sábado, 22 de xuño de 2019

Marco

Se despois da mensaxe clara da cidadanía nas pasadas eleccións xerais, os políticos de esquerda non son capaces de se poñer de acordo para conformar a maioría que resultou gañadora nas urnas, demostrarían a súa ineptitude dunha forma tan evidente como triste.
E non vale que lle choren á dereita unha mísera abstención na investidura (investibranda), nin tampouco que amaguen con repetir as eleccións, que a xente de a pé xa dixemos o que tiñamos que dicir, e se non nos escoitaron dunha vez quen carallo nos garantiza que nos vaian escoitar na seguinte...
Iso si, teñan ben claro as esquerdas duras, as medianas e mailas brandiñas que se as tres dereitiñas estiveran onde hoxe están eles, nindiós lles movía os marcos!

Foto: O marco do Marco
(Cun pé en Agolada e outro en Antas)

4 comentarios:

Alís dixo...


Como cidadáns levamos anos dicindo que hai que entenderse. Escoitar penso que escoitaron, e seguramente non teñen nin idea de cómo se fai iso. Tampouco é de extrañar, porque os que lles pedimos que se entendan tampouco damos moito exemplo de cómo se fai.
Esperemos, sí, que aprendan dunha boa vez, porque isto xa parece un circo. E, sobre todo, para que no chegue a pasar iso que dis ó final (vade retro).

Bicosss

Anónimo dixo...

Levo días pensando esto mismo. Sempre pasa esto coas esquerdas. Ben ves como nos vai en Galicia.
A esquerda logo se enfada e a dereita logo se xunta.

Raposo dixo...

Ós políticos de esquerda cóstalles un mundo porse de acordo, así que eu neste aspecto son pesimista. Mira o que pasa aquí en Galiza coa Marea, que de tantas voltas, tanta división interna, rematou totalmente mareada.
E así nos vai, e non escarmentan, eh!!

Ginebra dixo...

Históricamente la izquierda siempre ha estado dividida porque es una corriente crítica y autocrítica, entre otros motivos, cosa que la derecha no es. Esta es un bloque y no cede ni un cm siendo capaz de pactar con la ultraderecha y quedarse tan pancha... Yo, perdona que difiera, no veo en absoluto que en centro izquierda ni la izquierda de este país pueda o deba llegar a algún acuerdo con el bloque o la tríada de derechas. No tienen nada en común, por lo tanto creo que estos partidos deberían abstenerse y facilitar un gobierno de izquierdas que, en realidad, es lo que la mayoría de los ciudadanos han votado. Pero la derecha esto no lo va a hacer porque ansia el poder y es incapaz de asumir que no lo tiene y para ellos es mejor desestabilizar y no trabajar por solucionar problemas o escuchar a los ciudadanos. Luego dicen lo contrario y la gente (sus votantes) van y se lo creen...
Besos