luns, 2 de novembro de 2015

Dedución

Gustáballe moito a don Ramón poñernos exemplos no catecismo, para nos axudar a entender os complicados dogmas que pretendía sementar nas nosas cacholiñas, tan baleiras de malicia como de saber.
Contábanos que a fe era algo así como crer que dentro dunha lata de sardiñas había -precisamente- sardiñas; sen necesidade de abrila. 
Con don Ramón, sen el querelo, aprendemos a deducir. 
Por iso eu antonte souben deseguida que a moza da chaqueta verde, saia azul e cervexa rematada, observaba a un home cun acordeón; e non cun Kalashnikov. Porque os portadores de fusil nunca levan flores no cu.

Foto: Floreiro e músico.

8 comentarios:

Anónimo dixo...

Xa era hora de volver rir coas suas argalladas. Non nos deixe tanto tempo sin istes regalos señor Chousa

paideleo dixo...

E se quedase máis á dereita o vaso baleiro na foto, semellaría que o estaba enchendo de auga da fonte para facer un floreiro co el.
O da fe na lata de sardiñas con sardiñas é grande. O home ese confundía a lóxica coa fe.

mariajesusparadela dixo...

E eu que matinaba que levaba un neno no peito...estou afeita a ver os acordeóns abertos.
Es un artistas, Chousa.

Anónimo dixo...

Nin pallas tampouco, jajaja. Sr. Chousa, moito nos tarda!! Volva axiña.

Zeltia dixo...

O que se aprende de rapaces non esquece nunca. Gustoume o método que usaba o cura do catecismo.(Non sabía que tiñas un posto nos "pendellos", que vin unha muller cunha bolsa co teu logotipo)
;-)

Raposo dixo...

No cu non sei, pero no noso veciño Portugal, cando a revolución dos caraveis, as flores xuntáronse con fusís e fixeron unha boa maridaxe

mariola dixo...

Fixéchesme rir co final.
Á verdade que tes unha imaxinación poderosa para fiar as cousas.
Gústame o texto, o catecismo xa non tanto, eu tampouco entendía moito do que dicía o cura, os exemplos que nos daban sobre todo para os nenos non explicaban demasiado. Pero todo iso sirviu supoño para o noso crecemento.Ahora si, todo está ben gardadiño na memoria.
un bico chousa.

Esilleviana dixo...

Disfrutar de las pequeñas cosas grandes es pura deducción: sacar importantes conclusiones de un conocimiento previo e inmediato...
Don Ramón era un tipo sabio.

un abrazo