme tocado a min a rulada de euros!.

Foto: Detalle do "Nacemento" instalado na Praza do Concello de Antas de Ulla

22 comentarios:

Anónimo dixo...

A min tpc me tocou nada.
Bonito blog

Anónimo dixo...

Dar con tu pagina fue un lindo placer.Mis padres son naturales de antas de Ulla y me alegro mucho encontrar tu site.Al mismo tiempo encontramos el site del ayuntamiento de Antas.Desde ya gracias desde Mexico DF

Druid dixo...

Todos os anos compro un par de participacións de loteria na entidade bancaria onde teño os poucos cartos que resiste os pasos dos recibos, hipotecas, e demais.
Todos os anos MENOS ESTE, que caiu o quinto premio de cheo ali.
O árbol caido xa se sabe.... jejeje....

paideleo dixo...

Outro ano será.

Boas festas.

Ángeles Mallo dixo...

A min tampouco me tocou, pero o que máis rabia me da e que tocou na administración na que eu boto a quiniela, e enriba ofreceuma. Bicos

Unknown dixo...

Je, eu xa teño este ano a miña propia "Lotería". Xa só pido saúde e cousas desas que todo o mundo pide cando non ten cartos saíndolle polas orellas (o 90% da poboación, vamos...).

Cóidate moito e graciñas polos consellos (o das vogais é MOI importante...).

Unha aperta.

BK dixo...

A min me tocaron 20 euros dunha participacion dunha ONG, agora está por ver se os cobramos ou os deixamos para a dita ONG...

busto.agolada dixo...

Pois nada, Chousa, vexo que somos lexión os que non picamos nin da pedrea. Aquí non se consola o que non quere.
Por certo, é certamente orixinal a maneira de cubrir o Nacemento de Antas. ¿É ese o portal, ou aínda hai outro máis pequeno dentro?
Saúdos e boas festas. A ver se nestas vacacións damos feito por nos ver.

Anónimo dixo...

Pois quedouvos moi bonito o nacimiento de Antas.

Felicidades a todos

vermella dixo...

Eu so vivo de devolucións,que si a de facenda ,que si os reintegros,pero penso cobralos todiños.......
Gústame o das pitas e os ovos,que os poñen as veces onde lles peta.
Bicos e felicidades.

pitima dixo...

Buscar tesoros.. ¿dónde estarán mis botas?... ¿Y cuando aparecen en el abrigo viejo aquel billete olvidado en el bolsillo?? jajaja. O importante é a saúde..claro que sí.. jejeje.
Hay que saber contentarse y ser feliz con poco, que en nuestro caso, al menos en el mío.. es muchísimo.
Además.. los ricos también lloran.
Bicos e felicidades tamén... por ser como es.

Mararía dixo...

Pues a mi este año me tocó el amor y sin echar papeleta. Jjajaja.

Anónimo dixo...

O dos cornos sempre oín que se poñían nas cortes do gando para espantar os feitizos das bruxas para que este non medrase. Na miña casa a miña avoa as veces aínda o facía, pero nunca oín o da sorte...

Ese si que é un Belén! xD

Anónimo dixo...

Supoño que o autor estase referindo ao CORNO DA FORTUNA. Pero polo norte da provincia de Lugo tamen se empregaban para desfacer feitizos e meigallos como di xurxocimadevila
Felicitacions polo blogue ao autor e Bo Nadal para todos

Son Unha Xoaniña dixo...

Xa vexo que o da lotería nada, "mal de moitos consolo de tolos" a min este ano nin sequera un reintegro, nadiña, inda que tamén é certo que foi o ano que menos lotería merquei, asíque non me importa moito,
Ademáis que millor lotería que a saúde, o amor, etc...
Non se conforma quen non quere.
Unha aperta

Pau dixo...

Nin un miserable euro. Pero ben seguro que para o ano toca

Mararía dixo...

Felices festas!!!

Emílio Augusto dixo...

Para o ano há mais, o importante é ainda estarmos cá para participar na festa!

Bom Natal para todos e EXCELENTE 2008!

Suso Lista dixo...

Xa é lotería abonda, seguir alentando. Feliciano

teresa g. dixo...

Belo, o teu blog, e muito interessante conhecer a natureza da Galicia.
Espero que me compreendas, mas não seria capaz de escrever em galego ou em castellano, seria apenas um rol de asneiras.

Obrigada pela tua visita no cores da terra

Elvira Carvalho dixo...

Espero que tenha tido um óptimo Natal, e que 2008 seja o ano da sua realização pessoal e da concretização dos seus desejos.
Um abraço.

vermella dixo...

Como por ahi leín a súa felicitación agora mandolle eu esta:
Feliz 2008 e que se cumpran todos os teus desexos.
bico.