domingo, 25 de decembro de 2016

Trío

Amor tamén existe entre as moleculiñas de hidróxeno, que fan tríos de humidades viaxeiras coas de osíxeno. 
Contonéanse entrelazadas polo val, xogando a ser río; remansando para darse caricias polo calado en rectilíneo desprazamento. Profusión de abrazos, cada vez máis íntimos, na cercanía de meandros;  para rematar coméndose a bicos interminables aínda ben non chegan á tosta co desexo encorado.
Métense man descaradamente ao abrigo do muiño, delatadas en xemidos que agroman pola buxa.  Sabéndose descubertas corren entre as pedras con présas imposibles, para precipitarse en orgasmos brancos que as fai ferver na fervenza.

Foto:  Fervenza do Toxa. Amor fervido.

7 comentarios:

Kaplan dixo...

Hai amor mesmo onde menos se espera. Felicísimo Nadal, Chousa.

Pedras dixo...

Tamén hai amor entre a imaxe e o texto, un abrazo perfecto.
Bicos, a pesar da friaxe do día :-)

fonsilleda dixo...

Hoxe recordeite. Hoxe acordeime de ti e chego a tua casa para atopar a miña fervenza. E miña porque miña é esa paixase, eu son de esa terra que levo n0 sangue e na mirada. Sempre volvo aì e a miña xente.
Saudiños Chousa o do verbo fácil o da cachola con xuizo dabondo.
Fonsilleda ou Ana Fondevila.

Anónimo dixo...

Que fermoso (e excitante!) paseo nos agasallaches neste texto Chousa. Grazas mil

MK

paideleo dixo...

Fermosa imaxe de Nadal.

Boa entrada no 2017 !.

Zeltia dixo...

Le alegría de ver "a miña fervenza", tantos momentos pasados aí simplemente escoitando o ruído da auga. Parece outra, coas túas palabras, vestida de gala. Como debe ser para estas festas de remate de ano e comenzo do novo.

Que teñades unha boa festa de Anovello.

Apertas e bicos

Raposo dixo...

Sempre que estiven por aí disfrutei do entorno, do abrigo e da música desa fervenza.
En trío, en parella, ou mesmo en soedade (que tamén ten o seu encanto, que teñas en bo 2017, amigo.
Apertas navideñas.