xoves, 1 de xaneiro de 2015

Ledicia

Moitas propostas de cambio se teñen feito para días coma hoxe. Deixar algúns vicios, mudar determinados comportamentos, iniciar novas tarefas...Unha boa parte desas iniciativas fican no grao de propósito; pero case todas serven para nos dar toquiños de atención sobre as eivas que adornan as perfeccións das que presumimos.
Malia todas esas intencións non consumadas, cada folla de almanaque arricanda engade trienios á nosa experiencia e aporta títulos á folla de servizo dunha andaina vital na que o único mérito de relevancia é non deixar pasar inadvertida a ledicia que nos quere acompañar.
Feliz 2015 a quen pola Chousa pase; e para quen non, dádelle o recado. Por favor.

Foto: Eu. Selfi coa axuda do sol.

12 comentarios:

Pitima Alvarez dixo...

Moita ledicia para ti tamén. Bicos :)

Raposo dixo...

Feliz 2015, Chousa!! E como dicían no anuncio ese da lotería "a ilusión que non falte".

peke dixo...

Doume por aludida. Excelente 2015!

Cuspedepita dixo...

Feliz ano !

Eu fixen unha chea de propósitos para 2015, agardo que algún, polo menos, sexa capa de levalo a cabo. Malo será...

Apertas

Anónimo dixo...

Feliz 2015, Sr.Chousa!!
Que a LEDICIA estea sempre con nós, que non pase desapercibida.
Bicos intencionados.

Uol Free dixo...

Sempre se cumpre algún, aínda que sexa humilde.(Ou non)

Feliz 2015 pra todos os chousianos!!
Bicos!

Pedras dixo...

Ledicias a moreas para o 2015!!
Que delicia de imaxe!
Bicos de xaneiro.

mariajesusparadela dixo...

Non se pode dicir de ti que viaxes lixeiro de equipaxe...polo de fora e polo de dentro.

paideleo dixo...

Pois farei o propósito de seguir posteando e visitando outros blogos para acumular experiencia nesta andaina vital.
Feliz resto de século !.

Anxos dixo...

Pasei pola chousa. Bicos:
Anxos

mariola dixo...

Mentres haxa ilusión...
Feliz 2015 tamén para ti Chousa. Espero que nos sigas deleitando cos teus textos e a túa fotografía un ano máis.
Quedou bonito o selfi, si.
un biquiño.

Carlosm dixo...

O meu propósito é melhorar algo en alguma coisa cada semana. Pelo menos.Saudos